domingo, 12 de enero de 2014

XXXIII MESA DAS VERBAS


O próximo sábado 18 de xaneiro, ás 19:30 h. e no Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, rúa Castelao 5, desenvolveremos un novo encontro poético, aberto á participación de todos os interesados na poesía. Compartiremos versos e gozaremos da compañía mentres iremos soltando as verbas ao ar. Ao final, entre todos comporemos un poema conxunto inspirados nun primeiro verso dun autor ou autora recoñecidos.
Non vos olvidedes, temos todos unha nova cita poética.
SAÚDE E POESÍA! 

Compartiron os seus versos con todos os asistentes:

EvCalo, Enrique Brumbéck, Tito Porto, Marina, Jesús Recio, José González, Antonio Quiñoy, Carmen Abalo, Jean Carballo, Begoña, José Tizado, Ramón Quintáns, Tere Briones, Andrea Fernández, Xermán Manoel Torres

Ao final da sesión poética, elaboramos un poema colectivo (ao chou escollemos un verso inicial entre distintos de autores tanto en galego e castelán, e partindo dese verso fomos aportando os propios ata conseguir o seguinte:

POEMA COLECTIVO (I)

XXXIII MESA DAS VERBAS, 18/01/2014

(Inspirado en un verso -el primero- de Luís Cernuda)


Viva pues Góngora, puesto que así los otros
vivirán cual hermosos y brillantes esmeraldas y zafiros.
Unos lo elogiarán y otros lo detestarán,
 pero a pesar de todo, ha quedado para la posteridad.
Los unos y los otros, ¡jauría de plumas!
hijos de una España fecunda en poesía.

¡Debemos ser francos, a cada cual su desafío!
tras años y años, con pluma y sin pluma,
seguimos con la tierna y sabia poesía,
tejiendo versos en la “Mesa das Verbas”
de la noble y marinera Vilagarcía.
¡Viva, pues, Góngora! 

E Andrea Fernández "Nei", partindo desta idea colectiva, elaborou este seu poema:

Viva pues Góngora!
puesto que así los otros,
¡jauría de plumas!
empuñarán floretes,
metáforas de un duelo…
Y entre verso y verso,
el consuelo…
del siglo de oro tan fecundo,
que Gongora y Quevedo
en duelo furibundo
sembraron de deleites
nuestras letras,
y de la “a” a la zeta
rosario de delicias
poemas y poetas.

Ata a próxima, SORTE E POESÍA! 

martes, 7 de enero de 2014

MARÍA PALACIOS, IN MEMORIAM









Foise cara a Casa do Pai a nosa querida amiga, a mestra e poetisa, María Palacios, q.e.p.d. Aínda que castelá de orixe e nacencia, pasou os derradeiros anos da súa vida aquí en Vilagarcía, na Residencia “Divina Pastora”, chegou a admirar e amar esta a súa nova terra de adopción. Tiven o gozo e a honra de coñecela e de compartir unha mutua amizade. Trabei o seu coñecemento e trato como consecuencia dun encontro poético celebrado na Residencia, achegouse a min, entregoume uns fermosos poemas da súa autoría e meses despois, cunha amiga común, Andrea Fernández, deseñamos e demos lugar a unha idea, creando a Mesa das Verbas, uns encontros poéticos mensuais baixo o paraugas do Liceo Casino da nosa cidade. (Precisamente a XXXIII Mesa das Verbas que se celebrará neste mes de xaneiro será unha Homenaxe Poética a María Palacios).

María granxeouse axiña a admiración, o respecto e o agarimo de todos. Era unha muller digna, austera, auténtica; unha gran crente, unha gran amante de todo o humano e unha admiradora da Natureza, todo eso inflúe na súa poética, da que tivemos e aínda teremos a sorte de gozar aquí en ONDAS DE AROSA, da que foi colaboradora e asidua lectora. Era unha muller moi culta; por tanto, moi sinxela e moi discreta; ao mesmo tempo, moi avanzada. Todas as mañás acudía á Biblioteca “Rosalía de Castro”, da nosa cidade, a ler, a consultar Internet e a manter a súa conta de correo electrónico (moito vou botar de menos os seus correos, cargados de tantas cousas interesantes e importantes). Todos notamos a súa perda, fáltanos alguén, pero coa fe que compartimos, sabemos que ela sigue con nós. Foise cunha gran dignidade, con absoluta discreción e delicadeza, tal como ela era, estaba preparada e sentíase conducida para emprender a viaxe nesa “nave que nunca ha de volver a retornar” e foise lixeira de equipaxe, ela que foi “buena en el buen sentido de la palabra buena”. Agora, alá na Casa do Pai tecerá versos cos anxiños e comporá fermosos poemas coas estrelas do gran cosmos onde habitamos. María Palacios para sempre na nosa lembranza, que goce da Luz e da Vida como ela agardaba e quería, descanse na paz do seu amado Señor Xesucristo. Amén.


sábado, 21 de diciembre de 2013

BO NADAL E FELIZ 2014



Con moito agarimo desexo a todos os meus seguidores unhas magníficas Festas de Nadal e un Feliz Aninovo 2014, cheo de esperanza e oportunidades para todos e que saibamos cun corazón sinxelo gozar das cousas que proporcionan a felicidade: a amizade, o amor, a Natureza, a poesía, a música, a lectura, o teatro, o cine, a pintura, a conversa amigable...; as cousas sinxelas, non precisamente materiais. Desexo que atopemos a Verdade, que acolle todas as verdades; non a túa verdade, a verdade.

Nesta Adoración dos Pastores, da fachada da Natividade do templo da Sagrada Familia de Gaudí, de Barcelona personifico as palabras anteriores. Aos pastores, xente humilde, sinxela, do pobo pobre, Deus dase a coñecer nunha Epifanía que nos indica quen son os preferidos de Deus. Son tamén os nosos preferidos?

Existe un vínculo inseparable entre nuestra fe y los pobres. Nunca los dejemos solos. (Papa Francisco).

jueves, 19 de diciembre de 2013

ACTUACIÓN DE CHALUMIAUX EN EL CENTRO COMERCIAL AROUSA



Dentro del ciclo de conciertos, PONLE MÚSICA A LA NAVIDAD, este sábado 21 a las 17:00 h. actúa el grupo de clarinetistas CHALUMIAUX del Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa. Es un grupo joven, lleno de alegría y buena música, no en vano recibieron un primer premio en la III MOSTRA MUSICAL del Eixo Atlántico. Tenemos, pues, en este ciclo navideño una cita con CHALUMIAUX este sábado a partir de las 17:00 h. en la segunda planta del CENTRO COMERCIAL AROUSA. Nos veremos allí.

martes, 17 de diciembre de 2013

NOVO LIBRO DE SABELA MUÑIZ





O sábado 21, ás 19:00 h. no Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, Sabela Muñiz presenta a súa segunda novela, que ten por título: A PORTA DE EUROPA. Acompañaremos neste acto literario, de parto feliz dun novo libro da moza e importante escritora vilagarciá. Contaremos coa animación musical do grupo de acordeóns e voces AROUSA BAY, dirixido por Alfonso Galbán. A todos os amantes da literatura galega animámolos a participar neste acontecemento tan grato como é a presentación en público dun novo libro e paralelamente gozaremos da boa música do grupo AROUSA BAY.

martes, 10 de diciembre de 2013

ACTUACIÓN DO CORO PARROQUIAL DE VILAXOÁN



O venres 14 de decembro ás 20:30 h. na segunda planta do Centro Comercial Arousa, actuará o Coro Parroquial de Vilaxoán, dentro do ciclo de concertos de Nadal: "Ponle música a la Navidad". Na primeira parte, ofrecerán un repertorio de cancións populares de toda a vida, na segunda, ofrecerannos un amplo repertorio de vilancicos. Esta é a historia do grupo:

        El Coro Parroquial de Vilaxoán, data de marzo del 1977. Surge por iniciativa de su cura párroco Don Lino Arcos Salgado y nace de la mano de su directora-fundadora, ya desde aquel entonces y hasta hoy, doña   Mª del Carmen Muñiz Soto; con el propósito de acompañar la celebración de la eucaristía el la catequesis del domingo.
        Son muchos los niños y jóvenes que con sus voces y a lo largo de estos treinta y cinco años de vida, hacen de este grupo un referente, hoy ya consolidado, cuenta entre sus miembros con dos generaciones, y es motivo de satisfacción.

        En su trayectoria destacamos su participación en concursos de villancicos, consiguiendo la mayoría de la veces el mayor galardón, además están presentes en las celebraciones propias de la parroquia: Corpus Christi, Corazón de Jesús, Festividades del Carmen y del Rosario, y como no de su patrón San Martiño, así como en determinados actos; comuniones, bodas, aniversarios, homenajes, eventos deportivos, etc.

        Además de esto, colaboran con organizaciones benéficas como son Cáritas Parroquial e Interparroquial y Fundación Amigos de Galicia, y por estas fechas tan señaladas visitan y amenizan con sus canciones residencias de ancianos y centros de día.

        Hoy nos acompañan para dar muestra de su buen cantar, con temas de hoy y de siempre y otros propios de su repertorio que esperamos sean del agrado de todos ustedes, agradeciendo de antemano la invitación a participar en este acto que aquí nos reune.

HOXE A NOSA QUERIDA AMIGA E COMPAÑEIRA DA MESA DAS VERBAS, MARÍA PALACIOS, PASOU Á CASA DO PAI. AGORA ESTARÁ TECENDO ENTRE AS ESTRELAS OS SEUS SENTIDOS E SEMPRE FERMOSOS VERSOS, ELA QUE FOI "EN EL BUEN SENTIDO DE LA PALABRA, BUENA" DISFRUTA XA EN PAZ DO SEU XESÚS CÓSMICO, DA VIDA PLENA E MISTERIOSA DO COSMOS. MARÍA PARA SEMPRE NA NOSA LEMBRANZA. (A XXXIII MESA DAS VERBAS, CORRESPONDENTE AO MES DE XANEIRO, SERÁ UN HOMENAXE POÉTICO A MARÍA PALACIOS). LEMBRÉMOLA SEMPRE VITAL E DIGNA, E AMEMOS O QUE ELA AMABA, A VIDA. 12/12/2013, FESTIVIDADE DE NOSA SEÑORA DE GUADALUPE.

jueves, 5 de diciembre de 2013

CONCERTOS DE NADAL


Nestes momentos de dificultade, compre fixarse e disfrutar das cousas sinxelas e pequenas da vida. Coa música podemos olvidar as penas, compartir a ledicia, pasar uns intres divertidos e agradables. Eso é o que se pretende con esta serie de concertos, que axudamos a xestionar e poñer en marcha. O día 7 ás 20:30 h., podemos gozar da actuación do coro VOCES AMIGAS DE VILAGARCÍA, dirixido por Chiruca Rivera. Unha semana despois, o sábado 14, actuará o veterano CORO PARROQUIAL DE VILAXOÁN, tamén ás 20:30 h. Para finalizar o ciclo, o sábado 21, pero ás 17:00 h. é a quenda do grupo de clarinetes CHALUMIAUX do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa. Todos os concertos terán lugar na segunda planta do CENTRO COMERCIAL AROUSA. /// Xa de antemán BO NADAL e feliz ANINOVO-2014 e a gozar coa música neste Nadal.