Mostrando entradas con la etiqueta Germán-Manuel Torres-de-Aboal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Germán-Manuel Torres-de-Aboal. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de septiembre de 2023

ACADEMIA, CAMIÑO DE GALBÁNS, 11

 



Atrás (de pé), empezando pola esquerda: Román, Oubiña, Luís, Luciano, Chus.

Diante-esqda (axeonllados): Víctor, non identificado, Fernandito, Quinso. 


Unha grande parte da miña vida dun xeito ou doutro estivo dedicada á docencia, desde moi noviño. Lembro que contra 1967, cando aínda non cumprira os dez anos, o párroco de Santa María de Caldas de Reis, D. Marcelino Torres Villar fíxome catequista na súa parroquia.

En 1971, no meu retorno á Vilagarcía de Arousa, D. Daniel Luís Espiño Otero, coadxutor da parroquia de Santa Baia de Arealonga, acolleume como seu axudante na catequese dos barrios de Trabanca Badiña-A Torre, onde vivía, e no barrio da Laxe. D. Daniel tamén me fixo a proposta de alfabetizar a algúns mociños e persoas humildes e de nulos recursos económicos. Tamén me puxo en contacto coa Asociación AUXILIA, que trataba de traballar pola integración e promoción de persoas con dificultades de mobilidade e con necesidades educativas especiais, da dita Asociación eran responsables as lembradas relixiosas filipenses, madres Lourdes e Aurora.

Axiña coñecín e trabei unha fonda amizade cunha mestra exemplar e cunha grande experiencia e coñecementos pedagóxicos e didácticos, a tamén relixiosa filipense, madre Guadalupe, que laborando na asociación de promoción xitana, por medio dun padroado crea a Escola Xitana de San Pedro de Cornazo, coa que os meus compañeiros de xeración e eu mesmo colaboramos, eramos a mocidade do Club de D. Daniel, os do Local, con grandes inquedanzas sociais, e inspirados polos nosos mestres gratuítos, D. Daniel e a madre Guadalupe, participamos con eles na alfabetización e educación de persoas marxinadas.

D. José Torrado Castiñeiras (actual párroco da parroquia Santa Baia de Arealonga), tamén á miña volta á miña cidade natal, escolleume como colaborador e brindoume coa súa amizade, da que teño o gozo de seguir contando nestes momentos da miña vida, na que desfruto da miña xubilación de máis de 39 anos de servizo no ensino público en diversos centros educativos, dependentes da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Na miña parroquia participei e aínda colaboro en distintas funcións, moitas vinculadas á formación e a educación, hoxe, entre outras cousas, dedícome á formación dos catequistas e coordino as convivencias e as escolas de catequistas.

Dun xeito ou doutro, levo 56 anos de actividade docente e formativa, pero hoxe quero falar da miña experiencia docente como profesor particular e máis concretamente da miña academia do Camiño de Galbáns, 11, no barrio de Trabanca Badiña de Vilagarcía de Arousa, onde vivín máis de 13 anos, foi unha experiencia feliz e moi lembrada, alí prestei o meu apoio a un número importante de nenos e nenas e de mociños e mociñas, vou dicir os nomes dos que aínda recordo, porque a néboa do tempo vai escurecendo a miña memoria, aínda lembro a (algúns aparecen na foto que ilustra esta entrada). Mª Jesús, Luciano, Luís, Oubiña, Román, Víctor, Fernandito, Quinso, Cristina, Fernando, José Luis, Ramón, Manuel, Lolita, Simón, Tinito, Pili, Sole, Aquilino, Felisa, Tito, José Manuel, os dous irmáns Custodia, Benito,...

Lembro que con eles pretendín facer un estudo do Pazo de Patiño, tristemente deixado desfacer, nel toparamos unhas moedas antigas, fixeramos unhas fotos do escudo. Con tal motivo das pescudas neste pazo abandonado e botado a perder, levei a estes meus alumnos a unha visita ao Museo de Pontevedra (onde fomos atendidos moi amablemente polo seu director, o meu admirado D. Xosé Filgueira Valverde, quen nos dixo que as moedas non tiñan valor algún, pero que si era interesante o estudo do escudo). A visita foi contra o ano 1979 e ademais do meu alumnado particular abrimos a experiencia a outros nenos do barrio. Lembro que eu ía preocupado porque levabamos a un neno que se chamaba Carlitos, o fillo de Rosa a Cazurra, era un neno moi simpático, pero un neno un tanto movido, pero para a miña grata sorpresa, non rompeu nada e estivo enormemente interesado e motivado na visita ao Museo de Pontevedra e comportouse marabillosamente, veu encantado da cámara de oficiais da recreación do barco do Almirante Méndez Núñez (sala, lamentablemente, agora en desuso). O Museo visitámolo cun nome colectivo que os nenos indicaron, grupo Apolo XI. Tamén lembro que axudei a Lolita Torreiro sobre un traballo sobre Cervantes, que foi premiado... Son tan só unhas pinceladas dalgunhas das miñas lembranzas con este grupiño de cativos, ah! tamén acudiron comigo no ano 1980 a unha conferencia que impartiu Filgueira Valverde sobre Afonso X, o Sabio, a quen se lle dedicaba o Día das Letras Galegas aquel ano, no Salón de Actos da Caixa de Aforros de Vigo, nas torres do barrio da Lomba, conferencia organizada polo Club Xuvenil Vilagarcián, que eu presidía daquela.

Xa en 1982, cando aprobo ás miñas oposicións e son destinado o 2 de xaneiro de 1983 ao Colexio de Codeseda (A Estrada), organizo para este meu querido e lembrado alumnado de ensino particular unha marcha, como despedida, ao monte Xiabre, cando estabamos preto do cumio, comezou a chover sen parar, descendemos ata preto do refuxio de Guillán e un señor, moi amable, baixounos a todos na súa furgoneta. E co motivo desta despedida, distribuín e agasallei a cada un con un exemplar da miña colección de cómics.

Esta é unha agarimosa lembranza e unha homenaxe a aqueles nenos e nenas que asistiron ás miñas clases particulares, eu intentei darlles o mellor de min, pero tamén eles me ensinaron moito. Todos aprendemos de todos.    


viernes, 1 de septiembre de 2023

THE CINEMA AT THE HIGH SCHOOL OF PONTEVEDRA

 

A Rondalla do Instituto de Pontevedra co seu director

O CINE NO INSTITUTO DE PONTEVEDRA

Na época de Xosé Filgueira Valverde como director

(1946-1976)

Xa teño falado e pretendido demostrar que o profesor, o “vello profesor” Xosé Filgueira Valverde foi un docente humanista innovador. Pretendía que o seu centro educativo fose un foco de cultura para o alumnado, para as súas familias e para a cidade en xeral; por iso, o seu centro tivo unha considerable proxección social e nos medios de comunicación da época.

Filgueira Valverde foi un gran comunicador e publicista, os seus saberes, as súas actividades non eran para quedar inéditos, como o gran investigador humanista que foi, consideraba que a ciencia hai que comunicala, poñela a disposición de todos, aproveitando todos os medios de difusión dispoñibles, mesmo os máis avanzados en termos tecnolóxicos e vangardistas.

Xa teño indicado e subliñado que don Xosé valoraba o deporte, a música, a poesía, a oratoria, as artes plásticas, o teatro,... que foron sabiamente practicados no seu Instituto de Pontevedra e con gran aproveitamento para o alumnado. E loxicamente tampouco podía faltar a chamada sétima arte, o cine.

Na súa época como director, o seu instituto contou con varios proxectores de distintas características (mudos, sonoros) e aos que se deu bo e amplo uso. Ademais do goce do cine como medio de entretemento e de admiración artística, tamén se aproveitaron as súas virtualidades e potencialidades educativas e didácticas. Utilizando  moitas películas como complemento e como recursos didácticos de moitas materias, nun enfoque multidisciplinar ou inter-áreas moi acaído para Filgueira Valverde desde os seu tempo no Seminario de Estudos Galegos (1923-1936). No instituto filgueirián foron invitados distintos técnicos e especialistas de cada tema a visualizar as películas co alumnado, incluso empresas cos seus técnicos e obreiros asistiron as proxeccións cinematográficas para dialogar co alumnado e servir de utilidade para todos, como unha potente e atraente fonte de aprendizaxe.

Para fornecerse de filmes, fixéronse solicitudes e xestións e mantivéronse contactos co Ministerio de Educación e con distintos organismos oficiais, así como embaixadas e institucións culturais estranxeiras (como por exemplo, o Instituto de Francia).

Tamén se acudía ás salas comerciais de cine da cidade de Pontevedra en sesións para escolares e o Instituto de Filgueira Valverde acolleu e prestou a súa axuda e a súa colaboración ao Cine-Club de Pontevedra, mesmo potenciando e axudando á súa creación e posta en marcha.

Motivábase ao alumnado na redacción e publicación de comentarios e críticas de cine, que se publicaban na revista do Instituto, a revista TEUCRO.

O Instituto de Filgueira Valverde foi moi recoñecido e premiado, chegando a ter un gran prestixio, foi declarado nos anos 50 do pasado século XX instituto modelo polas autoridades académicas do Ministerio de Educación polo seu estilo docente e pola calidade innovadora das súas múltiples e variadas actividades educativas e culturais, que se realizaban intentando implicar a toda a comunidade educativa e mesmo á cidade de Pontevedra.

Coido que aínda hoxe o Instituto de Pontevedra, dirixido por Filgueira Valverde desde 1946 e ata 1976, é un espello ao que poden mirar os centros educativos para replicar coas debidas actualizacións e contextualizacións moitas das actividades e dos principios educativos que alí se desenvolvían, dun xeito innovador e avanzado. Para iso, serve a historia e a historia da educación para adoptar exemplos e modelos de utilidade co fin de avanzar por sendeiros firmes e consolidados que poidan aportar riqueza e valor engadido ao que facemos.

E como adoitaba a exclamar Filgueira Valverde: Sempre aprendo! / Aínda estou a aprender!

O profesor Xosé Filgueira Valverde, gran comunicador e publicista

  


sábado, 5 de agosto de 2023

CO GALLO DO DESEÑO DO EX LIBRIS

 


RECORDO DA INFANCIA

Naquela caixa de cartón
na que gardaba os meus primeiros libros,
biblioteca encantada
que alimentaba soños e ilusións.

Este meu gran tesouro
gardaba debaixo da miña cama
como cada noite
despois de gozar coa lectura.

Unha tráxica noite ou non sei cando
miña gatiña querida
pare na máxica caixa dos meus libros,
quizais quixera que os seu gatiños amaran a lectura.

Volvo da escola,
vou con todas as ansias
debaixo da miña cama,
onde estaban os meus tesouros.

Prantos, berros, desacougo...
A caixa non estaba alí (¡¡¡???),
miña avoiña da alma ao verme así,
meu netiño a caixa tiña o aire...

Naceran sete preciosos gatiños nela.
Túa nai tirouna ao río
para que non colleras o aire.
Aire, que aire?

Gran berro desconsolado,
polo río abaixo vai
a miña caixiña dos soños,
miña primeira biblioteca.

Que tristura!
Consoloume meu avó, gran lector,
cando lle daba meu beixo de boas noites
sempre estaba a ler.

Non te preocupes, dicíame,
empezaremos de novo
e sempre terei un libro para ti.
E hoxe teño libros por toda a casa.

Os libros, sempre foron e serán
os meus compañeiros da alma,
xanelas de vida e liberdade;
que non veñan aires que couten os nosos soños, a nosa liberdade!

Declamando Galicia dos Soños na Gaiola de Manuel María
Acompañado á guitarra por meu amigo Xosé Duarte Rañó
Na Praza de Galicia de Vilagarcía de Arousa
na CXXXIV MESA DAS VERBAS (04/08/2023  20:00 - 21:15)



sábado, 22 de julio de 2023

A FARSA DO CARRIL XA TEN SEU LIBRO

 

Carlos Rey coautor do libro explicando as súas pescudas

Xa vai uns anos, temos dedicadas varias entradas deste blog á chamada Danza de Espadas de Carril, ou Farsa, que se representa todos os anos á tardiña na festa patronal de Carril, os 25 de xullo, día de Santiago Apóstolo, no transcurso da procesión en homenaxe ao patrón das Españas, tamén Día da Patria Galega. Festa rachada na capital de Galicia e en moitas parroquias da nosa Terra. É un espectáculo e unha festa extraordinarios na famosa vila arousá, coñecida pola súa gastronomía, polas ameixas de Carril e por ver a fermosa illa de Cortegada deitada no seu mar. Xa meu pai gustaba moito desta danza e das festas de Carril, no Día do Carme, nas Festas de San Fidel e claro está no día do patrón. Nos meus anos mozos teño desfrutado moito con todas as festas do meu Carril nativo e gozo e gozaba con numerosas amizades daquela vila, algunhas, lamentablemente, xa definitivamente ausentes.
Pois ben, o pasado martes, día 18 de xullo de 2023, a partires das 20:30 h. e nas instalacións da Sociedade o Gato Negro de Carril tivo lugar a presentación do libro de Carlos Rey Cebral e de Cristian Silva Bóveda, o primeiro, meu prezado amigo da mocidade, encargouse da parte histórica e descriptiva da Farsa. Cristian fixo o estudo técnico e musical da danza, documentando a orixe e a evolución da farsa con interesantes ilustracións musicais. Parabéns aos autores polo seu traballo e tamén ao Concello de Vilagarcía de Arousa por patrocinar e editar esta necesaria obra e por promocionar a autores e artistas locais como son Carlos e Cristian.





Tendo en conta que o principal obxectivo da publicación é o divulgativo nada hai que obxectar é unha publicación excelente, agás que na parte iluminativa e de documentación, sobre todo na primeira parte, habería que reflectir mellor e máis amplamente as citas documentais para xustificar axeitadamente  a argumentación, utilizando mellor as notas a pé de páxina e concretando máis as citas bibliográficas, indicando as páxinas de onde se obtiñan datos e aspectos históricos e argumentativos. Pero, non perdamos de vista que non é unha publicación de carácter estrictamente académico, senón para dar a coñecer ao público xeral todo o de interese desta danza, desta farsa de orixe gremial, da vida pescadora; por iso cumpre perfectamente os seus obxectivos. Habería que realizar moitas máis publicacións sobre diversas cuestións do noso Concello. Animando a Carlos e a Cristian para que nos sorprendan con máis estudos divulgativos para coñecer a historia e as curiosidades do noso pobo.

O lugar de celebración do acto, quizais non foi o máis axeitado, tendo en conta a cantidade de público interesado por asistir, moita xente quedou fóra e moitas persoas tiveron que estar de pé e de forma incómoda. Tamén estivo un tanto desequilibrado o acto na participación dos distintos relatores.

E se é certa a queixa que apareceu en La Voz de Galicia - Arousa por parte do fotógrafo e artista Xosé Duarte Rañó, habería que rectificar e nunha próxima edición citar axeitadamente aos autores/as das fotografías e das imaxes; hai que procurar ser coidadosos nestes aspectos e respectar e citar esas autorías obviadas, a parte técnica da edición debera contemplar estas cuestións para non ferir sensibilidades e obrar con correción.

Neste enderezo electrónico poden ler a opinión, do bo amigo Rañó.


A pesares, destas pequenas críticas, trátase dun libro moi necesario e digno de ser loado e lido.

Agora todos a Carril, sobre as 19:30 h., do día 25, poderemos gozar da beleza e dos case 500 anos de historia desta Danza das Espadas, desta Farsa do pobo de Carril, que desde o adro da igrexa parroquial recorre as principais rúas e prazas da belida vila carrilexa.





domingo, 16 de julio de 2023

XERMÁN TORRES EN PONTEVEDRA VIVA

ARTIGOS EN PONTEVEDRA VIVA: https://www.pontevedraviva.com

Germán-Manuel Torres-de-Aboal

Xermán Torres

Universidade de Vigo, Facultade de Educación e Traballo Social, 32004 , Ourense, España. https://orcid.org/my-orcid?orcid=0009-0002-2000-5901

 

1.- O Dr. Santos Junior, un sabio portugués, amigo de Filgueira Valverde. Domingo, 10/02/2013.https://www.pontevedraviva.com/opinion/253/pontevedra-filgueira-valverde-santos-junior-portugues-torres/

2.- A escola, para quen a traballa. Luns, 18/02/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/272/pontevedra-escola-traballa-xerman-torres-opinion/

3.- Lembranza dun mestre inesquecible, D. Victoriano Rosales. Luns, 11/03/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/318/pontevedra-mestre-victoriano-rosales-xunqueira-torres/

4.- A Igrexa compostelana está nun proceso sinodal pero, que é un sínodo diocesano? Martes, 19/03/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/336/pontevedra-sinodal-igrexa-diocesano-xerman-torres/

5.- Eu fun testemuña. Xoves, 11/04/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/384/pontevedra-opinion-xerman-torres-eu-fun-testemuna/

6.- Defensa da inutilidade, fronte ao culto da excelencia. Domingo, 28/04/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/427/inutilidade-excelencia-fascismo-xerman-torres-opinion/

7.- Requiem polo noso cine. Martes, 21/05/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/474/pontevedra-opinion-xerman-torres-requiem-noso-cine/

8.- Números homoxéneos vs heteroxéneos. Luns, 17/06/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/530/numeros-homoxeneos-heteroxeneos-xerman-torres/

9.- Cultura, eras ti. Xoves, 11/07/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/562/cultura-eras-ti-german-torres-aboal/

10.- Rara Avis. Domingo, 15/09/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/653/rara-avis-xerman-torres/

11.- Crítica literaria: ‘A Porta de Europa’ de Sabela Muñiz. Luns, 23/12/2013. https://www.pontevedraviva.com/opinion/823/porta-europa-sabela-muniz-xerman-torres/

12.- Mentira. Domingo, 23/03/2014. https://www.pontevedraviva.com/opinion/995/mentira-xerman-torres/

13.- Homes máquina con corazóns de máquinas (en homenaxe a Ana María Matute). Martes, 01/07/2014. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1171/homes-maquina-corazons-ana-maria-matute-xerman-torres/

14.- Filgueira é merecente de tal honra. Domingo, 13/07/2014. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1192/filgueira-valverde-merecente-honra-xerman-torres/

15.- Filgueira habla del teatro en su instituto. Xoves, 21/08/2014. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1238/filgueira-teatro-instituto-xerman-torres/

16.- Educar non para unha falsa ilusión. Domingo, 18/01/2015. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1492/educar-falsa-ilusion-xerman-torres-opinion/

17.- As pantuflas de Filgueira e outras lindezas. Luns, 23/02/2015. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1542/pantuflas-filgueira-valverde-lindezas-xerman-torres/

18.- Filgueira e a música. Luns, 14/05/2015. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1660/filgueira-musica-xerman-torres-opinion/

19.- Filgueira Valverde Semper Docuit. Luns, 26/10/2015. https://www.pontevedraviva.com/opinion/1926/filgueira-valverde-semper-docuit-german-torres/

20.- Castelao, pontevedrés por opción. Domingo, 31/01/2016. https://www.pontevedraviva.com/opinion/2088/xerman-torres-castelao-pontevedres-opcion-opinion/

21.- Revalidar o sistema. Luns, 06/06/2016. https://www.pontevedraviva.com/opinion/2343/opinion-revalidar-sistema-xerman-manuel-torres/

22.- Deberes si, deberes non? Isa é a cuestión. Mércores, 18/01/2017. https://www.pontevedraviva.com/opinion/2719/xerman-torres-deberes-escolares/

23.- Un educador e o seu amigo entre flores. Martes, 06/03/2018. https://www.pontevedraviva.com/opinion/3666/opinion-un-educador-e-o-seu-amigo-entre-flores-xerman-manuel-torres/

24.- Filgueira Valverde, un home de éxito. Venres, 02/12/2022. https://www.pontevedraviva.com/opinion/7918/filgueira-valverde-home-exito-xerman-manuel-torres-de-aboal/

25.- O neno que bailaba coas campás, Manoliño, o de Inés. Xoves, 22/12/2022. https://www.pontevedraviva.com/opinion/7978/neno-bailaba-campas-manolino-ines-xerman-torres/

26.- 2023, ano do Seminario de Estudos Galegos. Sábado, 07/01/2023. https://www.pontevedraviva.com/opinion/8011/seminario-estudos-galegos-consegue-apoio-sociedade-galega-xerman-torres/

27.- Xosefa Iglesias Vilarelle. Luns, 30/01/2023. https://www.pontevedraviva.com/opinion/8071/xosefa-iglesias-vilarelle-xerman-torres-seminario-estudos-galegos/

28.- O Concello de Caldas de Reis homenaxe ao insigne e lembrado mestre Victoriano Rosales Álvarez. Mércores, 15/02/2023. https://www.pontevedraviva.com/opinion/8109/concello-caldas-reis-homenaxea-insigne-lembrado-mestre-victoriano-rosales-alvarez/

29.- Un Museo para un pobo. Xoves, 06/07/2023. https://www.pontevedraviva.com/opinion/8464/museo-para-pobo-xerman-torres/ 


Xermán Torres nun acto cultural con D. Xesús Alonso Montero
Imaxe de Andrea Fdez. Maneiro


miércoles, 21 de junio de 2023

AUTOBIOGRAFÍA E AUTOBIBLIOGRAFÍA - AUTOBIOGRAPHY AND AUTOBIBLIOGRAPHY

 

Imaxe de Andrea Fernández Maneiro, 16/06/2023

Esta información foi colgada en ORCID:


Nado en Vilagarcía de Arousa, o 3 de maio de 1957. Pasou os trece primeiros anos da súa vida na fermosa vila pontevedresa de Caldas de Reis, lembrada con cariño, e onde estudou nos colexios da Encarnación, San Fermín dos padres Somascos, Graduada de Nenos, e nestes primeiros estudos, lembra especialmente a un querido e respectado mestre desta etapa, Victoriano Rosales Álvarez.

Comezou os seus estudos secundarios no Seminario Menor de Tui, que lle deixaron unha fonda e rendible pegada. Realizou o bacharelato e o COU no Instituto Nacional de Educación de Ensino Medio Calvo Sotelo, hoxe IES Castro Alobre da súa cidade natal.

Iniciou os seus estudos universitarios na Escola Universitaria de Formación do Profesorado EXB de Pontevedra, onde obtivo o título de Diplomado. Posteriormente, obtivo a Licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación pola UNED, onde realizou cursos de doutoramento, adquirindo a Suficiencia Investigadora coa cualificación de Sobresaliente.

Actualmente realiza o Programa de Doutoramento en Ciencias da Educación e do Comportamento na Universidade de Vigo na súa Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense. Prepara a súa tese de doutoramento "Xosé Fernando Filgueira Valverde, unha traxectoria como educador (1939-1996)", baixo a dirección do doutor Xosé Manuel Cid Fernández.

Estudou francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra.

Ten acreditación como Monitor de Balonmán

En 1982 accede a unha praza de profesor de EXB por oposición, xubilouse en xaneiro de 2022, tras 39 anos de servizo no ensino público. Adquiriu a especialidade como profesor de Lingua Galega na Consellería de Educación da Xunta de Galicia, traballou durante máis de 21 anos como orientador de Educación Infantil e Primaria, coordinando un Seminario de Orientadores na área educativa de Vilagarcía de Arousa durante seis cursos, participou en numerosos cursos, xornadas e programas de formación permanente, organizados pola Consellería, Universidades e Sindicatos, colaborou nos servizos de Dinamización Lingüística da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Antes deste acceso ao ensino público traballou no ensino privado e colaborou co Concello de Vilagarcía de Arousa na formación do persoal funcionario.

No curso 1993-1994, desfrutou dunha licenza de estudos para investigar sobre Teatro Galego.

Con inquietudes de carácter social, cultural e deportivo, pertenceu e pertence a distintas sociedades e institucións: Parroquia Santa Baia de Arealonga en Vilagarcía de Arousa, Club Xuvenil Vilagarcián, dependente do Ministerio de Cultura (que pasou a presidir), AUXILIA (asociación de promoción de persoas con discapacidade física), CÁRITAS (que chegou a presidir na súa parroquia e na comarca de Arousa), Asociación de Pais e Nais da formación musical de Vilagarcía de Arousa ATRIL (que chegou a presidir e onde impulsou a creación do Conservatorio Profesional de Música da súa cidade natal), socio do Arosa S.C. (contribuíu á creación da Escola de Fútbol e aos inicios do fútbol base dese club), pertenceu e axudou a fundar a Asociación Galega de Orientadores, e actualmente preside a Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa.

No ámbito profesional, é membro da Sociedade Española de Historia da Educación e da Sociedade Española de Pedagoxía.

A súa paixón é a educación, a cultura e a lectura e a escritura; especialmente a poesía e o teatro, tendo recibido en varias ocasións algúns premios nestas dúas últimas modalidades literarias, ademais de publicar libros e artigos sobre este tema.

E ten afección á investigación sobre a Historia da Educación do século XX en Galicia, centrada en personaxes da xeración do Seminario de Estudos Galegos e dos seus profesores da Xeración Nós.

________


Nacido en Vilagarcía de Arousa, el 3 de mayo de 1957. Pasó los trece primeros años de su vida en la hermosa villa pontevedresa de Caldas de Reis, de grato recuerdo, y en donde cursó sus primeros estudios en los colegios de la Encarnación, San Fermín de los padres Somascos y en la Graduada de Niños, recuerda especialmente a un maestro querido y respetado de esta etapa, Victoriano Rosales Álvarez.

Dio comienzo a los estudios secundarios en el Seminario Menor de Tui, que le dejaron una profunda y provechosa huella. Completó la enseñanza secundaria y el COU en el Instituto Nacional de Enseñanza Media Calvo Sotelo, hoy IES Castro Alobre de su ciudad natal.

Inicio su formación universitaria en la Escuela Universitaria de Formación del Profesorado de EGB de Pontevedra, en donde alcanzó el título de Diplomado. Más tarde consigue su Licenciatura en Filosofía y Ciencias de la Educación por la UNED, donde hizo los cursos de doctorado, adquiriendo la Suficiencia Investigadora con la calificación de Sobresaliente.

En la actualidad, se encuentra realizando el Programa de Doctorado de Ciencias de Educación y del Comportamiento en la Universidade de Vigo en su Facultade de Educación e Traballo Social del Campus de Ourense. Tiene en proceso de elaboración su tesis doctoral “Xosé Fernando Filgueira Valverde, unha traxectoria como educador (1939-1996)”, bajo la dirección del Dr. Xosé Manuel Cid Fernández.

Cursó estudios de Francés en la Escuela Oficial de Idiomas de Pontevedra.

Posee la acreditación como Monitor de Balonmano.

En el año 1982 accede por oposición a una plaza como profesor de EGB, se jubiló en enero de 2022, después de 39 años de servicios en la enseñanza pública. Adquiere en la Consellería de Educación de la Xunta de Galicia la especialidad como profesor de Lengua Gallega, ejerció más de 21 años como orientador de Educación Infantil y Primaria, coordinando durante seis cursos un Seminario de Orientadores de la zona educativa de Vilagarcía de Arousa, participó en numerosos cursos, jornadas y programas de formación permanente, organizados por la Consellería, Universidades y Sindicatos, colaboró en los servicios de Dinamización Lingüística de la Consellería de Educación de la Xunta de Galicia. Previo a este acceso a la enseñanza pública, ejerció la enseñanza privada y colaboró con el Ayuntamiento de Vilagarcía de Arousa en la formación de funcionarios.

En el curso 1993-1994 disfrutó de una licencia de estudios para investigar sobre Teatro Gallego.

Con inquietudes de tipo social, cultural y deportivo perteneció y pertenece a distintas sociedades e instituciones: Parroquia Santa Eulalia de Arealonga de Vilagarcía de Arousa, Club Juvenil Vilagarciano, dependiente del Ministerio de Cultura (que llegó a presidir), AUXILIA (asociación de promoción de personas con discapacidades físicas), CÁRITAS (que llegó a presidir en su parroquia y en la comarca de Arousa), Asociación de Padres de la formación musical de Vilagarcía de Arousa ATRIL (que llegó a presidir y donde promovió la creación del Conservatorio Profesional de Música de su ciudad natal), socio del Club de fútbol Arosa S.C. (contribuyó a la creación de la Escuela de Fútbol y a los inicios del fútbol base de dicho club), perteneció y ayudó a fundar la Asociación de Orientadores de Galicia, preside en la actualidad la Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa.

En el ámbito profesional es miembro de la Sociedad Española de Historia de la Educación y de la Sociedad Española de Pedagogía.

Su pasión son la educación, la cultura y la lectura y escritura; sobre todo la poesía y el teatro, habiendo recibido algunos premios en varias ocasiones en estas dos últimas modalidades literarias, así como publicando libros y artículos sobre dicha temática.

Y tiene afición por la investigación en lo concerniente a la Historia de la Educación del siglo XX en Galicia, centrado en personajes de la generación del Seminario de Estudos Galegos y de sus maestros de la Generación Nós.

___________


Born in Vilagarcía de Arousa, on May 3, 1957. He spent the first thirteen years of his life in the beautiful town of Caldas de Reis, Pontevedra, fondly remembered, and where he studied at the schools of La Encarnación, San Fermín of the Somascos parents and in the Children's Graduate, especially remembers a beloved and respected teacher of this stage, Victoriano Rosales Álvarez.

He began his secondary studies at the Tui Minor Seminary, which left a deep and fruitful mark on him. He completed secondary education and the COU at the Calvo Sotelo National Institute of Media Education, today IES Castro Alobre in his hometown.

He began his university education at the EGB Teacher Training University School in Pontevedra, where he obtained a Diploma. Later he gets his Bachelor's Degree in Philosophy and Educational Sciences from UNED, where he did doctoral courses, acquiring Research Sufficiency with the qualification of Outstanding.

Currently, he is doing the Doctorate Program in Education and Behavioral Sciences at the Universidade de Vigo (University of Vigo) in its Facultade de Educación e de Traballo Social (Faculty of Education and Social Work) on the Ourense Campus. He is in the process of preparing his doctoral thesis "Xosé Fernando Filgueira Valverde, unha traxectoria como educador (1939-1996)” (Xosé Fernando Filgueira Valverde, a career as an educator -1939/1996-), under the direction of Dr. Xosé Manuel Cid Fernández.

He studied French at the Official Language School of Pontevedra.

He has accreditation as a Handball Monitor.

In 1982 he accessed a position as an EGB teacher through opposition, he retired in January 2022, after 39 years of service in public education. He acquired the specialty as a Galician Language teacher in the Department of Education of the Xunta de Galicia, he worked for more than 21 years as a counselor for Early Childhood and Primary Education, coordinating a Seminar for Counselors in the educational area of Vilagarcía de Arousa for six courses, he participated In numerous courses, conferences and permanent training programs, organized by the Department, Universities and Unions, he collaborated in the Linguistic Promotion services of the Department of Education of the Xunta de Galicia. Prior to this access to public education, he worked in private education and collaborated with the Vilagarcía de Arousa City Council in the training of civil servants.

In the 1993-1994 academic year he took a study leave to investigate Galician Theatre.

With concerns of a social, cultural and sporting nature, he belonged and belongs to different societies and institutions: Santa Eulalia de Arealonga Parish in Vilagarcía de Arousa, Vilagarciano Youth Club, dependent on the Ministry of Culture (which he came to preside over), AUXILIA (association for the promotion of people with physical disabilities), CÁRITAS (who came to preside in his parish and in the region of Arousa), Association of Parents of the musical formation of Vilagarcía de Arousa ATRIL (who came to preside and where he promoted the creation of the Professional Conservatory of Music from his hometown), member of the Arosa S.C. (He contributed to the creation of the Soccer School and to the beginnings of grassroots football for that club), he belonged to and helped found the Galician Orienteers Association, and currently chairs the Mesa das Verbas Cultural Association of Vilagarcía de Arousa.

In the professional sphere, he is a member of the Spanish Society for the History of Education and the Spanish Society of Pedagogy.

His passion is education, culture and reading and writing; especially poetry and theater, having received some awards on several occasions in these last two literary modalities, as well as publishing books and articles on this subject.

And he has a fondness for research regarding the History of Education in the 20th century in Galicia, focused on characters from the generation of the Seminario de Estudos Galegos and his teachers from the Generación Nós.


___________


Né à Vilagarcía de Arousa, le 3 mai 1957. Il a passé les treize premières années de sa vie dans la belle ville de Caldas de Reis, Pontevedra, dont on se souvient avec tendresse, et où il a étudié dans les écoles de La Encarnación, San Fermín des pères Somascos et dans la « Graduada » pour enfants, se souvient surtout d'un enseignant bien-aimé et respecté de cette étape, Victoriano Rosales Álvarez.

Il a commencé ses études secondaires au Petit Séminaire de Tui, qui l'ont marqué profondément et fructueusement. Il a terminé ses études secondaires et le COU à l'Institut national d'éducation secondaire Calvo Sotelo, aujourd'hui IES Castro Alobre dans sa ville natale.

Il a commencé sa formation universitaire à l'école universitaire de formation des enseignants EGB à Pontevedra, où il a obtenu un diplôme. Plus tard, il a obtenu son baccalauréat en Philosophie et Sciences de l'Éducation à l'UNED, où il a suivi des cours de doctorat, acquérant une recherche suffisante avec la qualification d'exceptionnel.

Actuellement, il réalise le programme de doctorat en Sciences de l'Éducation et du Comportement à la Universidade de Vigo (l'Université de Vigo) dans sa Facultade de Educación e de Traballo Social (Faculté d'Éducation et de Travail Social) sur le campus d'Ourense. Il prépare sa thèse de doctorat "Xosé Fernando Filgueira Valverde, une carrière d'éducateur (1939-1996)", sous la direction du Dr Xosé Manuel Cid Fernández.

Il a étudié le français à l'École Officielle des Langues de Pontevedra.

Il a une accréditation en tant que moniteur de handball

En 1982, il accède à un poste d'enseignant de l'EGB par opposition, il prend sa retraite en janvier 2022, après 39 ans de service dans l'enseignement public. Il a acquis la spécialité en tant que professeur de langue galicienne au Département d'éducation de la Xunta de Galicia, il a travaillé pendant plus de 21 ans en tant que conseiller pour la petite enfance et l'enseignement primaire, coordonnant un séminaire pour conseillers dans le domaine éducatif de Vilagarcía de Arousa pour six cours, il a participé à de nombreux cours, conférences et programmes de formation permanente, organisés par le Département, les Universités et les Syndicats, il a collaboré aux services de Promotion Linguistique du Département de l'Éducation de la Xunta de Galicia. Avant cet accès à l'enseignement public, il a travaillé dans l'enseignement privé et a collaboré avec la Mairie de Vilagarcía de Arousa dans la formation des fonctionnaires.

Au cours de l'année académique 1993-1994, il a pris un congé d'études pour enquêter sur le théâtre galicien.

Avec des préoccupations de nature sociale, culturelle et sportive, il a appartenu et appartient à différentes sociétés et institutions: Paroisse Santa Eulalia de Arealonga à Vilagarcía de Arousa, Club de la jeunesse Vilagarciano, dépendant du ministère de la Culture (qu'il est venu présider), AUXILIA (association pour la promotion des personnes handicapées physiques), CÁRITAS (qui est venu présider dans sa paroisse et dans la région d'Arousa), Association des parents de la formation musicale de Vilagarcía de Arousa ATRIL (qui est venu présider et où il promu la création du Conservatoire professionnel de musique de sa ville natale), membre de l'Arosa S.C. (Il a contribué à la création de l'école de football et aux débuts du football de base pour ce club), il a appartenu et aidé à fonder l'Association galicienne des orienteurs et préside actuellement l'Association culturelle Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa.

Dans le domaine professionnel, il est membre de la Société Espagnole d'Histoire de l'Éducation et de la Société Espagnole de Pédagogie.

Sa passion est l'éducation, la culture et la lecture et l'écriture ; en particulier la poésie et le théâtre, ayant reçu des prix à plusieurs reprises dans ces deux dernières modalités littéraires, ainsi que la publication de livres et d'articles sur le sujet.

Et il a un penchant pour la recherche sur l'histoire de l'éducation du XXe siècle en Galice, centrée sur les personnages de la génération du Seminario de Estudos Galegos et ses professeurs de la Generación Nós.



BIBLIOGRAFÍA

Germán-Manuel Torres-de-Aboal

Torres de Aboal, G.M. (1996). Ó galego polo teatro. Cumio. ISBN: 84-8289-025-5.

Torres de Aboal, G.M. (2007). Hidromel. Concello de Vilagarcía de Arousa. DL.: 205-07.

Torres de Aboal , G. (2007). Filgueira Valverde, semblanza dun educador.En Valle Pérez, X.C. (ed.). Xosé Filgueira Valverde, 1906-1996, un século de Galicia. Museo de Pontevedra / Sociedad Española de Conmemoraciones Culturales. D.L.: VG 753-2007. ISBN 978-84-95632-34-0.

Torres de Aboal, X.M. (2015). O ensino na Pontevedra de Filgueira Valverde. En Monteagudo Romero, H. et Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Boletín da Real Academia Galega. Xosé Filgueira Valverde. Núm. 376. Real Academia Galega. ISSN: 1576-8767. DOI: https://doi.org/10.32766/brag.376.465

Torres, X. M. (2015). Xosé Filgueira Valverde, Alcalde de Pontevedra (1959-1968). Aspectos Educativos e Culturais. pasionporloslibros. ISBN: 978-84-16582-01-3.

Torres de Aboal, X. M. (2016). Xosé Filgueira Valverde, paradigma do humanista galego do século XX. En Galegos / Gallegos, núm. 22/I. Ézaro. ISSN: 1889-2590.

Torres de Aboal, G. M. (2019). O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936), o labor científico pola construcción dunha identidade galega. En X. M. Cid et M. V. Carrera (Coords.). XX Coloquio Historia de la Educación, Identidades, Internacionalismo, Pacifismo y Educación (S. XIX Y XX). Sociedad Española de Historia de la Educación. ISBN: 978-84-09-12335-3.

Torres de Aboal, G. M. (2020). Antón Fraguas Fraguas e Xosé Filgueira Valverde, dous grandes amigos na galeguidade. Novas Ediçoes Acadêmicas.

 ISBN: 978-620-0-80607-9

Torres de Aboal, G. M. (2021). Xosé Filgueira Valverde, Educador (1906-1996). En X. M. Cid (Coord.). Avances en Investigación Educativa e do Compotamento. Andavira. ISBN: 978-84-123245-7-0.

Torres de Aboal (2022). Práctica innovadora en la docencia del profesor José Filgueira Valverde (1906-1996), catedrático de instituto de Lengua y Literatura Española (1935-1976). En La cultura y el humanismo del siglo XXI / coord. por Daniel Becerra Fernández, Paloma López Villafranca, María del Pilar Díaz Cuevas. ISBN 9788411242974.

Torres de Aboal, G. (2022). José Filgueira Valverde, su trayectoria como profesor humanista (1928-1976). En CUICIID 2022: Congreso Internacional sobre Comunicación, Innovación, Investigación y Docencia. Libro de actas / coord. Por David Caldevila Domínguez, 2022, ISBN 978-84-09-43242-4.

Torres de Aboal, G. (2022). José Filgueira Valverde (1928-1976): Su experiencia como profesor humanista. En Human Review: International Humanities Review / Revista Internacional de Humanidades, ISSN-e2695-9623, Vol. 15, Nº 2, 2022 (Ejemplar dedicado a: Monograph: “History as a Story”). DOI: https://doi.org/10.37467/revhuman.v11.4225

 






Germán-Manuel Torres-de-Aboal

Un libro, unha xanela aberta á vida.