domingo, 26 de mayo de 2013

A LENDA DE MONTELONGO

Por fin xa temos aquí a tan ansiada restrea de A LENDA DE MONTELONGO, será o sábado 1 de xuño ás 22:00 h. no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa cando poderemos gozar coa zarzuela da autoría dun equipo artístico de egrexios vilagarciáns: LIBRETO: Manuel Rey Posse e Juan Buhigas Olavarrieta; MÚSICA: Bernardo del Río. Nesta oportunidade, despois de máis de medio século dende a súa última representación, o cadro artístico estará composto por BANDA DE MÚSICA DE VILAGARCÍA, CORO LICEO DE VILAGARCÍA, GRUPO FOLCLÓRICO MALVEIRAS. Facilitou a reconstrucción das partituras, libreto, decorados e ambientación o profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo, JAVIER JURADO, quen fixo un traballo de pescuda e de información diante dos herdeiros de Bernardo del Río e de Rey Posse, achegando os materiais necesarios para poder ofrecer na nosa cidade este tan esperado espectáculo. Sabemos do traballo e da entrega altruísta para que todo chegara a bo fin do noso bo amigo e neto de Rey Posse, CARLOS REY CEBRAL. Había xa certo tempo que algunhas persoas tiñamos feito un traballo coa intención de recuperar a obra de MANOLO REY (está pendente unha edición facsimilar da súa obra –algo que sería moi interesante para Vilagarcía-) e de restrear A LENDA DE MONTELONGO, por diversos motivos, que agora non veñen ao caso, fracasamos no noso intento. Fai uns poucos anos fixémoslle unha homenaxe a Manolo Rey Posse no Liceo Casino de Vilagarcía, coa representación dalgunha das súas obras teatrais, musicais, cunha conferencia, coa convocatoria dun certame teatral co seu nome. Agora felicitámonos de que por fin chegara o día. Será un día histórico para Vilagarcía. Gozaremos do momento e do valor histórico da obra, unha das escasas zarzuelas en lingua galega, comprobaremos como resiste o paso do tempo. Nela predomina o texto falado por encima do cantado; pretende ser a proclama para soerguer Galicia fronte a un imperialismo e nacionalismo español exacerbado, que ocultaba e asoballaba a Galicia e ao galego, non esquezamos que a obra estréase en 1924 en plena dictadura do xeneral Primo de Rivera. Agardamos que o elenco artístico teña moito éxito e a asistencia de público faga pequeno o Auditorio. Parabéns para todos.// Na primeira imaxe, vemos a Juan Buhigas Olavarrieta e a Manuel Rey Posse de traxe e garabata xunta a un grupo de artistas dunha das primeiras representacións da LENDA DE MONTELONGO. (Esta imaxe atópase no fondo fotográfico do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa). / Na segunda, o cadro de artistas doutra representación de dita zarzuela (Facilitada por CARLOS REY CEBRAL, neto dun dos libretistas). / Na terceira, o polifacético e socio de honra do Liceo Casino, Manuel Rey Posse, un dos libretistas desta famosa zarzuela. (Tamén facilitada por Carlos Rey, o netísimo). / Na cuarta, reproducción do cartel da restrea en Vilagarcía da LENDA DE MONTELONGO (Auditorio Municipal, 01/06/2013; 22:00 H.). PÓDESE CONSULTAR: www.vilagarcia.es / www.turvilagarcia.com / www.pontevedraviva.com

sábado, 18 de mayo de 2013

HOLANDA, COS OLLOS DUN GALEGO

Xa vai uns meses que tiven o oportunidade de facer unha pequena viaxe polos chamados Países Baixos, quedando impresionado da laboriosidade e organización daquelas xentes. E pensar que moitos daqueles territorios algún día pertenceron ao imperio español! Nesta oportunidade voume centrar en Holanda. Como quen di, o campamento base tíñao en Amsterdam, unha marabillosa cidade, cosmopolita, con moita vida. Así á primeira vista, chamáronme a atención dúas cousas; un aeroporto ben deseñado e moi ben comunicado, alí chegaban o tren, os autobuses, o metro. (Xa poideramos aprender en Galicia, debíamos ter un bo aeroporto e sobre todo ben comunicado). Practicamente, no centro da cidade estaba a Central Station, unha estación nodal, onde podías coller o tren, o autobús, o metro; mesmo o típico tranvía para viaxar onde quixeras. Quedei impresionado do deseño e da eficiencia das comunicacións. Logo é unha cidade para vivila, recorrer os seus canais, pasear polas súas concorridas rúas e parques e visitar os seus museos, recomendo a impactante Casa de Ana Frank e o Museo Van Gogh, asimesmo foi a cidade onde residiu e finou outro grande da pintura, Rembrandt. Tamén visitei Rotterdam (lembro as cancións do belga Jacques Brel) cidade natal do grande Erasmo. Percorrín tamén algunhas zonas rurais e pequenas cidades, sorprendeume a súa boa organización e a intelixencia á hora de traballar. No rural destacar a limpeza, a orde, o saber darlle valor engadido aos seus productos e a diversificación da oferta, obtendo o máximo rendemento de todo. Asímesmo quedei abraiado pola gran industria e comercio das flores, co funcionamento de grandes cooperativas e grandes extensións de invernadoiros, mercados e lonxas das flores. (Se na nosa querida Galicia puxeramos a intelixencia e organización dos holandeses na vida comunitaria, industrial, cultural outro galo nos cantaría). Tamén ofrezo unha selección das numerosas imaxes tomadas. Noutras ocasións, farei referencia a diversos temas que poden xurdir desa agradable e inesquecible viaxe. O meu admirado profesor, FILGUEIRA VALVERDE recomendaba as viaxes para aprender e enriquecerse; para tomar nota (como fan tan ben os xaponeses), no seu instituto fomentou este tipo de actividades. Aproveito, unha vez máis, para reclamar que xa é ben chegado o tempo de dedicarlle o DÍA DAS LETRAS GALEGAS AO LABORIOSO POLÍGRAFO, XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE (1906-1996).

jueves, 16 de mayo de 2013

RETELLANDO DE EVCALO

O noso amigo e compañeiro da MESA DAS VERBAS, Eduardo Víctor Castro López (EvCalo), vén de presentar onte en Marín, no Instituto ILLA DE TAMBO, ás 20:00 h. nun agradable, emotivo e agarimoso acto poético os dous poemarios (I, II), que levan por título, RETELLANDO. O pobo de Marín amosoulle a D. Víctor o seu agarimo en lembranza dos moitos anos que alí exerceu a docencia, os últimos oito anos da súa vida laboral no instituto que acollía o acto. O director do centro, Antonio Novo exerceu de mestre de cerimonias e de magnífico anfitrión. Presentou ao autor e introducíu a obra, Lois González Dopazo, un home moi coñecido na vila marinense por ser un activo animador da vida cultural, deportiva e asociativa, así como membro do Consello Escolar do instituto. Foi a súa unha magnífica presentación, rigurosa e amena. Logo intervíu o propio autor, quen leu algún dos seus poemas e fixo a loanza de Marín, das súas xentes, das súas paisaxes, das súas praias, do seu Liceo Casino (do que foi directivo), da Asociación Santa Cecilia... Marín quere a este poeta vilagarcián, e el sinte a Marín como a súa segunda patria, onde viviu e onde tivo experiencias inesquecibles. O acto rematou coa declamación de dous poemas por parte de Enrique Brumbéck, deleitou ao público cun poema de Cabanillas e outro de Rosalía de Castro (aínda resoan os marabillosamente recitados versos: MOUCHO NON CHE TEÑO MEDO / NON CHE TEÑO MEDO MOUCHO). O público agradeceu a intervención de toda a mesa cos seus xenerosos aplausos. A segunda parte deste acto poético, desta homenaxe Víctor<=>Marín, tivo lugar nunha entrañable cea do autor con familiares e amigos na centenaria Casa Pilán de Cantoarea. A delegacíón vilagarciana, que se corresponde coa MESA DAS VERBAS, e que disfrutou desta xornada poética estivo composta por: Mª del Carmen Sánchez, Enrique Blanco, Ramón Quintáns, Ramón Torrado e Xermán Torres. SAÚDE E POESÍA!

jueves, 9 de mayo de 2013

XXVI MESA DAS VERBAS - CONSERVATORIO DE MÚSICA

O vindeiro martes 14 de maio de 2013, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía teremos un CONCERTO-RECITAL, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano dedicadas ao dramaturgo VIDAL BOLAÑO. Será ás 20:00 h. no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa con entrada libre e de balde ata completar aforo. Todos os amigos da Música e da Poesía non poden perderse este acto, estades todos especialmente convidados. Viva Galicia! Saúde e Poesía!

viernes, 26 de abril de 2013

POEMARIO DE ANTONIO QUIÑOY

EL MIÉRCOLES 8 DE MAYO DE 2013 A LAS 20:15 H. EN EL SALÓN DE ACTOS DE NUESTRA PARROUIA PRSENTACIÓN DEL POEMARIO, AMORES, PIROPOS, HOMENAJES DEL PROFESOR Y COLABORADOR DE LA PARROQUIA, ANTONIO QUIÑOY / Antonio Luis Quiñoy García es un gran profesional de la docencia, ahora en situación de jubilado, ejerció su magisterio durante muchos años en el colegio público “Rosalía de Castro" de Carril. Maestro de una amplia formación académica, Licenciado en Filosofía y CC. de la Educación por la UNED, Graduado en la USC, Diplomado en Francés en la E.O.I. de Pontevedra y Licenciado en Psicología Clínica y Máster en Psicopatología y Salud por la UNED. Es además amante de las letras y poeta de vocación, miembro activo de la Mesa das Verbas, encuentro poético mensual auspiciado por el Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, presenta en el día y lugar indicados su primer libro, un sentido y vivido poemario que rezuma ternura, delicadeza y amor por las personas, especialmente por las mujeres que de uno u otro modo se cruzaron en el camino de Antonio, muchas de ellas respetadas y admiradas compañeras de profesión. Un libro que no dejará indiferente a nadie, está hecho con amor y para la solidaridad. Seguramente en el acto habrá el complemento musical, música y poesía que hacen un buen maridaje. La música la pondrán las voces del Coro dirigido por Chiruca Rivera, vilagarciana de amplia trayectoria musical. La poesía corre de parte de Antonio Quiñoy, desgranando los versos sentidos de Amores, Piropos, Homenajes. Presentará el acto, Xermán Torres, también maestro como Antonio y además de compañero, amigo y admirador del poeta que nos da a conocer a su nuevo hijo en forma de libro. / Los posibles beneficios de la venta del libro revertirán en estas dos benéficas asociaciones: - ACOFIFA (Asociación Coruñesa de Fibromialgia, Fatiga Crónica y Sensibilidad Química Múltiple). - ASCAT (Asociación Comarcal para la Prevención de Drogodependencias y Atención al Toxicómano de la Comarca de Guardo –Palencia-). / Están todos invitados a este acto poético-musical en el que sin duda pasarán un buen momento y a la par contribuirán a unas buenas causas. / SALUD Y POESÍA // Xermán Torres

lunes, 15 de abril de 2013

XXV MESA DAS VERBAS - EDICIÓN ESPECIAL -

Un grupo de amigos e amigas, amantes da poesía, xuntámonos cada mes para compartir versos e expresar libremente as nosas ideas, emocións e sentimentos e xa van alá vintecinco meses seguidos de festa coa poesía. Esta experiencia é acollida polo Liceo Casino, que cede as súas instalacións para estas xuntanzas poéticas mensuais. Co gallo da XXV MESA DAS VERBAS, o venres, 19 de abril de 2013, pasaremos a tarde xuntos coas seguintes actividades: - 14:00 h.: Comida de confraternidade e brindes poéticos no Club de Mar, Peirao de Pasaxeiros. / 17:30 h.: Acto Literario co gallo do Centenario do Concello de Vilagarcía de Arousa na Biblioteca Pública "Rosalía de Castro", rúa Rey Daviña. / 21:00 h.: XXV MESA DAS VERBAS coa participación especial da ORQUESTRA DE PULSO E PÚA "AROUSA", que abrirá o recital coa interpretación de cinco pezas do seu repertorio, seguidamente declamación poética por parte dos asistentes que o desexen (pídense poemas breves), pechará o acto o GRUPO "CHAPALA", que nos ofrecerá tres das súas cancións. / Expresamos o noso recoñecemento e gratitude aos organismos e persoas colaboradoras. // Nun dos entreactos sortearase a CESTA DA CULTURA, composta de 38 libros, donados por escritores particulares, polo Liceo Casino e polo Concello de Vilagarcía; e tamén por dous fermosos lenzos donados polo artista vilagarcián, Tito Porto, a quen lle agradecemos a súa donación ao igual que aos demais donantes, a todos moitas grazas. As rifas para entrar no sorteo desta cesta valen 2 € e os beneficios obtidos serán ofrecidos a Cáritas Parroquial de Santa Baia de Arealonga da nosa cidade. // As persoas que se animen a participar connosco seguro que non quedarán defraudadas. / Animamos a que consulten as edicións dixitais e merquen mañán os periódicos locais e consulten a WEB do noso querido amigo J.M. MARIÑO: www.turvilagarcia.com RESUMO UNHAS VERBAS DIRIXIDAS Á NOSA AMIGA MARÍA PALACIOS: / La comida, que más que los alimentos en sí, resultó muy bien por el ambiente de camaradería y de cariño que hubo, los brindis a los postres fueron muy interesantes y muy vividos, experiencias de amor compartido, inquietudes sociales y reivindicativas; así como de rechazo de las injusticias. El marco y ya digo el ambiente del banquete en sí incomparables. El acto de la Biblioteca, yo creo que también resultó muy satisfactorio. Y el acto central de la noche, creo que fue de satisfacción general, todo lo recibimos y dimos gratis, creo que en la gratuidad está el éxito de la Mesa das Verbas. La Orquestra de Pulso y Púa "Arousa" es muy buena y siempre dispuesta a la colaboración desinteresada. El Grupo "Chapala", es magnífico, yo los vi nacer allá en el lejano 1978, en el Festival de Villancicos del Hogar del Pescador de Vilaxoán, donde yo también cantaba con un grupo juvenil de la parroquia Santa Eulalia, ellos quedaron de primeros y nosotros de segundos. Y después los seguía a lo largo de los años. En la comida participamos 31 personas, en la Biblioteca sobre 40, en el Salón del Liceo Casino hubo un lleno absoluto, incluso con gente de pie. Y también fue positivo que se recaudaron para Cáritas Parroquial, 928 €. Y me alegró que le tocara la Cesta da Cultura a tu compañera de Residencia. En realidad, hubo unos ingresos totales de 1.015 €, los gastos fueron los siguientes: / - Imprenta: ... ... ... ... ... 32 € / - Cesta: ... ... ... ... ... ... 15 € / - Flores escenario . ... ... 40 € / TOTAL: ... ... ... ... ... ... 87 € / La rifa premiada fue la nº 00911, que correspondió a Ángeles Giráldez García. El Concello y el Liceo Casino colaboraron adecuadamente y los medios de comunicación se portaron también bien. En conjunto, misión cumplida, todos disfrutamos de la música, de la poesía, de los relatos, de las palabras y nos relacionamos en amistad y libertad. Participamos recitando poemas: MANOEL XOSÉ, TITO PORTO, ANTONIO PINEDO, ÁNGELES CONDE, JUAN JOSÉ ROMERO PORTO, RAMÓN QUINTÁNS, VÍCTOR CASTRO (EV-CALO), ANDREA FERNÁNDEZ (NEI), JOSÉ GONZÁLEZ, RAFA GÓMEZ, ANTONIO QUIÑOY, JOSÉ TIZADO, GRACIELA, MARÍA PALACIOS, JEAN CARBALLO, CARMEN ABALO, TERE BRIONES, BILAL TRAORÉ, XERMÁN TORRES.

martes, 2 de abril de 2013

UN MAR DE PREGUNTAS

Tivo principio e terá fin o universo? / O cosmos ten un borde, está acotado? / Onde están os límites se os ten? / Existe Deus? / Que facía Deus antes de crear o universo? / Que é o home? / Ten senso a vida do home? / Comeremos dos froitos da árbore do Ben e do Mal? / Alcanzaremos os froitos da árbore da Vida? / Chegaremos a coñecer o pensamento de Deus? / Teremos algún día unha descrición completa do universo? / Lograremos unha teoría completa e unificada do Cosmos? / Seremos como deuses? / Somos libres ou somos marionetas na man dun ser diabólico? / Como dicía Calderón, a nosa vida é soño e os soños, soños son? / Teñen alma os animais e as plantas? / Que é o tempo? / Que é o espazo? / Ciencia ou loucura? / Hai outros mundos? / Hai outros mundos, pero están neste? / E o microcosmos, cal é o seu misterio? / Cal é o misterio do ADN? / E o das enzimas, moléculas e átomos? / A onde nos levará a manipulación xenética? / Relixión, engano ou superstición? / De onde vimos, quen somos e cara onde imos? / Morte e vida, inútil ilusión? / Hai vida despois da morte? / Vemos, oimos, sentimos todo o que hai? / Ou non hai nada? / Hai alguén aí? / Hai vida extraterrestre? / Poderemos saber quen domina o mundo? / Quen mobe os fíos da política mundial? / Non sabemos nada e nunca chegaremos a saber nada? / Se souberamos todo e souberamos en realidade o que hai, quereriamos seguir vivos? / Paga a pena vivir? / ? //. LECTURAS RECOMENDADAS: HAWKING, Stephen W.: HISTORIA DEL TIEMPO. DEL BIG BANG A LOS AGUJEROS NEGROS. Madrid, Alianza Editorial, 2010.// WHITE, M. et GRIBBIN, J.: STEPHEN HAWKING. UNA VIDA PARA LA CIENCIA. Barcelona, Salvat, 1993. // HUIZINGA, J.: ERASMO (1). Navarra, Salvat, 1986.