Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de febrero de 2025

PARA ROSALÍA



“FROLES” PARA ROSALÍA

 

Cando Rosalía choraba

non o facía en balde,

cando berraba

non o facía porque si,

cando calaba

non era por indiferenza;

todo era por Galicia

e polos galegos.

 

Non era insulsa choromicas,

non era unha triste indolente,

non era unha submisa poeta;

era Rosalía,

nosa Rosalía

que choraba, berraba, calaba,

sufría por Galicia.

 

Érguete Galicia,

síntete oufana

da túa máis ilustre poeta,

a querida e admirada Rosalía.   

sábado, 5 de marzo de 2016

LVII MESA DAS VERBAS -12-MARZO-2016; 18:30 H.


Temos unha nova oportunidade para compartir versos e amizade na sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa o vindeiro sábado, ás 18:30 h. Nun acto libre e aberto á participación de todos os interesados sen ningún tipo de condicionantes, agás respecto para todos e procurar ser breves para dar a oportunidade da expresión poética a todos os que desexen ceibar os seus versos ao ar. Faremos unha especial lembranza para Rosalía e Manuel María, procurando recitar algúns dos seus poemas.

miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA, 21-03-2012























Neste día, do comenzo oficial da primavera, celébrase o DÍA DA POESÍA, que coincide tamén co DÍA DO SÍNDROME DE DOWN, lémbrome especialmente dos amigos e amigas que son S. de Down, persoas moi queridas, que ofrecen todo o que son, simpatía e amor.

A Concellería de Educación, do Concello de Vilagarcía de Arousa, por medio da Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro", organizou neste Día de Poesía, e nas súas instalacións a lectura e declamación de poemas da ilustre musa das Letras Galegas, a inmortal, a santiña, a pobre da tola, ROSALÍA DE CASTRO.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

.......

"Espera, Galicia, espera"
¡Cánto este grito consola!
Páguecho Dios, bon poeta,...


.......

Cantor
dos aires,
paxariño alegre,
canta,
canta por que o millo medre;
cantor
da aurora,
alegre namorado,
ás meniñas dille
que xa sal o sol dourado;
que o gaiteiro,
ben lavado,
ben vestido,
ben peitado,
da gaitiña
acompañado
¡á porta está!...
¡Xa!...

(Acompáñase reportaxe fotográfica do acto poético na Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro").