Ciencia y conciencia na
biografía intelectual de Filgueira Valverde. Conferencia de Xesús Alonso Montero, Catedrático
Emérito da USC e actual Presidente da RAG, pronunciada o mércores 5 de
novembro de 2014, sendo as 20:00 h., no Salón de Actos do VI Edificio do Museo
de Pontevedra co gallo do XIII Memorial Filgueira Valverde, do que é a
conferencia de apertura do mesmo.
APUNTAMENTOS:
A mesa presidencial está composta por Ana Isabel Vázquez Reboredo, Deputada
provincial delegada de Cultura; Juan Corbacho, Vicerreitor do Campus de
Pontevedra da Universidade de Vigo; Xosé Carlos Valle Pérez, Director do Museo
de Pontevedra, Xosé Fernando Filgueira Iglesias, Presidente da Fundación
Filgueira Valverde e o propio conferenciante xa citado.
Toma palabra a señora deputada para inaugurar o acto e agradecer a
asistencia de todos os presentes, seguidamente cédelle a palabra a Xosé Carlos
Valle Pérez que fai unha pequena mención á historia dos Memoriais, xurdidos
como unha iniciativa da desaparecida Cátedra Filgueira da Universidade de Vigo.
Alude ás numerosas e importantes ponencias e conferencias pronunciadas nestes
trece anos consecutivos de memoriais, lembra que o primeiro Memorial estivo
dedicado ás cantigas medievais, tema tan importante na vida intelectual de Xosé
Fernando Filgueira Valverde, aí está a súa fundamental tese de doutoramento de
1935, que ten como motivo a Cantiga CIII de Afonso X. Subliña a idea de anticipación dos memoriais,
este é a antesala do Ano Filgueira, xa
que en 2015 se lle dedicará o Día das Letras Galegas. Precisamente, ao humanista
Filgueira nada humano lle era alleo. A Filgueira nada susceptible de ser
estudiado e analizado lle era alleo, aí estriban as dificultades de abarcar
todas as temáticas que a el lle interesaron e das que tratou na súa extensa e
intensa obra. Seguidamente explica o que será este memorial e agradece que
contaran con el para coordinar os memoriais tan vinculados ao Museo e a
Pontevedra.
Toma o uso da palabra Xosé Fernando Filgueira Iglesias quen asevera que a
familia Filgueira está aquí para agradecer, dito agradecemento faino extensivo
á Real Academia Galega por ter escollido a Filgueira Valverde para conmemorar o
Día das Letras Galegas de 2015. Alega, que sen dúbida, ao rematar o 2015 o
coñecemento de Filgueira vai ser máis completo e axeitado.
O Vicerreitor, Juan Corbacho sinala que Pontevedra é unha cidade
universitaria e os actos como o de hoxe reflicten ese espírito universitario
tan do gusto do profesor Filgueira. Eu continúo e asumo a pretensión da miña
antecesora no cargo, Antonia González, de que a Universidade debe fomentar a
vida cultural. E ao estar presentes en Pontevedra, a Universidade debe
dinamizar todos os aspectos culturais da cidade. Non quere rematar as súas
palabras sen deixar de render unha pequena homenaxe a Xosé Carlos Valle Pérez,
un dos promotores e mantedores dos memoriais.
Ana Isabel Vázquez fai unha loanza da importancia deste Memorial e da
figura de Filgueira Valverde que nel se lembra. Filgueira foi fundador do
Seminario de Estudos Galegos, fundador do Partido Galeguista, do Museo,
profesor, alcalde, primeiro Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia,
presidente do Consello da Cultura Galega, escritor, investigador. Gran
colaborador da Deputación Provincial de Pontevedra, que o nomeou Fillo
predilecto da provincia de Pontevedra. Foi promotor de tantas exposicións,
entendía o Museo como un ente dinámico, os museos cambian constantemente e el
foi quen de potenciar este Museo que hoxe nos acolle neste acto. Despois das
súas verbas, cédelle a palabra ao ilustre conferenciante de hoxe, Xesús Alonso
Montero, quen comeza así a súa disertación:
Principia cun saúdo e con agradecemento, indica que se sinte emocionado e
conmocionado e constatando o acerto do Memorial, o que se pode comprobar polo número
de asistentes.
Filgueira é unha figura relevante das letras galegas de todos os tempos,
Filgueira é un creador literario, un medievalista, un filólogo, un
investigador. No ano 2015 vanse clarificar moitas cousas, non obstante, a
figura esencial do intelectual Filgueira Valverde xa está perfilada. Desde o
ano 1923, sempre estivo escribindo e publicando. Escribe incluso poesía, as súas
fermosas 6 cantigas de mar in modo antico,
a xeito de poesía neotrobadoresca, datan de 1941. Alonso Montero adianta que
entre xaneiro e febreiro próximos publicará en Edicións Xerais unha monografía
sobre o sabio, intelectual polifacético, polígrafo Filgueira Valverde. Precisar sobre este
concepto, os últimos polígrafos do século XVIII, Feijoo, Sarmiento, Jovellanos
xuntaban saberes das Humanidades e das Ciencias. Os últimos polígrafos galegos
como Otero Pedrayo e Filgueira Valverde, o son no campo das Humanidades, xa que
hoxe a árbore do saber é moi ampla e é imposible saber de todo, a árbore das
ciencias é moi frondosa, con moitas ponlas, imposible abarcalas todas. Filgueira
Valverde era un sabio en Arqueoloxía, Historia da Arte, Epigrafía (cunha obra
desta materia elaborada xunto a D. Álvaro Dors), en Filoloxía... Os polígrafos
xa non fan incursións no campo das Ciencias.
Na época de Aristóteles, este sabía de todo o que se sabía. Como dixemos a árbore
das ciencias ten moitas e frondosas ponlas, non hai cabeza que as poida abarcar
todas. Un polígrafo de moito predicamento para Filgueira foi Armando Cotarelo
Valledor e aínda se atreveu a facer algunha incursión no campo das Ciencias.
Hai que recoñecer que o que se gana en extensión, pérdese en intensidade. Non
sempre ese despilfarrarse é tan negativo, por exemplo, no caso de Filgueira. Os
coñecementos de Arte e de Música axudan a Filgueira a penetrar na riqueza da lírica
medieval e de Afonso X, esto axudáballe moito.
Foi un home precoz, coa precocidade do sabio. Xuntábase tamén unha
laboriosidade extraordinaria, asombran a súa precocidade e laboriosidade. Tiña
unha grande capacidade de organización de actividades e de institucións. Esto
comprobámolo no Seminario de Estudos Galegos e na súa publicación Arquivos. No Seminario desenvolveu as súas
labores organizativas dirixindo a subxección da Historia da Literatura.
Sorprende a actividade no ano 1935, amosa as súas dotes organizativas no
traballo no Partido Galeguista, remata e defende a súa tese de doutoramento,
prepara e aproba as súas oposicións, participa moi activamente na confección da revista Logos. Con todo esto aínda ten tempo
para asistir a estrea de Yerma e ao
final da representación intentar falar con Federico García Lorca para
recordarlle de que non se esqueza de dar resposta ao seu inquérito sobre poesía
galega en 1935. A
súa tese de doutoramento pasa por ser un gran exemplo mundial de literatura
comparada.
É considerado o máximo “pontevedrólogo”, o home que máis sabe sobre a súa
amada Pontevedra. Pero, tamén é un “santiagólogo” os seus saberes sobre as
peregrinacións, a cultura europea, as cantigas medievais, o Románico e o Barroco
composteláns. Foi unha figura tan xigante da cultura galega porque tiña unha
gran cultura hispánica. O libro que recolle a súa tese de doutoramento, editado
polo Eco Compostelano en 1936, é o mellor libro da Historia da Literatura
Comparada a esas alturas do tempo.
(DADA A EXTENSIÓN DA CONFERENCIA DE ALONSO MONTERO, IMOS A DIVIDIR OS NOSOS
APUNTAMENTOS EN TRES PARTES PARA FACILITAR A SÚA LECTURA –ATA AQUÍ A PRIMEIRA
PARTE-)
4 comentarios:
Filgueira un sapo na corte de Franco.
Corte de cuadra, claro
Filgueira, siempre preocupado por salir na "foto", quedou retratado como o que foi, un miserable, un cobarde e un traidor.
Ainda que algúns queiran reescribir a historia, lembraremos os seus discursos radiofónicos o estilo
Queipo, ....que noxo
Debemoslle tamén Celulosas, él cheiraba pior
Gustsballe sair nas " fotos" e alí quedou retratado para a posteridade, durante demasiados anos tivemos que soportar a sua cara de porco.
Debería ser recordado como un colaboracionista e un criminal de guerra, ese e o único premio que merece ese montón de merda
Comunicante anónimo, penso que debes saír do anonimato e dar a cara, podes opinar libremente, sendo responsable do que dis e non amparado na cobardía. Hai que respectar ás persoas e opinar con datos obxectivos non con vileza e carraxe. Identifícate e opina libremente hai que ser honestos e valentes, saír á luz, sen medos; pero sendo responsable dos argumentos.
Publicar un comentario