Mostrando entradas con la etiqueta XIII MESA DAS VERBAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XIII MESA DAS VERBAS. Mostrar todas las entradas
lunes, 23 de abril de 2012
XIII MESA DAS VERBAS - PRESENTACIÓN LIBRO EV.CALO
O pasado venres 13, celebramos a XIII Mesa das Verbas, no Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, onde ademais o noso compañeiro, Eduardo Víctor Castro López, "Ev.Calo" presentou o seu libro autobiográfico: MUXICAS DUN AROUSÁN. O poeta e editor, Fernando Luis Pérez Poza, fixo de mestre de cerimonias nesta presentación facendo a semblanza do autor e comentando esta nova publicación do seu fondo editorial./
Participaron nesta edición:
- Ev.Calo
- Fernando Luis Pérez Poza
- Enrique Brumbéck
- José Tizado
- María Palacios
- Isabel Pintos
- Tito Porto
- José González
- Porto (neto de Porto Rei)
- Carmen Abalo
- Antonio Martínez Ferrer (poeta valencián)
- Antonio Quiñoy
- Ángeles Conde
- Antonio Pinedo
- Andrea Fernández, "Nei"
- Gonzalo Bouza-Brey
- José Luis Meléndez
- Xermán Torres
- Alfonso Saavedra.//
ERGO OS MEUS OLLOS CARA O ALTO /
Na honra de Ch. Chaplin polo seu O GRAN DICTADOR /
Contemplo as estrelas,/
eu que sempre mirei cara o alto./
O ceo está limpo, escintilán os astros,/
Venus brila con máxima claridade. /
Mira ao alto...,/
mira ao alto. /
O que vexo aquí abaixo non me gusta,/
voitres que devoran os despoxos/
dos homes humildes/
que tratan de vivir do seu traballo. /
Mira ao alto...,/
mira ao alto. /
Os amos do mundo/
devoran aos fillos dos deuses,/
podredumes e andacios/
afectan ao mundo. /
Mira ao alto...,/
mira ao alto. /
Na noite escura do mundo/
miro abraiado cara ao alto./
Distingo na Osa Menor/
o norte; debemos coller o norte. /
Mira ao alto...,/
mira ao alto.//
(XERMÁN TORRES)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)