sábado, 7 de abril de 2012

NAS COUSAS SINXELAS ESCÓNDESE A FELICIDADE







Toda humilde beleza me namora,
na sinxeleza das cousas me recreo,
as cores das flores, os sorrisos dos nenos,
a súa fonda ledicia, como a aurora

provocan o meu asombro e reverencia.
Como as estrelas e os astros da noite
que contemplo ao carón do meu canciño
tamén me deleito coas artes e coa ciencia.

Admiro os misterios que envolven á humanidade,
gozo coa presencia de familiares e amigos,
parolar e facer grupo; amar e ser amado,
construir cos outros unha humilde comunidade.

Desfrutar de todo o que a vida nos ofrece,
o momento presente, que é o que temos,
o que xa foi, non é, e o futuro non nos pertence,
acollamos o canto do paxaro e a camelia que florece.

Aspirar a unha vida plena e sinxela
a ollada pura dun meniño, o sorriso algareiro
da mocedade que sinte e se emociona,
gozar coa presencia da amada, deixarse querer por ela.

É a vida un regato que paseniño sen deterse, pasa.
Unha boa aspiración é camiñar coa intención de ir regando,
nutrindo e fertilizando as nosas humildosas vidas, sementando
venturas, amando; abrindo de par en par as portas da nosa casa.

lunes, 2 de abril de 2012

UNHA EXPERIENCIA GRATIFICANTE: CONTACONTOS NO PIÑEIRIÑO





Sempre pensamos que un colexio é unha comunidade educativa, onde o alumnado, as familias, e o profesorado teñen o seu lugar de encontro e un papel que desenvolver nel.

Nesta segunda experiencia de contacontos, no presente curso escolar, un grupo de pais e nais co patrocinio da ANPA "O PIÑEIRO" e coa colaboración do profesorado do CEIP "O PIÑEIRIÑO" de Vilagarcía de Arousa ofrecímoslle ao noso alumnado un novo conto, escrito, deseñado e vivido por uns entusiastas pais e nais. O acontecemento foi todo un éxito e nesta actividade vemos cousas moi positivas:

- Traballo conxunto e cooperativo entre os pais e as nais e o profesorado.

- Fonte de desfrute e expresividade para todos.

- Fomento da lectura, da escrita, da oralidade, da convivencia.

- Intercambio e traballo sobre valores e oportunidade da sociabilidade.

- Facer grupo, comunidade por medio de algo moi positivo.

- Traballo artístico, tecnolóxico, lingüístico, expresivo.

- Coñecemento da contorna.

- Oportunidade para o modelamento de conductas e actitudes.

- Sentar precedentes para motivar á participación na vida da escola.

- Posibilidade de extender e de replicar a experiencia.

- Proxección social.

En síntese, todos gozamos coa presencia de todos nun espectáculo sinxelo, non exento de calidade, onde cada un aportou o mellor de si mesmo. E sobre todo houbo moita calidade humana.

Grazas a todos por facernos pasar uns intres tan máxicos e tan ledos, e para descubrir que todos levamos un pallaso dentro de nós.

Visiten esta bitácora:

http://anpaopineiro.blogia.com

miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA, 21-03-2012























Neste día, do comenzo oficial da primavera, celébrase o DÍA DA POESÍA, que coincide tamén co DÍA DO SÍNDROME DE DOWN, lémbrome especialmente dos amigos e amigas que son S. de Down, persoas moi queridas, que ofrecen todo o que son, simpatía e amor.

A Concellería de Educación, do Concello de Vilagarcía de Arousa, por medio da Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro", organizou neste Día de Poesía, e nas súas instalacións a lectura e declamación de poemas da ilustre musa das Letras Galegas, a inmortal, a santiña, a pobre da tola, ROSALÍA DE CASTRO.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

.......

"Espera, Galicia, espera"
¡Cánto este grito consola!
Páguecho Dios, bon poeta,...


.......

Cantor
dos aires,
paxariño alegre,
canta,
canta por que o millo medre;
cantor
da aurora,
alegre namorado,
ás meniñas dille
que xa sal o sol dourado;
que o gaiteiro,
ben lavado,
ben vestido,
ben peitado,
da gaitiña
acompañado
¡á porta está!...
¡Xa!...

(Acompáñase reportaxe fotográfica do acto poético na Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro").

miércoles, 14 de marzo de 2012

CAMELIAS, CAMELIAS DAS NOSAS RÍAS




De lonxe, dende outros mares
chegaches ti ás nosas rías.
Onde hai outros costumes, outros falares
fuches nacida, ben o merecías.

Mais noutras terras, que ti querías,
fuches acollida, recibida entre cantares,
entre brumosas praias, ricos solares;
moitas loanzas, moitos amores recibirías.

Flor sen arrecendo e sen ufanía,
mais das flores, flor ben belida;
aquí recoñecida, sempre amada.

Na solapa dun home sempre pousada.
No corazón da Terra, con alegría,
sexa a túa beleza sempre loada. (p. 13)



Aos nosos antergos pazos
cheos de soidade, de frialdade
acaba de chegar
unha belida e garrida dama,
ela enche todo o xardín
coas súas festivas galas.

Teñen moitas e variadas
vestimentas de moitas cores,
a cada cal máis galana:
vermellas, rosas, brancas
de matices lisos
e xaspeados.

¡Meu amor, que ledicia,
todas elas arrodeadas
dos verdes da Nosa Terra!

¡Que nova fidalguía
enche de fermosura
tódolos pazos da Ría! (p. 14)

De HIDROMEL, 2007.

sábado, 10 de marzo de 2012

CAMBA INVITA





O pasado sábado, día 3 de marzo de 2012, ás 18:00 h. tivo lugar na Casa do Pescador de Vilanova de Arousa, unha proposta teatral moi curiosa, divertida e orixinal, a Escola de Teatro "Valle-Innova" da Fundación "Valle-Inclán" invitounos a un simulado restaurante no nome dun anfitrión de pedra, Julio Camba, no L Aniversario do seu pasamento.
Camba invitounos a unha saborosa tapa de fabada e a unha cunca de viño tinto, de paso escoitabamos e víamos os seus consellos sobre o ben comer e todos os temas que Camba relacionaba coa gastronomía, a idiosincrasia española, os costumes e visións estranxeiras, o restaurante automático de New York,... Todo regado e aderezado coa súa fina e cínica ironía, así como co seu grande humor extraídos do seu libro:
LA CASA DE LÚCULO O EL ARTE DE COMER.

Foron uns intres agradables, outro xeito de pasar a tarde dun sábado.

martes, 6 de marzo de 2012

II OBRADOIRO CREATIVO DE POESÍA



PARTICIPANTES:

- José González

- Loreto Conde

- Isabel Pintos

- María Palacios

- Tito Porto e a súa dona

- Antonio Quiñoy

- M. Carmen Abalo

- Antonio Pinedo

As nenas:

- Marta Galcerán Conde

- Laia Galcerán Conde

e os seus amigos:

- Fran

- Rocío

COORDINADORA: Andrea Fernández, "Nei"

RPTE. DO LICEO CASINO: Xermán Torres

En primeiro lugar, vimos unha montaxe da autoría de Nei, quen tamén deseñou o fermoso cartél do II Obradoiro. Logo fíxonos a proposta de escribir un poema para nenos. Explicounos unhas cuantas características e o que significa escribir para nenos.

E aquí van dous poemas, compostos neste acto poético e creativo:

Zig zag zig zag
De un solo ojo
un diente de plata
que se hinca
en el lino,
"aguja afilada",
y hace caminitos
y sube montañas
y cruza sus cielos
de azul y de grana.

Zig zig zig zag
describe mil cruces,
mil sendas pertadas
y cuando se extiende
el hilo de plata
nacen caracoles
que frágiles marchan
haciendo carreras
por toda la falda.

Zig zag zig zag
y al fin se termina
clavada en la almohada
del alfiletero que siempre
la guarda.

ANDREA FERNÁNDEZ, "NEI"


Á MIÑA CADELA AMIGA

Chispita é unha cadela
vivaz, inqueda, intelixente.
A cadela que encheu
algúns intres moi ledos
dun tempo xa ido
e añorado.

O tempo dos soños,
dos xogos, dos medos...
Guau! Guau!
Chispita quere xogar,
irrumpe con estrondo,
os seus ollos de lume...

Aff, aff, hi, hi, hi
Chispita fala,
eu enténdoa.
Cóntame un conto,
salaios e inquedanzas
de Chispita, a miña
amiga dos tempos dourados.

Chispi, Chispi
onde estarás agora?
Guau! Guau! Guau!
Nos cornos da Lúa.
Si, si no fondo
das lembranzas
dos tempos idos.

Si, na Lúa lueira
Chispita fai unha carreira,
chega ata o meu corazón
e a lembranza esváese con ilusión.
Soñar,
amar,
Chispi a ladrar.

XERMÁN TORRES

sábado, 3 de marzo de 2012

TITO PORTO



TITO PORTO, UN GRAN ARTISTA
Toda unha vida gozando en Vilagarcía con creatividade, ledicia e ilusión

Hoxe sometemos ao famoso cuestionario Proust a un vilagarcián moi coñecido e querido. Cunha vocación artística e literaria que fan que teña unhas grandes ansias de vivir en plenitude e cunha fonda fe en Deus e un grande amor pola súa dona. É un dos poetas imprescindibles nas Mesas das Verbas, que ultimamente se veñen celebrando na nosa cidade. Unha persoa tenra e amabilísima coa que da gusto conversar e compartir o tempo, recuperar o tempo no sentido do que nos falaba Marcel Proust.


CUESTIONARIO PROUST

1.- Cal é o principal trazo do seu carácter? Afable.

2.- Que calidade prefere nun home? Seriedade e responsabilidade.

3.- E nunha muller? Responsabilidade e seriedade.

4.- Cal é a túa principal característica? Amabilidade.

5.- Que aprecia máis nas súas amizades? Lealdade e sinceridade.

6.- Cal é o seu principal defecto? O desorden.

7.- Cal é a súa ocupación favorita? O arte, a pintura e a escultura.

8.- Cal é o seu soño de felicidade? Estar xunto a miña dona.

9.- Cal sería a súa maior desgracia? Que a miña dona me faltase.

10.- Como lle gustaría ser? Cunha grande formación cultural.

11.- Cal é o país onde desexaría vivir? En España e onde vivo.

12.- Cal é a súa cor preferida? O azul celeste.

13.- Cal é a flor que máis lle gusta? A margarida (recórdame á miña irmán).

14.- Cal é o seu paxaro preferido? O gorrión por lembranzas de neno.

15.- Cal é o seu prosista preferido? Non me atrevería a opinar.

16.- E o seu poeta favorito? Son moitos.

17.- Cal é o seu heroe de ficción? O home do saco.

18.- E a súa heroína de ficción? A santa compaña.

19.- Quen é o seu pintor favorito? Rivas Briones.

20.- E o seu compositor musical? Manuel de Falla.

21.- Quenes son os seus heroes da vida real? Meu pai e miña nai.

22.- E as súas heroínas da vida real? Miña dona.

23.- Que acontecementos ou características da Historia detesta máis? As guerras.

24.- Quenes son os seus heroes e/ou heroínas da Historia Mundial? Nelson Mandela e Madre Teresa de Calcuta.

25.- Cal é a súa comida preferida? A tortilla de pan de millo (com pouco espesor e moita cebola.

26.- E a súa bebida? O viño tinto de Barrantes.

27.- Cales son os nomes que máis lle gustan? Domingo e Manuela (os nomes dos meus pais).

28.- Que detesta por riba de todo? O asasinato e o maltrato.

29.- Que personaxes históricos detesta máis? Moitísimos (incalculables).

30.- Que feito militar admira máis? A lealdade á Nación e as labores humanitarias.

31.- Que reforma valora máis? Non sabería valorar, hai moito que reformar.

32.- Que don natural lle gustaría posuír? Teño todo o que preciso.

33.- Como lle gustaría morrer? De repente e en gracia de Deus e preto da miña dona.

34.- Cal é o estado actual do seu espírito? Pensativo, con desexo de vivir.

35.- Que defectos ou faltas lle inspiran máis indulxencia? Neste momento pedir perdón, aos que ofendín sen sabelo.

36.- Cal sería o seu distintivo ou a súa divisa? A cruz, o crucifixo.

• Para rematar indique unha lembranza ou algo que queira destacar sobre a comarca de Arousa-Salnés.

Destacaría a importancia da ponte da Illa, para todos nós, e especialmente para eles.