viernes, 17 de mayo de 2019
domingo, 12 de mayo de 2019
XCIII Mesa das Verbas - Entrega de premios II Concurso Literario Letras Galegas-2019
VINDE CEIBAR VERBAS E VERSOS
AO AR DE AROUSA!!!
HOMENAXE AO QUERIDO E LEMBRADO
ANTÓN FRAGUAS (1905-1999)
viernes, 10 de mayo de 2019
FRAGUAS E FILGUEIRA, DOUS AMIGOS PARA SEMPRE
“Festexades hoxe a Fraguas como
persoeiro compostelán. Ten gañado este título coa súa froitosa actividade. (…).
Pero houbéralle bastado unha “ser como é”.
Tense ponderado moito que el, como
García Alén ou como Xaquín Lorenzo, viven a “Antropoloxía cultural”, dende
dentro. E coa xente labrega e mariñeira, cos veciños de máis alá dos
milladoiros e cos artesáns e os tendeiros vilegos é un paisano máis. (…)
Antón Fraguas é un dos nosos
mellores “homes bos”, “en el mejor sentido de la palabra, bueno”, como diría
Machado, cunha bondade que xurde dun ánimo aberto, cordial, que inza na máis
sincera relixiosidade, guiadoira das verbas agarimosas, dos feitos xenerosos…
Fraguas é amigo de todos”.
Xosé Filgueira Valverde, “69.
Antón Fraguas, medalla de ouro de Compostela” en VI – Adral, (A Coruña: do Castro: 1990), 312.
miércoles, 1 de mayo de 2019
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ANTÓN FRAGUAS
Imaxe do Arquivo de Ondas de Arosa
ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS (Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999)
Que
grande acerto o dedicarlle o Día das Letras Galegas 2019 ao querido e sempre
tenro D. Antón Fraguas, home “bo e xeneroso”, como recoñecía nun dos seus Adrais o seu amigo Xosé Filgueira
Valverde. D. Antón foi querido profesor nos institutos da Estrada (en tempos da
II República), de Lugo (1950-1959), “Rosalía de Castro” de Santiago de
Compostela desde 1959 e ata a súa xubilación en 1975.
Profesor
Auxiliar da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de
Compostela, cidade dos seus amores e cidade que tanto quixo a D. Antón, o
Instituto de Ensino Secundario do barrio de Fontiñas leva o seu nome ao igual
que unha rúa da cidade do Apóstolo, que lle entregou a súa medalla de Ouro. No
cemiterio de Boisaca repousan os restos mortais de Fraguas a carón da tumba
doutro eminente galego, Ramón María del Valle-Inclán.
Lembrado
fundador e primeiro director do Museo do Pobo Galego (1976), eximio
bibliotecario do Seminario de Estudos Galegos (1923.1936) e do Instituto Padre
Sarmiento de Estudos Galegos (1943). Extraordinario antropólogo e etnógrafo, xeógrafo
e historiador; pero sobre todo unha grande e marabillosa persoa que tiven a
sorte de coñecer e tratar, aínda que fose por pouco tempo, pouco; pero, intenso
e do que gardo unha grata lembranza.
Quedáronme
gravadas dúas manifestacións del, diante dunha miña pregunta, na que lle dicía
que el que vivira tantos anos en distintas épocas e pasando tantas na vida, que
destacaría de antes sobre os tempos de 1998?, el dicía que pensaba na honradez
e no respecto á palabra dada.
E
logo díxome, Xermán, nós como profesores deberamos traballar para que o
alumnado dera o paso de estudantes a estudosos; os primeiros, estudan por
obrigación, os segundos, polo pracer de saber, de descubrir, de coñecer. Que
sabio era D. Antón!
martes, 16 de abril de 2019
UNE LARME AMÈRE POUR NOTRE DAME DE PARIS
(Imaxe de Xermán Manuel Torres)
(Foto de Xermán Manuel Torres)
viernes, 5 de abril de 2019
HOMENAXE A VILA FARIÑA EN BAIÓN - 6-ABRIL-2019
Vila Fariña, no centro da imaxe, nunha das primeiras Mesa das Verbas na rúa
Xosé Lois Vila Fariña, voa libre polo ar de
Arousa-03-01-2018
Xosé
Lois Vila Fariña
voa
xa ceibe polo ar
da
súa benquerida comarca
de
Arousa - Salnés.
Seu
espírito anda ceibo
polas
corredoiras,
polos
máxicos montes
do
seu amado Baión.
Chouta
de penedo en penedo,
de
lenda en lenda
na
busca da verba cumprida,
das
historias agochadas
en
cada arquivo,
en
cada monumento
do
seu idolatrado Concello.
Nos
montes de Baión
xa
choran as meigas e os meigos,
as
curuxas e os mouchos
ventan
que xa marchou
o
druída de Baión,
o
amante dos celtas fuxidíos;
os
carballos das fragas
agora
quedan sos.
Vilanova
de Arousa xa ten
unha
lumieira,
que
alá no alto do ceo,
máis
aló do tempo
e
das estrelas
velará
polos acontecementos,
polas
xentes queridas
dos
tempos idos.
Voa,
Lois, libre,
valente
como sempre,
incómodo
e tenro,
triste
en enrabechado coas inxustizas.
Amigo,
ti querías unha Arousa
culta,
amante do seu pasado,
atarefada
e xusta co presente,
esperanzada
e engaiolada co futuro.
Voa,
Lois, por sempre
e
aterra nos nosos corazóns
para
que loitemos polo pobo
e
fagamos unha Terra libre
e
máis igualitaria.
Voa,
Lois, voa xa libre.
In
memoriam
Volverei ler este meu poema lembrando ao "caro amigo" que xa "durmiu fóra", na homenaxe que a Asociación O Castro de Baión vai renderlle ao seu eximio socio e veciño de honra de Baión, como foi Xosé Lois Vila Fariña. Exemplo para todos nós polo seu afán por saber, pescudar, descubrir. Home curioso, sabio, dunha sabiduría popular e autodidacta. Vila era unha personaxe atraente, lémbroo alá a finais da década dos 70, principios dos 80 do pasado século, coa súa cámara fotográfica e co seu magnetofón percorrendo todos os currunchos do seu amado Baión e de toda a comarca saliniense. Era un gran lector e escritor, home de moitas inquedanzas. Foi mágoa, pero non puidemos levar a cabo un seu proxecto de peregrinación a Tréveris, lugar do martirio de Prisciliano. Pero, participamos xuntos en moitas cousas, falando de vagar e vendo a súa ilusión por cada publicación que lograba levar ao prelo. Nas xuntanzas poéticas que celebramos con el na Residencia Divina Pastora de Vilagarcía, que foron o xérmolo da Mesa das Verbas.
Hai tantas cousas que falar sobre Vila..., das súas numerosas publicacións eu destacaría a que lle dedicou ao monte Lobeira e a biografía sobre Domingo Fontán, tan valorada, logo tamén polo que significa e polo valor divulgativo o seu Dicconario Biográfico do Salnés, escrito en colaboración co seu bo amigo Víctor Viana, quen tanto o axudou.
Paréceme interesante a súa contribución a reivindicación do Colón Galego, traballo especulativo, á espera de que se atope algún dato concluínte, algúa achado definitivo; algo que o tería aledado moito.
Era un namorado da cultura celta, eu diría máis ben castrexa, el era o druída de Baión. Aínda que el tiña múltiples intereses e unha actitude aberta a recibir calquera tipo de coñecemento; fíxose unha cultura de seu, polo que era un pracer dialogar con el, sempre aprendías algo, saías enriquecido, teño mágoa de non ter podido dedicarlle máis tempo ao querido amigo.
Ao final, estaba un pouco rebotado de todo e de todos, sentíase unha alma solitaria, iso que había moitas persoas que se dicían amigas del, doíase de que non lle facilitaban as súas ansias de investigación, o seu exercicio real de cronista de Vilanova de Arousa, estaba un pouco doído. El manifestoume moitas veces que a verdadeira homenaxe para el era que lle facilitaran realizar as súas pescudas.
Pois ben, o druída de Baión, xa está personificado no carballo máis senlleiro do seu pobo, e vive por sempre no ar de Arousa, que a mocedade debera tomar nota das ansias de superación de Xosé Lois Vila Fariña e o seu afán por aprender.
Finalmente, no quero deixar de mencionar, a súa publicación máis querida a revista O NOSO POBO, todo un fito da cultura popular e a súa Historia de Baión, que, segundo algúns, é a historia máis completa sobre unha aldea galega. E tamén lembrar a súa inestimable colaboración coa publicación do Club Xuvenil Vilagarcián, RODADA, berce dunha xeración de poetas, comandados por un noso querido e tamén lembrado amigo, Manuel Olveira Hortas; por iso falo eu da xeración de poetas de RODADA, e Lois estivo aí como animador e facilitador da tarefa.
O pobo de Baión pode estar ben fachendoso por ter dado ao mundo un fillo "bo e xeneroso", un cidadán exemplar.
jueves, 28 de marzo de 2019
CONCURSO LETRAS GALEGAS - 19
ENTREGA DE ORIXINAIS: Ata o 25 de abril de 2019 (inclusive)
ENTREGA DE PREMIOS: Na XCIII Mesa das Verbas, que se celebrará o venres, 17 de maio de 2019, a partires das 20:00 h. na sala de Xuntas, no 3º andar do Centro Comercial Arousa.
Ánimo a escribir e a concursar!
Sorte a tod@s os participantes!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









