jueves, 18 de julio de 2013

XXVIII MESA DAS VERBAS EN VILAXOÁN

O VENRES 19 DE XUÑO DE 2013, ÁS 21:00 H., CELEBRAREMOS A XXVIII MESA DAS VERBAS NA PRAZA DE RAFAEL PAZOS DE VILAXOÁN. NUNHA NOVA EDICIÓN DE POESÍA NA RÚA, AGARDAMOS XUNTARNOS OS AMIGOS DA POESÍA. UNHA VEZ CELEBRADO ESTE RECITAL POÉTICO, INCLUIREMOS UNHA PEQUENA REPORTAXE GRÁFICA.
Neste novo recital da serie da Mesa das Verbas, lemos poemas os seguintes amantes da poesía: Andrea Fernández "Nei", Tito Porto, Carme Darriba, José González, Carmen Abalo, Víctor Castro "EvCalo", Tere Briones, Ramón Quintáns, María Palacios, Antonio Quiñoy, Mª Xosé Rubianes, José Tizado, Finita, Porto, Jean Carballo, Rafa Gómez, Manoel Xosé, Xermán Manoel Torres. E ata outra millorada, como dicía Álvaro Cunqueiro. (Agradecemos ao Concello de Vilagarcía de Arousa e aos seus funcionarios a colaboración prestada nos permisos e autorizacións, na cesión da megafonía e no auxilio que nos prestou neste aspecto o amabilisimo funcionario e técnico electricista, D. Manuel Durán, os traballadores municipais que colocaron e recolleron as cadeiras). Quizais o menos positivo foi que o pobo de Vilaxoán con todas as actividades que coincidían non asistíu en gran número, aínda que algún vilaxoanés e vilaxoanesa si houbo. Ao principio e ao final do recital tivemos unha lembranza para todos e todas os traballadores da conserva que perderon ou teñen conflicto co seu posto de traballo (lembramos especialmente ás traballadoras de Peña e de Cuca) e todas as persoas que viven do mar concretamente en Vilaxoán, algúns poemas foron unha homenaxe aos pescadores, á Virxe do Carme, súa patrona e a todo o pobo de Vilaxoán que sabe cantar como ningún outro pobo, citouse o Vilaxoán Canta, que concretamente se celebrará o vindeiro luns, a partires das 20:00 h. Viva Vilaxoán, érguete Arousa!

domingo, 7 de julio de 2013

A RÍA DE AROUSA E CORTEGADA

Neste verán, algunhas persoas poderán gozar dunha travesía de dúas horas pola nosa ría, abordo do galeón ILLA DE CORTEGADA, penso que pode ser unha experiencia magnífica que nos brindan o CONCELLO DE VILAGARCÍA e a asociación ROMPETIMÓNS. Parabéns pola iniciativa. É unha ocasión única para que a xente poida valorar a beleza e a riqueza que supoñen a Ría de Arousa e a illa de Cortegada. Lémbrome con cariño dunha amigo que navega por outros mares, os océanos da eternidade, e que era un amante e bo coñecedor da nosa ría, o biólogo Felipe Porta Vila, que as augas da outra vida lle permitan boa navegación. // Dispoñíame eu na compaña duns familiares a participar nesta extraordinaria experiencia o pasado domingo día 23 de xuño, ás 17:00 h., ía ilusionado e contento. Ao chegares ao peirao de Carril todo disposto a embarcar no galeón ("meu gozo nun pozo") o patrón da embarcación, con moi bo criterio, criterio de experto, e diante do estado da mar, indicounos que era mellor deixalo para outro día, co fin de ter unha boa experiencia e grata lembranza, xa que neste día as augas e o vento non eran propicios. En principio, un queda defraudado, despois das ilusións postas na travesía; pero deseguida se comprenden as razóns, o primeiro é a seguridade e hai que aceptar as decisións dos que saben, dos vellos lobos do mar. Xa embarcaremos no galeón ILLA DE CORTEGADA e relataremos e ilustraremos a experiencia. /// Quedámonos con estes versos de Cunqueiro: Hai unha illa deitada / alá, no fondal do mar...

viernes, 28 de junio de 2013

CONFERENCIA, POESÍA E CONCERTO NO LICEO CASINO

Hoxe, venres 28 de xuño de 2013, no Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa (Rúa Castelao, 5), desenvolveranse os seguintes actos culturais: - Ás 20:15 h.: CONFERENCIA de Santiago Losada Carregal, quen disertará sobre: 150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS, dita exposición estará ilustrada coa declamación de poemas de Rosalía de Castro por parte dos recitadores: Carmen Abalo e Enrique Brumbéck. // Seguidamente, ás 21:00 h.: CONCERTO do Coro Infantil e Xuvenil "Z. Kodály", dirixido polo mestre, Marco Lucato e acompañado polo pianista, Germán Jesús Torres Sánchez. Unha nova oportunidade cultural que nos brinda o Liceo Casino de Vilagarcía, tan precisado de que moitas persoas tomen a iniciativa de facerse socios, xuntos podemos!!///. A primeira imaxe, xentileza de FICHI. Unha vez celebrados os actos ofreceremos novas imaxes para ilustrar esta entrada.

martes, 11 de junio de 2013

XXVII MESA DAS VERBAS - CARRIL

BENQUERIDOS AMIGOS E AMIGAS, VERÉMONOS NUNHA NOVA EDICIÓN DE POESÍA NA RÚA COA XXVII MESA DAS VERBAS QUE TERÁ LUGAR O VENRES 14 DE XUÑO, ÁS 21:00 H. NA RÚA DE PORTUGALETE EN CARRIL (PRETO DO ESMORGA, AO FINAL DO PASEO MARÍTIMO), TEREMOS EN CONTA O CENTENARIO DO NOSO CONCELLO. NON FALTEDES Á CITA. SAÚDE E POESÍA. // CONTAMOS COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, QUE NOS FACILITA A MEGAFONÍA E AS SILLAS. DISFRUTAREMOS DA COLABORACIÓN ESPECIAL DE PILAR GARRIDO, A SÚA FAMILIA E AMIGOS, COA SÚA MÚSICA E OS SEUS CANTOS. A TODOS E A TODAS GRAZAS DE ANTEMÁN. GRATITUDE PARA J.M. MARIÑO (www.turvilagarcia.com) e a todos os medios de difusión da comarca que nos axudan a divulgar este acontecemento poético e musical. E como non, mil gracias aos participantes activos e aos oíntes. Pon na túa vida un verso e moito amor.
A pesares de que estivo un tempo desapacible, cunha brisa moi molesta o marco onde se desenvolveu a XXVII MESA DAS VERBAS foi incomparable. Tivemos un encontro moi agradable e inesquecible coa poesía de todos os que recitaron e Pilar Garrido e os seus irmáns estiveron magníficos animando o acto coa súa música, cos seus cantos... Se vas a Carril / nada máis chegar / verás Cortegada deitada no mar... (Disfrutade das imaxes da nosa compañeira Tere Briones). Participaron desgranando versos nesta oportunidade: Carmen Abalo, Ramón Quintáns, Tito Porto, Antonio Quiñoy, Ángeles Conde, Antonio Pinedo, María Palacios, Manoel Xosé de Oliveira, Tere Briones, Víctor Castro "EvCalo", Óscar Almendros, José Tizado, Jean Carbalho, Rafa Gómez, Juan José Romero, Finita Durán, Andrea Fernández "Nei", Xermán Torres.

miércoles, 5 de junio de 2013

NA FESTA DO CORPUS

NA PRIMEIRA IMAXE, UN DETALLE DO SAGRARIO DO ALTAR MAIOR DO TEMPLO PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE AREALONGA, EXTRAÍDA DA PUBLICIDADE EDITADA POLA PARROQUIA PARA A FESTIVIDADE DO SACRAMENTO DE 2013. Agora vai unha imaxe da Festa Sacramental de 2013 na Parroquia de Santa Baia de Arealonga, xentileza de Juana Taboada.