Mostrando entradas con la etiqueta Concellería de Cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concellería de Cultura. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de marzo de 2017

POESÍA, MÁIS POESÍA, POR FAVOR

CELEBRAREMOS PROXIMAMENTE DOUS ACTOS POÉTICOS EN VILAGARCÍA


1.- DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA, MARTES, 21-03-2017; 19:00 H./ 20:30 H.

HOMENAXE A ROSALIA DE CASTRO

RECITAL DE POESÍA EN LINGUA GALEGA

Terá lugar no baixo da Casa de Cultura da rúa Alcalde Rey Daviña de Vilagarcía de Arousa, o primeiro día da primavera de 2017, no lugar e hora xa indicado. Cada un poderá ler algúns poemas da súa autoría e doutros autores, a única condición en que sexan en lingua galega. Tamén se lerán poemas da gran Rosalía de Castro a quen homenaxeamos ese día.

Patrocina o Concello de Vilagarcía de Arousa e colaboran no desenvolvemento do acto a Concellería de Cultura, a Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro" e o grupo poético da Mesa das Verbas, entrada e participación libres ata completar aforo. 


2.-  LXX MESA DAS VERBAS, SÁBADO 25-03-2017; 18:30 H.


Na Mesa das Verbas acudimos con toda liberdade a ceibar os versos ao ar. Será no lugar de costume, Sala de Conferencias do Auditorio Municipal, na data e hora indicadas. Versos sen condicionantes cada quen pode expresarse como queira. Desde o equipo promotor promovemos, fomentamos e divulgamos poesía en lingua galega. Vinde probar os versos, que ricos son!!!


sábado, 5 de marzo de 2016

LVII MESA DAS VERBAS -12-MARZO-2016; 18:30 H.


Temos unha nova oportunidade para compartir versos e amizade na sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa o vindeiro sábado, ás 18:30 h. Nun acto libre e aberto á participación de todos os interesados sen ningún tipo de condicionantes, agás respecto para todos e procurar ser breves para dar a oportunidade da expresión poética a todos os que desexen ceibar os seus versos ao ar. Faremos unha especial lembranza para Rosalía e Manuel María, procurando recitar algúns dos seus poemas.

sábado, 16 de enero de 2016

LV MESA DAS VERBAS: 30-01-2016; 18:30 H.

Todos os amantes da poesía que o desexen poden ceibar os seus versos ao ar na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Será unha nova edición deste recital poético que celebramos todos os meses na Perla de Arousa. Non esquecer día: sábado 30 de xaneiro de 2016 e hora: 18:30 h. Que facedes que non reservades xa dita data nas vosas axendas? Queremos vervos a todos, xa o sabedes, non faltedes!

La poesía no quiere adeptos, quiere amantes.

(Federico García Lorca) 

Colabora a Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa