Mostrando entradas con la etiqueta LXXV MESA DAS VERBAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LXXV MESA DAS VERBAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de octubre de 2017

LXXV MESA DAS VERBAS - 21-10-2017




O paso do tempo pode ter unha compoñente poética e poeticamente o sábado 21 de outubro de 2017, ás 18:30 h., imos celebrar na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa, nada menos que a edición número 75 da Mesa das Verbas (o 21 de xaneiro próximo cumpriremos 7 anos de experiencia poética). Si, setenta e cinco meses seguidos de recitais poéticos populares, abertos a todos os que desexen participar. A festa da poesía, a festa da palabra, a Mesa das Verbas. Vinde, pois, o día 21, ceibar os versos e a música ao ar de Arousa, estaremos acompañados, nesta ocasión, na parte musical pola magnífica Coral de Sobradelo, dirixida maxistralmente por Xesús Portas. Non vos perdades unha nova oportunidade de participación cultural e amizade.


Tivemos unha sesión inesquecible coa extraordinaria actuación da Coral de Sobradelo, nesta sesión especial da Mesa das Verbas, a LXXV ceibando os versos e as notas musicais no ar de Arousa.




Compartiron os seus versos: Carmen Abalo, Tito Porto, Tere Briones, Carmen Darriba, Eduardo Víctor Castro López "EvCalo", Enrique Brumbéck, Susana, Luís González, X. Ramón Quintáns, Ramón Torrado, Manuel Lage, Xermán Manuel Torres.















E ata outra millorada, amigos; como soía dicir o gran Cunqueiro.

sábado, 16 de septiembre de 2017

LXXIV MESA DAS VERBAS




Temos nova edición da Mesa das Verbas o sábado, 23 de setembro, ás 18:30 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal. Vinde compartir connosco os vosos versos para ceibalos no ar de Arousa.

Como xa debedes saber, todos os xoves mantemos un parladoiro, aberto a quen queira asistir, no bar A Marina, na Alameda de Vilagarcía de Arousa. Un lugar de encontro para compartir ideas, proxectos, ilusións... para falar nun ambiente de amizade e liberdade. Probade e se vos satisface, vinde cando queirades. Cada un chega cando pode e marcha cando quere.

O sábado 23, ademais, falaremos de varios proxectos que desexariamos desenvolver e a opinión de todos e cada un de nós conta e é importante.

Se podedes e queredes non faltedes á cita