lunes, 16 de marzo de 2020

SAIREMOS DESTA!!!

Coa colaboración responsable de todos e coa axuda de Deus e de todos os santos, sairemos desta, aínda que nos coste sangue, suor e bágoas, como dicía noutros momentos moi difíciles o meu admirado W. Churchill. A beira da súa estatua en París, retrateime hai uns poucos anos.

Imaxe de Carmen Sánchez

Coraxe! E ánimo a todas e a todos. Un bo xeito de ir superando esto é que nos comuniquemos uns cos outros, medios temos de sobra.

miércoles, 19 de febrero de 2020

CONGRESO NACIONAL DE LAICOS, MADRID 14-16 DE FEBREIRO DE 2020

Imaxe do grupo diocesano de Santiago recén chegado a Madrid

Outra imaxe do grupo ao remate do 2º día de traballo

Agradezo moi sinceramente e con moito gozo a invitación de D. Javier Porro, Delegado Epsicopal do Apostolado Seglar da nosa Arquidiócese de Santiago de Compostela para participar no Congreso Nacional do Laicado, celebrado en Madrid desde o 14 ao 16 de febreiro de 2020 no Pavillón de Cristal da Casa de Campo. Baixo o lema: Pobo de Deus en Saída, xúntamonos entre congresistas, voluntarios, clérigos, músicos, xornalistas, ..., unhas 2.392 persoas para ter un fin de semana de encontro para celebrar, orar e traballar intensamente nas distintas liñas e temas de traballo. Foi unha oportunidade extraordinaria para que o laicado proveniente de practicamente todas as dióceses de España reflexionara e se formara coas ponencias e cos traballos nas distintas liñas e itinerarios de participación.



Pero, antes de chegares a Madrid, houbo un traballo pre congresual de moitos meses de preparativos. Máis de 37.000 persoas de toda España traballaron nos tres documentos e cuestionarios que deron lugar á publicación dun Instrumento de Traballo, tomado como base para a confección das xornadas de encontro no Congreso de Madrid. Houbo tamén xornadas diocesanas preparatorias e informativas, na de Santiago de Compostela (23/11/2019), e como representantes de Arousa, participamos da parroquia do Divino Salvador de Sobradelo, Benito Martínez Lado; da parroquia de Santa Baia de Arealonga de Vilagarcía de Arousa, Mª Isabel Campos Guerra, Mª del Carmen Sánchez Costoya e Germán Manuel Torres de Aboal. Estas dúas parroquias traballaron nos documentos-cuestionarios 1, 2, 3, aportaron as súas opinións e reflexións:

PARROQUIA O DIVINO SALVADOR DE SOBRADELO - VILAGARCÍA:

- Alicia Sanmamed Fernández

- Benito Martínez Lado

PARROQUIA SANTA BAIA DE AREALONGA - VILAGARCÍA:

- Mª Isabel Campos Guerra

- Juan Jesús García Diz

- Mª Gloria Porteiro Lago

- José Laya Reboredo

- Juana Mª Taboada Barquero

- Alberto Pérez Soutullo

- Germán Manuel Torres de Aboal 

E todas estas persoas con outras que se van a engadir van formar un Grupo de Vida para un traballo postcongresual que combinará oración e acción para o servicio das súas parroquias e da Igrexa diocesana. Celebrarán a primeira xuntanza desta extensión do Congreso, o luns, 24/02/2020  20:15

martes, 21 de enero de 2020

A PRIMEIRA CAMELIA DO MEU XARDÍN

(Imaxe de Xermán Manuel Torres)

Con esta flor do meu xardín
ofrézoche todo o meu amor,
vida na camelia carmín
con tenrura e afecto sen fin.

Entrega do mencer ó solpor,
douche todo para ti de min
ledicia, dozura e candor
do meu espírito ata o confín.

Camelias dos nosos lares,
calor dos nosos fogares.

XMT

viernes, 3 de enero de 2020

EDICIÓN NÚM. 100 DA MESA DAS VERBAS


PROGRAMA

1.- Palabras iniciais, por un responsable da Mesa das Verbas
2.- Actuación de Al Guanella: "Conversacións con Tana"
3.- Recital poético
4.- Fina Casalderrey falará de pan e poesía nunha intervención que leva por título PAN, MELLOR CON COMPANGO  e o músico Néstor Blanco, acompañado de Martiño Malleiro, interpretará tres pezas compostas para tres poemas de Fina Casalderrey, como primicia dun libro disco que pronto será publicado.
5.- Palabras finais pola Concelleira de Cultura.

Ás 20:00 h. comezaremos esta edición especial que conmemora a creación da Mesa das Verbas o día 21/01/2011, celebramos 100 edicións, celebradas mes a mes, consecutivamente.

SAÚDE E POESÍA!!!

O acto resultou moi ben, moi emotivo, moi humano. Aínda que se nos escapou o tempo, Cronos fixo das súas.


Imaxe de Al Guanella

Imaxe de Al Guanella




lunes, 2 de diciembre de 2019

XORNADA POÉTICA POR TERRAS DA LANZADA-DENA-O GROVE




O sábado, 7 de decembro de 2019, dispoñémonos a vivir unha nova xornada poética, xornada de convivencia e de amizade da Mesa das Verbas coa colaboración das amizades do Grove, dos membros da Asociación Cultural Enxebre. Desenvolveremos o seguinte programa:

- 12:00 h. (Se o tempo o permite e a autoridade non o impide) - Visita ao entorno da Capela da Nosa Señora da Lanzada e da necrópole próxima, así como ao xacemento do Adro Vello, coa guía histórica do noso historiador de cabeceira noso amigo e compañeiro Augusto Guedes.

- 14:00 h. Comida de confraternidade (con brindes poéticos e cantos) nas BODEGAS BOUZAVELLA en Viliquín - Dena - Meaño - Móviles: 630 60 83 38  //  636 33 96 65.

- 18:00 h. No local de ENXEBRE (O Grove)

Ceibaremos as verbas e os versos como bolboretas e como gaivotas ao ar de Arousa!!!

ACTO ABERTO AO PÚBLICO EN XERAL ATA COMPLETAR AFORO.

Resultou unha xornada moi agradable e memorable con moitas anécdotas e bo humor, co aditamento da poesía e das verbas que nos unen e congregan.






lunes, 11 de noviembre de 2019

ANACO 2 - REVISTA POÉTICA DA MESA DAS VERBAS


We will present a new issue of the poetic magazine of Mesa das Verbas, ANACO 2 next Wednesday, November 20, 2019, at 9:00 p.m. You are all invited. Thank you.

ESTADES TODOS INVITADOS Á PRESENTACIÓN DE ANACO 2, SERÁ NO SALÓN GARCÍA - CASA DA CULTURA DE VILAGARCÍA DE AROUSA, NA RÚA ALCALDE REY DAVIÑA
O MÉRCORES, 20 DE NOVEMBRO, ÁS 21:00 H.

Tivemos un acto de presentación moi agradable, alegre e entrañable.



ç

sábado, 5 de octubre de 2019

V XORNADA FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA



V XORNADA FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA
Luns, 28 de outubro de 2018   20:00
Sala de Xuntas no 3º andar do Centro Comercial Arousa
Vilagarcía de Arousa

PROGRAMA

  •    Acollida e saúdo por parte de Luís González de la Ballina González, director do Centro Comercial Arousa.


  •         Presentación do acto e palabras de lembranza sobre D. Xosé.


  •       Disertación: Fraguas e Filgueira, Dous amigos para sempre, a cargo de Xermán M. Torres.


  •     Coloquio dos asistentes, D. Xosé Fernando Filgueira Valverde, no que sería o seu 113 aniversario.


  •   Ágape de confraternidade, xentileza do Centro Comercial Arousa.