jueves, 21 de agosto de 2025
O MUSEO DE PONTEVEDRA, SEMPRE! A obra máis mimada de Filgueira Valverde (II)
martes, 10 de junio de 2025
FILGUEIRA VALVERDE E CALDAS DE REIS, ENTRE OUTRAS COUSAS
miércoles, 30 de abril de 2025
FILGUEIRA VALVERDE, PROFESOR E DRAMATURGO
Professor Xosé Filgueira Valverde (1928-1976), as I have already reflected, used theater in his teaching practice and as an educational manager, as a very useful literary genre in the teaching-learning processes of language and literature. He proposed an active study for the use of language and literature. Being a pioneer of school theater in Galicia. He himself is the author of theater plays in both Galician and Spanish.
I talk
about all of this in this recent publication, a consequence of my participation
in the CUICIID-2023 congress:
O profesor Xosé Filgueira Valverde (1928-1976), xa o teño reflictido, utilizou na súa práctica docente e como xestor educativo o teatro, como un xénero literario moi útil nos procesos de ensino-aprendizaxe da lingua e da literatura. El propoñía un estudo activo polo uso da lingua e da literatura. Sendo un pioneiro do teatro escolar en Galicia. El mesmo é autor de pezas de teatro tanto en galego como en castelán.
De todo iso falo nesta recente publicación, consecuencia da miña participación no congreso CUICIID-2023:
Torres de Aboal, G.M. (2024). José Filgueira Valverde (1928-1976), profesor y dramaturgo. Beneficios de la práctica teatral en la escuela. En Tomás López, A., Navarro Lalanda, S., Rivera Salas, P.E., Las artes como expresión vital. Ciencias sociales en abierto 2. Peter Lang. (pp. 457-468).
DOI 10.3726/b22580
https://doi.org/10.3726/b22580
sábado, 21 de septiembre de 2024
ABOUT FILGUEIRA VALVERDE - A VOLTAS CON FILGUEIRA VALVERDE
ESTANDO A REPENSAR A FILGUEIRA VALVERDE
Co
meu querido e admirado Filgueira Valverde en 1994.
El
ocupa a maior parte dos meus estudos e investigacións.
Xosé Filgueira Valverde
(Pontevedra, 1906-1996) veu ao mundo no seo dunha familia burguesa acomodada,
seu pai Xosé María Filgueira Martínez (1871-1938), un prezado e recoñecido
médico de Pontevedra, procedente dunha familia campesiña ben situada de Mourente,
a súa nai Araceli Valverde Yaquero (1870-1946) nacida en Ugíjar (Granada), que
veu a Galicia acompañando ao seu tío Eduardo Valverde Cazorla (1838-1895), que
veu ocupar o cargo de deán da catedral de Santiago de Compostela, ela chegou a
profesar nas Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl e prestou servizos no
Hospital de Pontevedra onde chegaría a coñecer ao que sería seu esposo e pai do
seu único fillo. Filgueira Valverde dixo
que os seus pais “foron os meus primeiros e mellores mestres”. Un fogar tradicional
e moi relixioso. Seu pai fixera estudos eclesiásticos antes de dedicarse á
medicina, tiña, pois unha fonda cultura clásica e científica, con amplos
coñecementos “do latín e algo de grego”, así como moi “sabidor das cousas da
natureza”. Era un gran cazador. Súa nai ao abandonar a súa congregación
relixiosa, dedicouse plenamente ao fogar e á educación do seu querido fillo.
Seu padriño, o doutor César Enrique López de la Ballina (1869 -1939), querido e
lembrado médico de Lérez que tamén foi subdirector do Hospital de Pontevedra e
fundador da Sociedade Arqueolóxica da mesma cidade, íntimo amigo, case irmán do
seu pai, tamén influíu na súa educación, fomentando o seu amor polos libros e a
súa paixón pola historia. Desde a nenez,
pois, foi formando unha personalidade conservadora, tradicional e moi
relixiosa, debido á influencia dos seres que máis o marcaron na vida e aos que
máis amou. Así mesmo, desde moi neno recibiu a influencia dos franciscanos
e xesuítas de Pontevedra, cidade que tamén o educa e lle deixa unha forte
pegada; sempre levou a Pontevedra na súa
mente e no seu corazón, a súa cidade natal que tanto lle deu e á que tanto lle
dou.
Desde os inicios da súa
formación foi un extraordinario,
brillante e precoz estudante e estudoso, máis inclinado aos libros que aos
xogos, relacionándose axiña con persoas maiores ca el, dicía que dos maiores aprendía moito e eran as
persoas que transmitían sabedoría. No Instituto de Pontevedra, o seu
profesor, o seu mestre preferido e máis querido foi Antón Losada Diéguez (1884-1929),
líder e promotor da Xeración Nós, confesaba el, que despois dos seus pais, Losada foi seu “mellor e máis querido mestre”.
Participaba no famoso faladoiro de Losada desde os 13 anos, relacionándose con
personaxes importantes da cultura galega, como seu prezado e admirado profesor
de Debuxo, o grande Castelao (1886-1950),
quen lle dixo a Filgueira Valverde mociño: “sé ti mesmo”. Tamén entrou en
contacto con outro mestre “gratuíto” e amigo, o seu veciño Antonio Iglesias
Vilarelle (1891-1971). Así mesmo, desde os seus 16 anos participaba no singular
faladoiro de Casto Sampedro y Folgar (1848-1937),
o primeiro director do Museo de Pontevedra (1927, 1929), sendo Filgueira
Valverde (un mociño de menos de 21 anos) o primeiro secretario técnico do
Museo, formaba equipo e sería sucesor no Museo doutro dos seus queridos mestres
gratuítos. Tamén por estas épocas entra en contacto e fai unha fonda amizade,
que só racharía a morte, con outro dos seus mestres gratuítos pontevedreses
Francisco Xavier Sánchez Cantón (1891-1971). De tales vimbios formouse o cesto, o denominador común destes grandes
mestres e amigos é o seu conservadurismo e a súa catolicidade.
Con menos de 17 anos
(1922), topamos a Filgueira Valverde de mozo estudante na súa queridísima
Compostela, brillante alumno de Dereito e de Historia, aquí sería un dos
mellores artífices e socio fundador da máis importante institución privada de carácter científico de Galicia no
século XX, o inesquecible e insuperable Seminario de Estudos Galegos (12/10/1923-1936),
esta iniciativa estudantil axiña conta co apoio da Universidade de Santiago de
Compostela, co da Xeración Nós (Losada, Otero Pedrayo, Castelao, Risco,
Cuevillas, Ramón Cabanillas, Xocas,...), os mozos da Xeración do Seminario son
considerados os epígonos do Grupo Nós, os mozos toman a dianteira, a vangarda e
son seguidos polos mestres de Nós, pola Universidade e por unha parte
significativa da intelectualidade e da sociedade galega daquel tempo, mesmo os
catedráticos Armando Cotarelo Valledor (1879-1950) e Salvador Cabeza de León
(1864-1934) son o primeiro e o segundo presidentes do SEG. Esta rica, querida e
lembrada etapa formativa acrecenta amizades e relacións para toda a vida, todos
os citados, e por tan só citar a uns poucos máis, Fermín Bouza Brey (1901-1973),
Antón Fraguas Fraguas (1905-1999). Compostela
deixa pois unha fonda influencia na personalidade e na educación de Filgueira
Valverde e outra vez predominan as ideas conservadoras e fondamente
relixiosas. E Filgueira nunca renunciará a elas e sempre será fiel, coherente e consecuente con tales ideas.
No seu facer de mozo
docente e de profesor e de catedrático, así como de director con longa
experiencia (1928-1976) Filgueira Valverde aproveitou sabiamente os seus amplos
e variados coñecementos, que o conformaron como o último gran polígrafo humanístico de Galicia. De todo isto se
beneficiaron o seu alumnado e as súas familias, a propia cidade amada de
Pontevedra e a non menos amada Galicia, a súa lingua e a súa cultura. Quédanos,
pois a súa traxectoria vital, a súa magna obra, o seu legado.
Filgueira
non foi o típico sabio “pechado na súa torre de marfil”,
participou en política, en distintos momentos da súa vida e en distintos
cargos, para coas súas ideas e co seu bagaxe servir á súa comunidade.
Hai persoas que
pretenden acaparar ou apropiarse, desde as súas posturas políticas, en
exclusiva de Galicia e do seu idioma, Galicia
somos todos “a xente e máis a fala”. E se nos declaramos demócratas, porque
a democracia é o menos malo dos sistemas políticos, cabemos todos, debémonos
respectar todos e non tratar de asimilar
aos demais ás nosas propias ideas, impoñéndollas ou facéndolle renunciar ás
súas. Como alguén dixo, Filgueira Valverde non era un progresista nin un
revolucionario; pero non por iso debemos negar que era un home dunha sólida
formación e duns enormes coñecementos, o “home que máis sabía de Galicia” e
soubo servila e enriquecela. A súa
Xeración, o Seminario de Estudos Galegos, a Xeración Nós foron o máis
importante e imprescindible de Galicia no pasado século XX, e Filgueira
Valverde estaba aí, el enche, ou axuda a encher o século XX de Galicia desde os
puntos de vista cultural, educativo, científico, lingüístico; foi un dos que
máis escribiu sobre Galicia e de asuntos con ela relacionados. Foi un dos “bos e xenerosos” que
contribuíron ás “mil primaveras máis” para a lingua e para a cultura galegas.
Filgueira
Valverde, persoa de talante conservador e moi católica (dun “catolicismo moi
ben fundamentado e nada beato”, tal como nos declaraba seu fillo Fernando
Filgueira Iglesias -1940-), era quen de
aceptar a persoas con ideas moi diferentes ás súas
e tratar de colaborar en proxectos comúns, eran quen de integrarse en equipos
de traballo moi diversos e de carácter multidisciplinar. Era un home de carácter aberto e liberal.
El, xunto con outros
“irmáns” galeguistas non podía aceptar as políticas hostís de certos estamentos
da II República española contra da relixión católica. El non era un revolucionario nin marxista nin fascista. Era amante da
liberdade, da orde e da paz.
As absurdas loitas
fratricidas, a falta de respecto cara as
persoas e cara as institucións causaron nel unha fonda dor e tristura.
Pódese dubidar da inmensa dor e a desacougante sensación de rotundo fracaso que
sentiu polo estúpido, absurdo, arbitrario e cruel asasinato do seu amigo e
“irmán” Alexandre Bóveda (1903-1936)? Ou da inquedanza, desestabilización e
xenreira que lle causou a cruel persecución e lamentable e tristísimo exilio do
seu mestre amigo Castelao (1886-1950) e da dor e acoso que sufriron outras
moitas persoas queridas e respectadas (Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Antón Fraguas, Isaac Díaz
Pardo,...)? Todo consecuencia dunha infeliz guerra (1936-1939) e dunha
miserable, arbitraria e incongruente ditadura (1939-1978). Cren que todas estas
desgracias vividas polo noso país non lle pasaron factura á Filgueira Valverde
e a todos os galeguistas do interior que tiveron
que sobrevivir nun medio hostil que os sometía e os condenaba ao silencio e á
represión. Por iso, lles custaba tanto falar destes temas da guerra e da
ditadura e moitos falan dun pacto de silencio; pois, pretendían a
reconciliación, o consenso e agardando a que viñeran tempos mellores e máis
oportunidades para manter viva a cultura galega e tiñan arelos de volver a conseguir a liberdade, a paz, o progreso.
Filgueira
Valverde tratou en todo momento ser el mesmo e non
traicionou nunca os seus valores cristiáns e humanos nin tampouco foi un
traidor para a causa de Galicia e dos seus amigos e mestres. Sempre que puido e tivo a oportunidade
botou unha man para salvar e axudar a persoas perseguidas e reprimidas,
entre algúns de moitos exemplos, as súas actuacións no caso do mestre Golmar,
de Otero Pedrayo, de Celestino Noya e de tantos outros.
A gris ou negra e
lamentable situación de España nun longo período de tempo (1936-1978) fixo tragar
moitos sapos, moita fel, moito sangue, desgraciada e penosamente a moitas
persoas, a moitos compatriotas e entre eles a Xosé Filgueira Valverde, gran profesor, inmellorable erudito e sobre
todo moi boa e auténtica persoa.
miércoles, 24 de julio de 2024
O "PAPÁN" DE XOSÉ NÚÑEZ BÚA
Filgueira
Valverde dedícalle íntegro seu Cuarto
Adral
ao seu querido e admirado Castelao
Disque que o mestre,
avogado e escritor Xosé Núñez Búa (1903-1981), intelectual galeguista exiliado
en Arxentina, dicía que Castelao
(1884-1950) referíase a Xosé Filgueira Valverde (1906-1996) como o “papán”
e outros chamábanlle o “camaleón” e o propio Núñez Búa na súa obra Revoeira (1971) cualifica ao irmán e
profesor Filgueira como “cambia chaquetas”. Ata onde eu chego, parécenme apelativos impropios ou cando
menos, inxustos. Certamente, unha
guerra civil, divide familias, separa amizades, causa estragos materiais, pero
tamén morais e é causa de sufrimento, de dor polas inxustas arbitrariedades
e pola cruenta, cruel e fratricida violencia. Produce grandes feridas moi difíciles de curar e de cicatrizar. Da
lugar a resentimentos e a todo tipo de desquites, que doutro xeito e noutras
circunstancias non se deran producido. O propio Castelao comentou que se
chegara a encontrar con Vicente Risco (claro está, despois dos acontecementos
de 1936), o primeiro que faría, sería
darlle unha labazada para despois fundirse con el nunha forte aperta; un
intenso abrazo foi o que Castelao lle dou a Otero Pedrayo cando se topou con el
cara finais dos anos 40 do pasado século en Bos Aires, ademais das grosas
bágoas que os dous amigos verteron. Esa
foi a crueldade da nosa Guerra Incivil, plantou un muro infranqueable entre
amigos e irmáns de outrora.
Amigos e admiradores
devotos de Castelao como foron Francisco Xavier Sánchez Catón (1891-1971) e Xosé
Filgueira Valverde contribuíron xenerosa
e desinteresadamente á publicación, impresión e distribución da magnífica
primeira edición do álbum Nós do
irmán Castelao e fixeron todo o posible para manter viva a memoria do ilustre
rianxeiro. Filgueira foi o artífice de
que a maior parte da obra de Castelao non se dispersara nin se perdera e no
Museo de Pontevedra, o Museo de Filgueira, foise gardando, almacenando dita
obra e cando se produzo a oportunidade, dala a coñecer e a valorar; a maior parte da valiosa obra do rianxeiro
pode hoxe contemplarse nas salas dedicadas ao querido Castelao no Museo
pontevedrés, xa que o irmán Daniel
manifestou o desexo de que a súa obra se conservase aí, na súa querida
Pontevedra, Meu Pontevedra!
Filgueira Valverde
xestionou a aportación de compensacións económicas a Virxinia Pereira Renda
(1884-1969), viúva de Castelao e ás súas irmás Xosefina (1897-1974) e Tereixa (1900-2000)
pola cesión e pola instalación da obra de Daniel no Museo de Pontevedra, onde
hoxe no VI Edificio, chamado Castelao, podemos contemplar e gozar da súa obra.
Filgueira
Valverde dedicoulle integramente o tomo IV
de Adral ao seu benquerido e admirado
Castelao. Sánchez Cantón e Filgueira Valverde foran dous amigos,
dous irmáns pontevedreses, do ilustre e
inmortal rianxeiro.
O erudito profesor Xesús
Alonso Montero (1928) comentoume (12/06/2024) que Castelao salvoulle a vida a
Sánchez Cantón no Madrid republicano asediado polas tropas franquistas. Á fin,
Castelao, Sánchez Cantón e Filgueira tiñan sido grandes amigos que unha absurda
guerra (todas as guerras son iguais de absurdas) e unha arbitraria, terrorífica
e cruel ditadura separaron para sempre. Aínda que, polo menos, por parte de Filgueira Valverde, sempre
houbo admiración e grande agarimo cara Castelao e a súa obra.
E consta que Filgueira
Valverde foi sempre coherente e consecuente coas súas ideas e propias
conviccións, tal como nos manifestaba Francisco Fernández del Riego (1913-2010)
en 1998 e nese mesmo ano, Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) declarábanos que Filgueira Valverde “non foi traidor nunca”
e sempre foi constante na súa fidelidade e no seu amor a Galicia e á lingua
galega, que inspiran a súa vida e a súa magna obra, alguén chegou a dicir e a
titular que Filgueira era o “home que máis sabía de Galicia”, por iso convén
coñecer ben a Filgueira Valverde e non tratalo de desfigurar e dar unha imaxe
falsa e interesadamente alterada e descontextualizada por prexuízos políticos e
ideolóxicos. Hai que intentar
aproximarse ao máximo á verdade histórica e non manipulala por conveniencias
partidistas e sectarias e bendito “papán”, oxalá houbera moitos papáns como el.
miércoles, 26 de junio de 2024
FILGUEIRA VALVERDE, INCOMPRENDIDO POLITICAMENTE (1935, 1959, 1982)
Detalle
dunha foto cedida ao autor deste artigo
por
Amancio Landín Carrasco (1918-2018)
Filgueira
Valverde entre Otero Pedrayo e Aquilino Iglesia Alvariño
detrás
o propio Amancio Landín e Ramón Piñeiro, Marín, 19/04/1953
É de coñecemento
público e académico que a grande maioría dos compoñentes das xeracións Nós e do
Seminario de Estudos Galegos, que enchen cultural e sociopoliticamente o século
XX de Galicia, eran xentes de carácter
conservador e moi católicas, tamén compartían esas inquedanzas ideolóxicas
moitos dos compoñentes das Irmandades da Fala (1917) e os seus devanceiros do
movemento rexionalista do século XIX como Alfredo Brañas (1859-1900) e Manuel
Murguía (1833-1923), mesmo algúns con simpatías cara o carlismo como Antón
Losada Diéguez (1884-1929). Moitos destes personaxes, puidéramos dicir
galeguistas, procedían socialmente da pequena fidalguía ou das clases burguesas
acomodadas. Isto non tería maior importancia se sempre se vivise nunha
sociedade democrática e respectuosa coa diversidade ideolóxica e intelectual.
Pero, no noso país hai
un ano de inflexión, de involución, o
fatídico ano de 1936, despois do cal xa nada volvería a ser igual. Os
tristes e lamentables feitos acaecidos nese ano fatal condicionarían a todo o
país e a todos os seus cidadáns. O que ninguén pode negar, a pesares de todo, é
que estas mulleres e homes galeguistas, das ditas xeracións, mantiveron sempre un sumo amor por Galicia
e pola lingua galega, que a algúns costáronlle a vida, o exilio e grandes
sufrimentos. Así como aos do exilio interior anos de silencio, e de represión
brutal, os chamados “anos de chumbo”,
dentro dunha moi “longa noite de pedra”.
A
Filgueira Valverde (1906-1996) non lle tiveron en
conta nin respectaron a súa fidelidade e
a súa constancia no mantemento por sempre da súa consecuencia coas súas propias
ideas, condicionadas polas súas orixes e pola educación recibida na súa
familia e as influencias dos seus mestres, seus amigos e seus discípulos, evidentemente, el non era un home
progresista nin un revolucionario, como argumenta o profesor e intelectual
Xesús Alonso Montero (1928), nunha entrevista neste ano 2024, que pode verse en
https://academia.gal
, (28/11/2024).
Polas circunstancias
vividas no noso país nos anos 30 do pasado século, cunha situación prebélica
tanto en España como en Europa, pola loita
por conseguir a hexemonía e o poder por parte do Capitalismo, Nazifascismo
e Comunismo, prodúcese un conflito de
clases e cadaquén defende os seus intereses e conviccións ideolóxicas,
desatándose guerras, autoritarismos e crueis ditaduras. Foi o século XX, cheo de contradicións e de
loitas por conquistar o dominio sobre o mundo. Nada se aprendeu, pois en pleno século XXI, perviven guerras,
conflitos, totalitarismos e o rexurdir de postulados neofascistas. Por iso,
non interesan a historia, a filosofía, as humanidades en xeral. Seguen “os homes máquina con corazóns de máquina”
(CHAPLIN, 1940).
A Filgueira e a Vicente Risco, pero máis a Filgueira, non
lle perdoaron que no ano 1935, fundasen a Dereita Galeguista (Otero Pedrayo
estaba moi próximo a eles; mais, por fidelidade e profunda amizade con Castelao
non abandona o Partido Galeguista). Eran os tres persoas conservadoras e moi
católicas, a aprobación do artigo 26 da Constitución republicana de 1931,
ademais dos ataques gratuítos, pouco
prácticos e nada intelixentes ao sector católico do país, bastante numeroso
e con teito electoral salientable, por parte de membros destacados da II
República española, apartaron a moitos
católicos do republicanismo. Eles tan pouco podían aceptar o pacto e os
acordos do PG cos partidos da chamada Fronte Popular cos que concorren ás
eleccións de febreiro de 1936. Para eles era algo contranatura, algo contra os
seus intereses de clase. Tamén non podían asumir o ir contra dos propios
acordos internos do PG, especialmente un que rexeitaba os acordos con partidos
españolistas. A integración do PG na
Fronte Popular foi unha cuestión de táctica electoral e de pragmatismo político,
aparte da obsesión lexítima que Castelao tiña sobre a aprobación e o
recoñecemento do Estatuto de Autonomía de Galicia, plesbicitado en 1936 e pola
súa idea da constitución e creación dunha Confederación Ibérica, asuntos que
trata na súa obra: SEMPRE EN GALIZA.
Foi unha eiva de sempre
para Galicia non contar cunha dereita nacionalista, coa que si contaban Euskadi
e Catalunya. Aquí ese espectro político foi ocupado por unha dereita de orixe
españolista e de procedencia ditatorial. Foi,
pois, un erro histórico e político non recoñecer a postura de Filgueira, Risco
e Manuel Beiras (pai), entre uns poucos máis, de crear unha forza política
de dereitas netamente galega, algo da que estivo privada Galicia, a pesares dos
intentos en diversos momentos, intentos que nunca prosperaron.
Algúns
tampouco non comprenderon nin aceptaron que Filgueira Valverde tivera sido
alcalde de Pontevedra no réxime franquista (1959-1968)
e que tantos desgustos e situacións desagradables lle causaron ao propio
Filgueira, período que non lle gustaba lembrar. Non obstante, en palabras de
Antón Fraguas (1905-1999), Filgueira foi un bo alcalde de Pontevedra. Para non
estendernos noutros cargos políticos de Filgueira, simplemente dicir, cando o
25 de abril de 1996, se celebra no Concello de Pontevedra, a sesión de honores
para concederlle a Filgueira Valverde o título de Fillo Predilecto da súa
cidade natal co voto afirmativo de todas as forzas políticas representadas no
mesmo, agás a abstención do BNG, xustificando a súa postura, por entre outras
cousas, atribuírlle errónea e
infudadamente a Filgueira o ter traído a fábrica de Celulosas para a Ría de
Pontevedra, cando foi unha decisión tomada anteriormente a el e ordenada desde
o estamento gobernamental estatal, por medio do Instituto Nacional de Industria
(INI), que podían facer as autoridades locais e provinciais diante dunha
decisión do Goberno do Estado franquista? Non tiñan ningunha competencia nin
nada que pintar.
E
grazas a acción de Filgueira apoiada por outro pontevedrés Francisco Xavier
Sánchez Cantón podemos contemplar hoxe o casco vello e histórico de Pontevedra.
O
galeguismo interior na época franquista optou por ir
introducindo e preservando o que se podía en cada momento por medio da política e do activismo de carácter
cultural. E todos os seus homes e mulleres destacaron polo seu amor a Galicia, a defensa do idioma galego e da
cultura galega.
Ninguén
discute a talla intelectual de Filgueira, que foi un sabio de Galicia que nos legou a
súa extraordinaria acción docente e a súa magna obra. Compre achegarse ao seu
legado de consulta pública no magnífico Museo de Pontevedra, de obrigadas
visitas, e que el axudou, en grande
medida, a construír e a que chegara a ser o que hoxe é, un dos Museos máis
importantes de España. A figuras como
Filgueira e á nosa historia hai que achegarse con rigor, con datos, con
documentos deixando de lado os sectarismos e as visións “sesgadas” e cheas de
prexuízos sen fundamento e estes estudos poden chegar a ser unha cuestión
apaixonante. Quizais moitos, por prexuízos e por certas falsas lendas, ademais
de mala fe sobre Filgueira desexan desacreditalo e minusvaloralo (sobre todo no
ámbito político), como é posible que non
haxa máis estudos e máis bibliografía sobre Filgueira? Noutros lugares,
sería unha figura de constantes referencias e de máximo aprecio, que
lamentablemente na nosa Galicia, moitos desexan relegalo ao máximo ostracismo
por intereses espurios.
Animo á mocidade
investigadora e a todos os que se senten galegos para que coñezan a nosa
historia e para que revaloricemos o noso. A
cultura e o amor a Galicia é cousa de todos.
domingo, 31 de diciembre de 2023
LEMBRANDO A FILGUEIRA VALVERDE NESTE ANO 2023
Antes de que finalice este significativo ano 2023, ano do Centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936), desexo lembrar a Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), un dos máis destacados e laboriosos seminaristas.
viernes, 1 de septiembre de 2023
THE CINEMA AT THE HIGH SCHOOL OF PONTEVEDRA
A Rondalla do Instituto de Pontevedra co seu director
O
CINE NO INSTITUTO DE PONTEVEDRA
Na
época de Xosé Filgueira Valverde como director
(1946-1976)
Xa teño falado e
pretendido demostrar que o profesor, o “vello profesor” Xosé Filgueira Valverde
foi un docente humanista innovador. Pretendía que o seu centro educativo fose
un foco de cultura para o alumnado, para as súas familias e para a cidade en
xeral; por iso, o seu centro tivo unha considerable proxección social e nos
medios de comunicación da época.
Filgueira Valverde foi
un gran comunicador e publicista, os seus saberes, as súas actividades non eran
para quedar inéditos, como o gran investigador humanista que foi, consideraba
que a ciencia hai que comunicala, poñela a disposición de todos, aproveitando
todos os medios de difusión dispoñibles, mesmo os máis avanzados en termos
tecnolóxicos e vangardistas.
Xa teño indicado e
subliñado que don Xosé valoraba o deporte, a música, a poesía, a oratoria, as
artes plásticas, o teatro,... que foron sabiamente practicados no seu Instituto
de Pontevedra e con gran aproveitamento para o alumnado. E loxicamente tampouco
podía faltar a chamada sétima arte, o cine.
Na súa época como
director, o seu instituto contou con varios proxectores de distintas
características (mudos, sonoros) e aos que se deu bo e amplo uso. Ademais do
goce do cine como medio de entretemento e de admiración artística, tamén se
aproveitaron as súas virtualidades e potencialidades educativas e didácticas.
Utilizando moitas películas como
complemento e como recursos didácticos de moitas materias, nun enfoque
multidisciplinar ou inter-áreas moi acaído para Filgueira Valverde desde os seu
tempo no Seminario de Estudos Galegos (1923-1936). No instituto filgueirián
foron invitados distintos técnicos e especialistas de cada tema a visualizar as
películas co alumnado, incluso empresas cos seus técnicos e obreiros asistiron
as proxeccións cinematográficas para dialogar co alumnado e servir de utilidade
para todos, como unha potente e atraente fonte de aprendizaxe.
Para fornecerse de
filmes, fixéronse solicitudes e xestións e mantivéronse contactos co Ministerio
de Educación e con distintos organismos oficiais, así como embaixadas e
institucións culturais estranxeiras (como por exemplo, o Instituto de Francia).
Tamén se acudía ás
salas comerciais de cine da cidade de Pontevedra en sesións para escolares e o
Instituto de Filgueira Valverde acolleu e prestou a súa axuda e a súa
colaboración ao Cine-Club de Pontevedra, mesmo potenciando e axudando á súa
creación e posta en marcha.
Motivábase ao alumnado
na redacción e publicación de
comentarios e críticas de cine, que se publicaban na revista do Instituto, a
revista TEUCRO.
O Instituto de
Filgueira Valverde foi moi recoñecido e premiado, chegando a ter un gran
prestixio, foi declarado nos anos 50 do pasado século XX instituto modelo polas
autoridades académicas do Ministerio de Educación polo seu estilo docente e
pola calidade innovadora das súas múltiples e variadas actividades educativas e
culturais, que se realizaban intentando implicar a toda a comunidade educativa
e mesmo á cidade de Pontevedra.
Coido que aínda hoxe o
Instituto de Pontevedra, dirixido por Filgueira Valverde desde 1946 e ata 1976,
é un espello ao que poden mirar os centros educativos para replicar coas
debidas actualizacións e contextualizacións moitas das actividades e dos
principios educativos que alí se desenvolvían, dun xeito innovador e avanzado.
Para iso, serve a historia e a historia da educación para adoptar exemplos e
modelos de utilidade co fin de avanzar por sendeiros firmes e consolidados que
poidan aportar riqueza e valor engadido ao que facemos.
E como adoitaba a exclamar Filgueira Valverde: Sempre aprendo! / Aínda estou a aprender!
jueves, 20 de octubre de 2022
viernes, 24 de junio de 2022
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE OU O SENTIDO RELIXIOSO DA VIDA
Xosé Filgueira Valverde
(Pontevedra, 1906-1996) foi desde neno ao igual que a súa familia un home de
fonda fe relixiosa. Ese sentimento relixioso foi unha constante na súa vida e
unha opción preferente, anteposta a calquera outra cuestión ou perspectiva da
vida. A vivencia coherente da súa fe cristiá foi un compoñente esencial da súa
existencia; por iso pode ser encadrado na corrente do humanismo cristián.
A súa nai, Araceli
Valverde Yaquero (1870-1946), foi unha muller de gran sentimento relixioso,
dunha práctica moi estrita e austera, chegou a profesar na congregación das
Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl e prestou os seus servizos e o seu
apostolado no Hospital Provincial de Pontevedra, onde chegaría a coñecer a Xosé
María Filgueira Martínez (1871-1938), querido e recoñecido médico humanista de
Pontevedra co que casa en 1903, D. Xosé Mª antes de dedicarse á Medicina,
realizou estudos eclesiásticos no cenobio bieito de Tenorio e cursou tamén os
estudos de Filosofía no Seminario de Tui, tal como tamén recoñece Xosé Núñez
Búa, de grato recordo en Vilagarcía de Arousa, no seu libro Revoeira (1971): D. Xosé Mª “abandonou o
hisopo polo termómetro”. Os pais de Filgueira Valverde son determinantes na súa
educación que tiña moi en conta o factor relixioso e a vivencia da fe católica.
El chega a recoñecer e a valorar como unha homenaxe que os seus primeiros e
mellores mestres foron seus pais.
Filgueira Valverde
recibiu o sacramento do Bautismo na mañá do día 1 de novembro de 1906 na igrexa
parroquial de Santa María a Maior de Pontevedra.
Sendo un neno participa
no convento dos franciscanos de Pontevedra na catequese do padre Luís María
Fernández (home de gran cultura e de amplos coñecementos musicais).
Fai a súa Primeira
Comuñón o día do Sagrado Corazón, na igrexa de San Bartolomeu o 30 de maio de
1913. E axiña entra en contacto cos xesuítas exclaustrados e expulsados de
Portugal que lle transmiten moitos coñecementos, os primeiros contactos coa
obra de Camoens, da que chegará ser unha autoridade e tamén lle ensinan un
método de lectura veloz.
Ten mestres e amigos de
grandes conviccións relixiosas como Antón Losada Diéguez (1884-1929), seu
mestre querido e admirado; Ramón Otero Pedrayo (1888-1976) e o polifacético Antonio Iglesias Vilarelle
(1891-1971) con quen e inspirados no filósofo e teólogo galego Amor Ruibal
idean e manteñen unha revista galega de pensamento cristián Logos (1931-1936), á que podemos
considerar como un antecedente da revista actual Encrucillada, na que tamén chega a colaborar e que foi fundada e
dirixida polo teólogo galego Andrés Torres Queiruga (1940), a quen tiña en alta
consideración Filgueira Valverde.
Un dos seus mellores
amigos e condiscípulos Luís Pintos Fonseca (1906-1959) chegaría ser sacerdote e
entraría en contacto con el no ano 1917, cando coinciden como alumnos do
Instituto de Pontevedra, do que ambos os dous chegarían ser profesores.
Compartindo entre eles unha formación lateral, influíndose mutuamente.
Filgueira Valverde
participou desde sempre e moi activamente na vida relixiosa da súa cidade natal.
Andando o tempo e xa como catedrático de Lingua e Literatura Española e
director do Instituto de Pontevedra crea nos anos 50 do pasado século XX a
Confraría do Espírito Santo coa que participa moi activamente na Semana Santa
pontevedresa e que recibiu a aprobación eclesiástica por parte do seu bo amigo
o tan lembrado cardeal galego Fernando Quiroga Palacios (1900-1971), que sendo
un noviño sacerdote colaborara na xa citada revista Logos.
Tamén pertenceu dun
xeito moi activo á Conferencia de San Vicente de Paúl, sendo nesta asociación
relixiosa benfeitor e visitador de pobres. Acompañaba asiduamente ao Viático
para consolar aos enfermos e moribundos.
Desempeñou un papel
determinante na consideración e creación de Real Basílica para o templo da súa
querida parroquia de Santa María, do que era un experto e amplo coñecedor,
sendo autor de interesantísimas monografías de dita igrexa e parroquia dos
Mareantes.
Falamos de amizades de
dignidades relixiosas, mais non podemos esquecer nin deixar de citar o seu
agarimo especial polo arcebispo compostelán, tamén de grata lembranza, Manuel
Lago González (1865-1925), quen foi elixido membro do Seminario de Estudos
Galegos (1923-1936), organismo cultural da máxima importancia para Galicia e do
que foi artífice e máximo valedor Filgueira Valverde.
Cando crea o seu propio
fogar (1938) imprímelle un carácter moi relixioso, compartido coa súa dona
María Teresa Iglesias de Oscáriz (Lugo, 1908-Pontevedra, 1995), quen era unha
gran devota do rosario ao igual que a súa primoxénita Araceli. De sempre, no
fogar Filgueira-Iglesias rezouse o rosario diariamente e acudíase en familia
aos actos relixiosos.
Na visita do papa San
Xoán Paulo II a Galicia en 1982, Filgueira Valverde acudiu ao aeroporto de
Lavacolla para recibir ao papa como Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia,
asunto que lle causa grande satisfacción e escribe con tal motivo algúns ensaios
e artigos xornalísticos.
E na magna obra escrita
de Filgueira Valverde hai moitos escritos con alusións e de contido relixioso,
foi un dos mellores expertos nas Cantigas de Santa María de Afonso X. A súa
tese de doutoramento, xoia da literatura comparada, segundo lle teño oído ao
profesor e erudito Xesús Alonso Montero (1928), está dedicada á Cantiga CIII
(1935-1936).
O espírito relixioso e
a conciencia cristiá determinan e configuran o devenir da vida de Xosé
Filgueira Valverde, profesor humanista, a súa coherencia e fidelidade vital
orientan a súa acción docente cara o humanismo cristián, que poñía por riba de
todo e como centro á persoa. O alumnado era o esencial da súa extensa e
produtiva vida docente (1928-1976).
Sempre tivo a máxima
preocupación polas vidas, traxectoria e evolución do seu alumnado e das súas
familias.
A súa coherencia e
autenticidade relixiosa que antepoñía a calquera outra cousa supuxéronlle
moitas ledicias e benestar persoal, pero tamén moitas incomprensións e
rexeitamentos.
Nunha sociedade
democrática deben respectarse ás persoas e aceptar o manifestar as propias
ideas e a súa defensa pacífica. Filgueira Valverde foi un home tolerante e como
humanista amaba ao ser humano e comprendía as súas grandezas e as súas
miserias.
viernes, 14 de enero de 2022
Xosé Filgueira Valverde, innovative teacher - Xosé Filgueira Valverde, profesor innovador
RESULTADOS Y CONCLUSIONES DEL
CONGRESO CUICIID-2021
PARA MANTENER LA TESIS DE QUE XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE FUE UN PROFESOR INNOVADOR, DIGNO DE SER TOMADO POR MODELO
Germán Manuel Torres de Aboal
Durante los días 6, 7 y 8 de octubre de 2021 participé telemáticamente en
el Congreso Universitario Internacional
sobre la Comunicación en la Profesión y en la Universidad de hoy: Contenidos,
Investigación, Innovación y Docencia como ponente / asistente presentando
la ponencia titulada “PRÁCTICA INNOVADORA EN LA DOCENCIA DEL PROFESOR JOSÉ
FILGUEIRA VALVERDE (1906-1996), CATEDRÁTICO DE INSTITUTO DE LENGUA Y LITERATURA
ESPAÑOLA (1935-1976)”, ponencia “aceptada para su publicación después de
superar un proceso de doble revisión ciega por pares académicos y que ha sido
publicada en el Libro de actas del CUICIID 2021”
Este hecho constituyó una satisfacción por poder defender postulados y
contenidos de la tesis doctoral que estoy preparando XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE,
EDUCADOR (1928-1976), bajo la dirección del Dr. Xosé Manuel Cid Fernández de la
Facultad de Educación y Trabajo Social del Campus de Ourense de la Universidad
de Vigo, al que agradezco públicamente su orientación, sus atenciones y su
dedicación a dirigir mi tesis, que espero pronto defender, intentando romper
las reticencias, los miedos y las inseguridades que me provoca tal defensa
pública.
El Congreso, a pesar de las dificultades técnicas que supuso mantener en
línea a numerosísimos profesores e investigadores de todo el mundo,
especialmente de Latinoamérica y de Portugal, pudo desarrollarse y fue muy
interesante y enriquecedor para mí. Fue una experiencia extraordinaria y muy
formativa. (Pueden seguirse las ponencias tecleando en la plataforma Youtube:
CUICIID-2021).
Y puedo mantener la tesis que el “viejo profesor” José Filgueira Valverde,
para muchos “don José” fue un extraordinario docente y gestor de instituto, un
profesor innovador y lo razonamos de la siguiente manera:
-
Entendía
la enseñanza de la lengua y literatura de una forma activa, por el uso,
motivaba a sus alumnos a la lectura, la escritura, a preparar y pronunciar
conferencias, a representar teatro, etc. Todo mediante una práctica
interesante.
-
Se
preocupaba de que su instituto tuviese una proyección en la comunidad.
-
Valoraba
y apreciaba la música, la educación física y el deporte, como buen profesor
humanista que era. (Creación en 1955 de los Cantores del Instituto,
participación en los campeonatos deportivos escolares a nivel nacional,
obteniendo en 1957 el premio de campeón nacional, la primera vez que un centro
público se hacía con tal galardón).
-
Instauró
en su instituto la figura pionera de los alumnos colaboradores. Creó por
primera vez en España los alumnos colaboradores de un museo, en este caso del
Museo de Pontevedra, que con gran acierto también dirigió durante muchos años
(1940-1986).
-
Escribió
y publicó diez libros de texto de su asignatura.
-
Entendía
la educación con un enfoque multidisciplinar, global, integrador.
-
Y
lo que es muy importante, se preocupaba por conocer a su alumnado y a sus
familias y se interesaba por el desenvolvimiento y evolución académica y vital
de sus alumnos.
Con la Rondalla del Instituto de Pontevedra
Por lo que podemos concluir que su práctica docente fue innovadora.
Procuraba una enseñanza activa, variada, rica y motivadora y con una proyección
social en la comunidad. Una praxis docente bien pensada y preparada con rigor.
Destacando la preocupación y el seguimiento que hacía de su alumnado y de su
orientación académica y personal. Creó en su instituto un gabinete médico y
psicológico (un antecedente de los actuales departamentos de orientación),
aplicando una variada gama de test con el fin de orientar bien al alumnado y a
sus familias, al igual, que al profesorado. Su instituto organizaba una variada
propuesta de actividades extraescolares, destacando el capítulo de viajes
culturales y excursiones (por Galicia, Portugal, Europa).
Con la copa de campeones en los Juegos Escolares Nacionales de 1957
La práctica docente de Filgueira Valverde a través de su cátedra de Lengua
y Literatura Española (1935-1976) y su función como director (1946-1976), como
gestor de un instituto pueden tomarse como modelo hoy en día. Su trayectoria
como profesor humanista puede ser significativa y de utilidad para los docentes
actuales, teniendo en cuenta la contextualización y las diferencias sociales
con nuestro tiempo, pero puede ser paradigmático por su carácter dinámico,
humanista y totalizador, preconizaba una enseñanza activa y útil para la vida,
pretendió crear en su alumnado el descubrir el placer de leer y de escribir,
algo que predicó ampliamente con su propio ejemplo.






















