Mostrando entradas con la etiqueta Luis González de la Ballina González. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Luis González de la Ballina González. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de octubre de 2019

V XORNADA FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA



V XORNADA FILGUEIRA VALVERDE, SEMPRE EN GALICIA
Luns, 28 de outubro de 2018   20:00
Sala de Xuntas no 3º andar do Centro Comercial Arousa
Vilagarcía de Arousa

PROGRAMA

  •    Acollida e saúdo por parte de Luís González de la Ballina González, director do Centro Comercial Arousa.


  •         Presentación do acto e palabras de lembranza sobre D. Xosé.


  •       Disertación: Fraguas e Filgueira, Dous amigos para sempre, a cargo de Xermán M. Torres.


  •     Coloquio dos asistentes, D. Xosé Fernando Filgueira Valverde, no que sería o seu 113 aniversario.


  •   Ágape de confraternidade, xentileza do Centro Comercial Arousa.


lunes, 29 de octubre de 2018

ENTRAÑABLE XORNADA EN LEMBRANZA DE FILGUEIRA VALVERDE


Imaxe de Al Guanella


Este pasado domingo tivemos a sorte de compartir unha agarimosa xornada celebrando o 112 aniversario de Xosé Fernando Filgueira Valverde (28/10/1906), galeguista e gran erudito.
Tivemos como anfitrión a Luis González de la Ballina González, quen nos acolleu na sala de xuntas do Centro Comercial Arousa. Congregámonos alí a partires das 20:00 h. amigos e admiradores de D. Xosé (moitos compoñentes e próximos á Mesa das Verbas) e tivemos a gran sorte de contar con familiares moi directos deste gran home da cultura galega.

Tivo un protagonismo moi especial Xacobe Medina Dacasa (Pontevedra, 2000), bisneto de Filgueira Valverde, que apunta maneiras do seu admirado bisavó. Xacobe presentounos o seu segundo libro: ADRAL DA FILOSOFÍA (Santiago de Compostela, 2018), despois de ter publicado en 2017 o seu primeiro libro: LA VIDA ACTUAL SEGÚN LOS DIOSES. É un mozo dunha formación moi completa: Música, deporte,... Actualmente, cursa 1º de Filosofía na USC e por libre Musicoloxía na UAX. Xacobe con Xermán Manuel Torres comentaron a vida e obra de Xosé Filgueira Valverde, vida fructífera e plena en múltiples e variadas facetas. Tamén tivo tempo para cantarnos unha súa canción acompañándose da guitarra.

O noso amigo e compañeiro da Mesa das Verbas, Antonio Pinedo, declamou o seguinte soneto con estrambote da súa autoría e a xeito de acróstico en homenaxe a Filgueira Valverde:

 .

Logo, todos participamos nun ágape de confraternidade, xentileza do Centro Comercial Arousa.

jueves, 26 de enero de 2017

ONDE VAN OS QUE SE VAN?

A nosa amiga e compañeira Tere Briones agasallounos na celebración do VI Aniversario da Mesa das Verbas (Centro Comercial Arousa, 21-01-2017; 18:30 h.) cun fermoso poema de José Manuel Olveira Hortas que se titula:  ONDE VAN OS QUE SE VAN? Nunha gravación xentileza de Luis González de la Ballina González, e que agora ofrecemos:


Tere Briones tamén foi quen de compoñer un fermoso poema para conmemorar esta efeméride:

SEXTO ANIVERSARIO MESA VERBAS

Un vinteún de xaneiro
comezaban andadura
catro grandes pioneiros
lían verbas con soltura.

Confiados creadores,
despois de moitas andanzas,
lograron unir valores
e poemas nas xuntanzas.

Fóronse da nosa beira
María Palacios poetisa
e o poeta Manuel Olveira,
os dous marcharon de prisa.

Mesa das verbas, es moito,
e hoxe estás de aniversario,
a edición sesenta e oito,
e seis do teu cumpleanos.

Composta por chea de xente
unida por gran paixón,
pensamentos diferentes,
todos abren o corazón.

Que cumplas moitos máis anos,
e que non nos falte a man
dos que agora aquí estamos,
tamén de Andrea e Xermán.

Só pedimos que haxa unión
para poder lanzar e ceibar
con respecto e ilusión
os nosos poemas ao ar.

Tere Briones, 21-01-17