domingo, 21 de julio de 2019

INFORMACIONES Y BALANCE ESCUELA DIOCESANA DE AGENTES DE PASTORAL- BALANCE 2018-2019






En la Asamblea Diocesana de la Archidiócesis de Santiago de Compostela, celebrada el sábado, 8 de junio de 2019 en el Seminario Menor de Belvís, el director de la Escuela Diocesana de Agentes de Pastoral, Germán Manuel Torres de Aboal, en nombre de la Comisión y del grupo de responsables informó y realizó un balance sobre el curso 2018-2019 e hizo algún adelanto sobre el próximo curso.
En varias entradas iremos facilitando el informe de la dirección de la EDAP..

HORQUILLA DE VALORACIÓN: <= 0    1    2    3    4    5 =>

VALORACIÓN GLOBAL DE LA VICARÍA DE A CORUÑA

CENTRO           PARTIC.           RESP.        MÓD. 3º
A Coruña (1)         4                  4         Catequesis (10)
N=49; n=38        

A Coruña (2)        3,58              4,6    Cel. D. aus/Pr (16)
N=36

A Coruña (3)           5                4,5       "   (11)      
N = 40; n= 31

Carballo

Pontedeume           4,5              4,5      P. de la Salud
N = 21



VALORACIÓN GLOBAL DE LA VICARÍA DE PONTEVEDRA


CENTRO            PART.         RESP.          MÓD. 3º
Caldas               4,5               -             Liturgia
N=22

Castrelo

Moaña                 5              3,5          Liturgia (32)
N = 56

Pontevedra          5               5        Acomp. C./camino (10)
N= 60; n= 36

Sanxenxo            4               4            Liturgia (15)
N=30; n=25      

Vilagarcía          4,38            4,42      Cel. D. Aus/Pr (13)
N = 36; n= 26



VALORACIÓN GLOBAL DE LA VICARÍA DE SANTIAGO


CENTRO         PART.        RESP.            MÓD. 3º
Santiago C.     4,31           -          Grupos de vida (21)
N=23

Noia               4,6             4            P. Salud (11)
N=26; n=24

Ribeira             4              3           Cel. D. A/Pr. (21)
n= 53

Padrón             5              5                        -
N= 21; n= 18

Galegos            5              -            Cel. D. A/Pr. (7)
N=21; n= 14



Serres             4,3            -                -
N= 15

A Estrada         4           4,4            C. dom. A/Pr (15)    
N= 19

Cee
N= 17

Arzúa               5           4,25
N= 25; n= 17

Arca                 4,38      2,3      Cáritas (6)
N= 15; n= 11

S. Comba         3,5        3        Grupos vida
N= 14

Valadares         4           4     Grupos vida (21)
N= 28


POBLACIÓN DE LA MUESTRA DE LA VICARÍA DE A CORUÑA:


N= 146
n= 126
SIN DATOS DE CARBALLO


POBLACIÓN DE LA MUESTRA DE LA VICARÍA DE PONTEVEDRA:


N= 204
n= 164
SIN DATOS DE CASTRELO


POBLACIÓN DE LA MUESTRA DE LA VICARÍA DE SANTIAGO:


N= 277
n= 253

POBLACIÓN TOTAL DE LA MUESTRA (DIÓCESIS):


N= 627
n= 543

Los inscritos en el curso de la EDAP de la Archidiócesis de Santiago de Compostela sobrepasaron los 627 participantes, porque hubo unos pocos centros de la EDAP, que a día de hoy aún no nos facilitaron sus datos. Contestaron a los cuestionarios de valoración 543 participantes.

Y la valoración global total de la Escuela por parte de los participantes y los responsables de los distintos centros, distribuídos por toda la diócesis, fue de:


4,25
—      <=                                   =>
             0        2        3        4       5

                                           __

martes, 28 de mayo de 2019

XORNADA POÉTICA DA MESA DAS VERBAS EN PADRÓN



Do vinte e cinco de maio era o gran día
que fomos moi ledos á casa de Rosalía,
levamos da nosa fermosa ría de Arousa o son
a esa terra de letras e xograres que é Padrón.

Ceibamos moitas verbas e versos e cantigas ao ar
e escoitamos o murmurio das poéticas augas do Sar,
e as queixas e as denuncias da nosa querida poeta
na Casa da Matanza soaban como unha forte saeta

non a ese Cristo dos xitanos,
senón ao dos galegos cristianos.




Por terras de Padrón, 19 amantes de verbas e versos desenvolvemos o seguinte programa:

11:15 / 13:30   Visita a Casa Museo de Rosalía de Castro, incluído un recital poético no seu xardín, debaixo da parra.

13:30 / 17:30   Xantar de confraternidade con brindes poéticos, cantigas, convivencia.

17:30 / 19:00   Visita ao xardín botánico e descanso á sombra das súas frondosas árbores.

19:30 / 20:00   Recital poético no XXXII Festival das Letras Galegas, previo a actuación de tres masas corais, fomos invitados pola Sociedade Cultural Padronesa.

Tivemos como magníficos anfitrións aos nosos amigos Rafa Villar, Isidoro Sanmartín (presidente da citada sociedade) e Enrique Basadre (un padronés da Matanza, extraordinario cicerone e cantor da riqueza e das beldades do seu querido pobo).




martes, 21 de mayo de 2019

FRAGUAS, ETNÓGRAFO E ANTROPÓLOGO



NOSA SEÑORA DAS CABEZAS,
EN ARMENTEIRA

(Imaxe de Xermán Manuel Torres)

D. Antonio Fraguas realizou un gran labor como antropólogo e etnógrafo rescatando e describindo grandes xoias da Antropoloxía Cultural de Galicia. A el debemos unha grande recolleita de cantigas, coplas, ditos, refráns, costumes, oficios da Nosa Terra.
Imos recoller, do seu traballo sobre “Romarías e Santuarios”, algunhas verbas súas sobre Nosa Señora das cabezas de Armenteira:

Tres Eros van xunguidos ós primeiros tempos do mosteiro: Ero de Armenteira, Ero de Armendáriz e San Ero de Armenteira, no ano 1151. É fermosa a lenda da fundación. O matrimonio posuidor das terras de Armenteira non tiña descendencia e acudiu á Virxe para conseguila. Despois de varias súplicas, unha noite, en soños, aparecéuselles a Virxe e díxolles que a súa descendencia sería espiritual; por iso debían fundar cadanseu mosteiro. (…).
A romaría celébrase o luns de Pascua e a ela acode xente de toda a comarca e persoas que veñen de máis lonxe. (…) Pero ademais celébranse diante de Nosa Señora das Cabezas bautizos e vodas.

Antonio Fraguas, Romarías e Santuarios (III), (Vigo: ACSA-Diario 16 de Galicia: 1992), 246, 248.

viernes, 10 de mayo de 2019

FRAGUAS E FILGUEIRA, DOUS AMIGOS PARA SEMPRE




“Festexades hoxe a Fraguas como persoeiro compostelán. Ten gañado este título coa súa froitosa actividade. (…). Pero houbéralle bastado unha “ser como é”.
Tense ponderado moito que el, como García Alén ou como Xaquín Lorenzo, viven a “Antropoloxía cultural”, dende dentro. E coa xente labrega e mariñeira, cos veciños de máis alá dos milladoiros e cos artesáns e os tendeiros vilegos é un paisano máis. (…)
Antón Fraguas é un dos nosos mellores “homes bos”, “en el mejor sentido de la palabra, bueno”, como diría Machado, cunha bondade que xurde dun ánimo aberto, cordial, que inza na máis sincera relixiosidade, guiadoira das verbas agarimosas, dos feitos xenerosos… Fraguas é amigo de todos”.

Xosé Filgueira Valverde, “69. Antón Fraguas, medalla de ouro de Compostela” en VI – Adral, (A Coruña: do Castro: 1990), 312.

miércoles, 1 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ANTÓN FRAGUAS


Imaxe do Arquivo de Ondas de Arosa

ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS (Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999)


Que grande acerto o dedicarlle o Día das Letras Galegas 2019 ao querido e sempre tenro D. Antón Fraguas, home “bo e xeneroso”, como recoñecía nun dos seus Adrais o seu amigo Xosé Filgueira Valverde. D. Antón foi querido profesor nos institutos da Estrada (en tempos da II República), de Lugo (1950-1959), “Rosalía de Castro” de Santiago de Compostela desde 1959 e ata a súa xubilación en 1975.
Profesor Auxiliar da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, cidade dos seus amores e cidade que tanto quixo a D. Antón, o Instituto de Ensino Secundario do barrio de Fontiñas leva o seu nome ao igual que unha rúa da cidade do Apóstolo, que lle entregou a súa medalla de Ouro. No cemiterio de Boisaca repousan os restos mortais de Fraguas a carón da tumba doutro eminente galego, Ramón María del Valle-Inclán.
Lembrado fundador e primeiro director do Museo do Pobo Galego (1976), eximio bibliotecario do Seminario de Estudos Galegos (1923.1936) e do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos (1943). Extraordinario antropólogo e etnógrafo, xeógrafo e historiador; pero sobre todo unha grande e marabillosa persoa que tiven a sorte de coñecer e tratar, aínda que fose por pouco tempo, pouco; pero, intenso e do que gardo unha grata lembranza.
Quedáronme gravadas dúas manifestacións del, diante dunha miña pregunta, na que lle dicía que el que vivira tantos anos en distintas épocas e pasando tantas na vida, que destacaría de antes sobre os tempos de 1998?, el dicía que pensaba na honradez e no respecto á palabra dada.
E logo díxome, Xermán, nós como profesores deberamos traballar para que o alumnado dera o paso de estudantes a estudosos; os primeiros, estudan por obrigación, os segundos, polo pracer de saber, de descubrir, de coñecer. Que sabio era D. Antón!