Mostrando entradas con la etiqueta Faro de Vigo-Arousa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Faro de Vigo-Arousa. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de enero de 2019

REPORTS GRAPHIC OF THE PRESENTATION OF ANACO I

O pasado venres, 25 de xaneiro tivemos un agradable acto de presentación da revista poética da Mesa das Verbas, ANACO I. Ofrecemos algunhas imaxes de Tere Briones de dito evento.




Os medios de comunicación fixéronse amplamente eco do evento, como mostra, esta reseña do Faro de Vigo-Arousa, 26/01/2019:


jueves, 15 de marzo de 2018

I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS

Imaxe de Noé Parga (Faro de Vigo)

Imaxe do Diario de Arousa


I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 18
CONVOCADO E ORGANIZADO POLA MESA DAS VERBAS E O CENTRO COMERCIAL AROUSA

1.- Convócase este I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 18, idea e organización da Mesa das Verbas e do Centro Comercial Arousa co fin de promover e promocionar a creación literaria en lingua galega.
2.- Poderá participar neste concurso calquera persoa que o desexe que necesariamente acepta as presentes bases, propostas polas entidades colaboradoras, así como tamén acepta todas as decisións do xurado (que será elixido e conformado no seu día e oportunamente) e que terá a capacidade de dirimir e interpretar todo o concernente a este concurso e as súas decisións serán inapelables.
3.- Cada persoa poderá presentar un máximo de tres obras, que poderán pertencer a calquera xénero e estilo literario. A obra terá que estar escrita en idioma galego, ser orixinal e inédita, de tema libre. Non podendo ser coñecida nin premiada en calquera outro certame.
4.- A extensión máxima de cada obra será dun folio por unha soa cara. No reverso do folio figurará un número de teléfono de contacto. O folio non poderá conter ningún sinal de identificación, tan só pola parte de atrás figurará o teléfono de contacto.
5.- O prazo de entrega será ata o 17/04/2018 (inclusive). As obras serán depositadas nas urnas que se colocarán ao efecto nas dependencias do Centro Comercial Arousa.
6.- Os premios non poderán declararse desertos.
7.- A entrega de premios terá lugar o xoves, 17 de maio de 2018, Día das Letras Galegas, nunha edición especial da Mesa das Verbas, a partires das 20:00 h. na sala de xuntanzas, no 3º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía de Arousa.
8.- Os premios serán os seguintes:
- 1º PREMIO: 90 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 €, e diploma.
- 2º PREMIO: 40 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 40 €, e diploma.
- 3º PREMIO: 30 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 20 €, e diploma.

9.- Os autores ceden todos os seus dereitos sobre as obras, durante o prazo dun ano a partires da data da entrega de premios, por se as entidades convocantes tiveran a oportunidade da publicación das obras premiadas. Transcorrido ese ano, reverterían de novo nos seus autores.

10.- As obras non premiadas poderán retirarse ata o 17/06/2018, acreditando debidamente ser a autora ou autor, despois desa data serán destruídas.

11.- A participación neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.


Vilagarcía de Arousa, 17 de marzo de 2018

domingo, 3 de diciembre de 2017

FILGUEIRA, PREGOEIRO EN VILAGARCÍA (III)





Nestas últimas entradas estou a ofrecer unha síntese dos materiais que pescudei e utilicei na miña pasada conferencia na III Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia, do pasado 28/10/2017. Agardo que servan para dar a coñecer e recoñecer o labor cultural de Xosé Filgueira Valverde. A niguén se lle escapa o moito que traballou por Galicia e o galego o eximio vate pontevedrés.


CITAS

1.- Personaxes literarias
2.- Personaxes históricas
3.- Padroeiros das parroquias
4.- Os eruditos locais


1.- PERSONAXES LITERARIAS

        DA BANDA DE ALÁ: García Mattí, Castelao, os Dieste, Manuel Antonio, Fernández Mato.
        DA BANDA DE ACÓ: Barreiro, Cabanillas, os Camba, os Bouza Brey, Valle Inclán.

2.- PERSONAXES HISTÓRICAS

        García Caamaño, o fermoso, o vello (1461), os García Caamaño (Rubiáns, O Rial)
        Rodrigo de Mendoza Soutomaior (1589)
        García Manrique e Enrique III, rei de Castela e León
        Juan Mariño de Soutomaior (Vilaxoán)

3.- PADROEIROS DAS PARROQUIAS E CAPELAS

        Santa Olaia de Arealonga
        Santiago de Carril
        San Cristobo
        San Bartolomeu
        San Pedro (Cea, Cornazo, Fontecarmoa)
        Santa María de Rubiáns
        San Martiño de Sobrán
        San Salvador de Sobradelo
        San Xinés de Bamio
        Capelas (San Cibrán, Santa Rita, Nosa Señora de Cortegada)


4.- Os eruditos locais

        Núñez Búa, Garrido, Aquilino (Colexio León XIII)
        Fernández
        Del Valle
        Viqueira
        García Lago
        Valle, Barreiro, os Bouza Brey (os poetas)


CARACTERÍSTICAS

        Rigor (traballado, documentado e fundamentado).
        Calidade literaria e expositiva; carácter didáctico.
        Integrador, global (non se circunscribe só ao centro da cidade, refírese a todo o Concello).
        Contextualización xeográfica e histórica.
        Exaltación das bondades e das belezas.
        Obra dun mestre pregoeiro.

DOCUMENTACIÓN

        Arquivo Concello de Vilagarcía de Arousa.
        Arquivo Museo de Pontevedra.
        Fortes Alén, Mª Xesús: Ó Dr. Filgueira Valverde nos seus noventa anos (1906-1996). Bibliografía. Traballos. Eloxios. Caixa de Aforros de Pontevedra, 1996, pp. 153.
        Garrido Castromán, Daniel: Da terra, do mar e do ceo. Concello de Vilagarcía, 2003.
        Hemeroteca La Voz de Galicia-Arousa.
        www.filgueiravalverde.gal