martes, 12 de julio de 2011
AS MESAS DAS VERBAS DO LICEO CASINO
Unha iniciativa do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, que axudaron ao seu nacemento e desenvolvemento, María Palacios, Andrea Fernández e Xermán Torres co acollemento entusiasta por parte do Presidente da Entidade, Alfonso Saavedra, son os encontros poéticos que chamamos Mesa das Verbas, que neste mes de xullo, imos celebrar a VI Mesa, parece que foi onte e xa van alá seis meses de celebración encol da poesía coa axuda da deusa Palas Atenea, que nos preside en forma de curuxa e coas Musas que nos acompañan, contando coa axuda inestimable do Grupo Poético Brétema de Vigo, co seu Vicepresidente, Manoel Xosé de Oliveira como máximo colaborador, quen a través do blog:
www.grupo-bretema.blogspot.com
reflicte magnificamente dita actividade duns amigos amantes dos versos.
A VI MESA DAS VERBAS será a véspera do Carme, venres 15 de xullo de 2011, ás 21:00 h. e, se o tempo o permite, será na rúa Castelao, fronte ás instalacións do Liceo Casino, nesta oportunidade a Música estará nas mans da pianista, María Torres Sánchez. Todos os que nos queirades acompañar alí teredes o voso sitio.
Agora imos facer un pouco de historia e falar da pasada V MESA DAS VERBAS:
Celebrouse o día 17/06/2011 na hora de costume na sala do Liceo Casino, de inicio fixemos unha sinxela homenaxe a Castelao, lendo un fragmento dun seu escrito sobre a lingua galega. Temos que dicir, que nesta oportunidade xuntamos tres artes: A Poesía, a Música e a Pintura, pois na sala atopábanse uns fermosos cadros de César Fontenla da súa exposición que chamaba URBE. A música púxoa o grupo SAEFAS, composto polos seguintes mozos (compoñentes da Banda de Música de Vilagarcía): Daniel Barros, Santiago Fontes, Artur Silveiro, Juan José López, Ismael Álvarez e Alejandro García, que interpretaron as seguintes pezas:
- Xota do Quedás (propia)
- Invernía (Caramuxos)
- O vals do Jicho (Antón Pulido)
- Super Mario
- Lonley day
- I will survive
- Smells like spirit
Foron moi recoñecidos e aplaudidos xa que gustou moito a súa actuación.
Compartiron poemas nesta ocasión:
- Enrique Brumbéck (recitador)
- Manoel Xosé de Oliveira (Brétema)
- Andrea Fernández
- Eduardo Víctor Castro López
- Jean Carballo (Brétema)
- Luisa
- Rafa Gómez (Brétema)
- María Palacios (Brétema)
- Carmen Darriba (Brétema)
- Tito Porto
- Ángeles Conde
- Antonio Pinedo
- Alfonso Saavedra
- Xermán Torres
* Queremos subliñar a participación dun neto de Francisco Porto Rey (poeta e escritor vilagarcián), quen declamou un fermoso poema do seu avó que falaba dos nosos montes, Xiabre e Lobeira.
Tamén agradecemos a presencia nesta V MESA, das Concelleiras de Cultura e de Educación do Concello de Vilagarcía de Arousa, Gely Rodríguez e Rocío Llovo.
Agardámosvos o venres na VI MESA. Pero xa podemos anunciar que pensamos celebrar a VII Mesa o vindeiro venres día 12 de agosto de 2011, se non hai mal tempo, no parque Miguel Hernández, onde faremos lembranza do poeta de Orihuela.
Saúde e bos versos para todos!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario