sábado, 7 de julio de 2012
XVI MESA DAS VERBAS - HOMENAXE A FEIXOO
O pasado venres, día 6 de xullo de 2012, na XVI MESA DAS VERBAS, que estaba previsto se celebrara na Praza da Independencia de Vilagarcía de Arousa, moi preto da rúa dedicada ao pai Feixoo, e que por mal tempo houbo que trasladar este acto poético ao Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía, na rúa Castelao, nº 5. Pois, dicía que fixemos lembranza e unha pequena homenaxe ao ilustrado bieito, frei Bieito Xerónimo Feixoo, natural de Casdemiro, na provincia de Ourense (1676-1764), un insigne representante da Ilustración española. Un sabio que pretendía mellorar a situación do noso país, por medio dun pensamento racional e científico, desbotando erros e supersticións. Pasou un tempo no mosteiro de Lérez, pero a maior parte da súa vida desenvolveuse en Oviedo, onde foi un eminente profesor e conselleiro. Foi moi amigo e mestre doutro grande da nosa terra, frei Martín Sarmiento. Ambos monxes foron moi admirados e estudiados por Filgueira Valverde. Vou transcribir algúns pensamentos do pai Feixoo, que teñen plena vixencia e aparecidos nalgunha das súas dúas grandes obras: TEATRO CRÍTICO UNIVERSAL, (1727-1739)e CARTAS ERUDITAS Y CURIOSAS, (1742-1760); obras de carácter ensaístico, onde fala de todo, do divino e do humano; por eso está considerado como un dos máis grandes polígrafos de todos os tempos. Velahí van algunha das súas máximas: - "El valor de las opiniones se ha de computar por el peso, no por el número de almas. Los ignorantes por ser muchos, no dejan de ser ignorantes. ¿Qué acierto, pues, se puede esperar de sus resoluciones?" / - "La adulación es una puerta muy ancha para el favor; pero ningún ánimo noble puede entrar por ella, porque es muy baja". / - "Para quien ama la lisonja, es enemigo quien no es adulador". / - "La inclinación a la Música allana al alma el camino de la virtud". // Nesta XVI MESA DAS VERBAS, participaron declamando e lendo poemas: - ENRIQUE BRUMBÉCK, - CARMEN DARRIBA, - MARÍA PALACIOS, - ENCARNA, - JEAN CARBALLO, - TITO PORTO, - EV.CALO, - RAMÓN TORRADO, - RAFA GÓMEZ, - ANTONIO QUIÑOY, - MANOEL XOSÉ, - JOSÉ GONZÁLEZ, - ALEJANDRO GUANELLA, - CARMEN ABALO, - GRACIELA, - ISABEL PINTOS, - ÁNGELES CONDE, - ANTONIO PINEDO, - ANDREA FERNÁNDEZ, "NEI", - XERMÁN TORRES, - ALFONSO SAAVEDRA. A próxima Mesa das Verbas, a edición XVII, será o vindeiro venres 3 de agosto, ás 21:00 h., na Praza de Galicia de Vilagarcía se o tempo non o impide, senón sempre nos quedará o Salón de Actos do Liceo Casino. Nesta oportunidade faremos memoria dos poetas de Vilagarcía de Arousa.
sábado, 30 de junio de 2012
JOVELLANOS, UN HOME ADIANTADO AO SEU TEMPO
Gaspar Melchor María Jovellanos, Principado de Asturias, 1744-1811, este xixonés universal de orixe fidalga, ao seres o terceiro dos varóns da súa familia, estivo destinado á carreira eclesiástica, que comenzou e non culminou e ao falecer os seus dous irmáns maiores tivo que se facer cargo da fortuna e dos asuntos familiares. Non deixou descendencia directa. Chegou a estudiar no prestixioso e elitista Colexio Maior de San Ildefonso, da Universidade de Alcalá, cando estudiante, facía escapadas a Madrid para presenciar espectáculos teatrais e para se divertir. Era moi popular entre os seus compañeiros, "tiña boa voz e tocaba a guitarra, gustáballe a poesía, as cancións populares...". Na Universidade de Alcalá coñeceu a José Cadalso, do que recibiu forte influencia e quen o iniciou no coñecemento do movemento ilustrado e nas ideas dos "philosophes", Diderot, D'Alembert (representantes da Enciclopedia), Voltaire, o abade de Condillac. Estaba ao tanto de todos os pormenores da cultura europea do seu tempo, coñecía as linguas francesa e inglesa, chegou ser un dos mellores intelectuais e homes máis cultos do seu tempo, valoriza o século XVIII español, foi un home íntegro, cunha grande fondura ética e moral na envenenada sociedade do seu tempo. Home de moitos saberes e de moitas almas, interesado na política, na economía, na xustiza e nas cuestións educativas,... Movíao o interese de "mellorar as condicións de vida do pobo". Dende 1774 a 1778, exerce diversos cargos na Audiencia de Sevilla. Jovellanos integraríase na Sociedade Económica Sevillana de Amigos do País, como secretario da Comisión de Industria, Comercio e Navegación. Aquí, na capital andaluza principiará a súa variada carreira literaria. Trasladase a Madrid, onde se integrará na Sociedade Matritense de Amigos do País, será designado académico da Real Academia da Historia. En 1780, tomará posesión do cargo de académico da Real Academia de Belas Artes e no ano seguinte ocupará a cadeira como membro da Real Academia da Lingua. En 1797, o 23 de novembro no Escorial e diante de Carlos IV, tomara posesión como Ministro de Gracia e Xustiza, onde se lle tende unha trampa e cae envenenado, o que afectará para sempre a súa saúde e estado xeral. Por intrigas cortesanas, onde moitos queren ver a man da raíña consorte, sufre persecución e cautiverio. Será prisioneiro na cartuxa de Valldemosa, onde escribirá: MEMORIA SOBRE EDUCACIÓN PÚBLICA, publicación que nos sorprendeu e agradou tanto. Estivo, finalmente, preso no Castelo de Bellver, que domina a bahía e a paisaxe da cidade de Mallorca. Cara o final da súa vida e coas vicisitudes da Guerra da Independencia fronte á Francia napoleónica, quere chegar canto antes á súa Asturias natal, morrerá alí, probablemente o día 28 de novembro de 1811, pasando durante este periplo e antes do seu pasamento por Muros, Santiago, e outros lugares da nosa Galicia.
Como me impresionou tanto, vou recoller frases textuais da súa interesante obra: MEMORIA SOBRE EDUCACIÓN PÚBLICA, O SEA, TRATADO TEÓRICO-PRÁCTICO DE ENSEÑANZA, CON APLICACIÓN A LAS ESCUELAS Y COLEGIOS DE NIÑOS, na edición de Antoni J. Colom y Bernat Sureda da Editorial Biblioteca Nueva, Madrid, 2012. As citas textuais desta entrada son tomadas desa edición.: "¿Es la instrucción pública el primer origen de la prosperidad social? Sin duda. / Las fuentes de la prosperidad social son muchas; pero todas nacen de un mismo origen, y este origen es la instrucción pública. / (...) conservarle es el primer objeto de la solicitud de un buen gobierno, es el mejor camino para llegar a la prosperidad. Con la instrucción todo se mejora y florece; sin ella todo decae y se arruina en un estado. / Recórranse todas las sociedades del globo, desde la más bárbara a la más culta, y se verá que donde no hay instrucción todo falta, que donde la hay todo abunda, y que en todas la instrucción es la medida común de la prosperidad. / (...) sin virtud ni costumbres, ningún estado puede prosperar, ninguno subsistir. / Donde las leyes autorizan la desigualdad de las fortunas; cuando la mala dsitribución de las riquezas pone la opulencia en pocos, la suficiencia en muchos y la indigencia en el mayor número, entonces es cuando un lujo escandaloso devora las clases pudientes, y cuando, difundiendo su infección, las contagia, y aunque menos visible, las enflaquece y arruina. / La urbanidad es un bello barniz de la instrucción y su mejor ornamento; pero sin la instrucción es nada, es sólo apariencia. La urbanidad dora la estatua, la educación la forma". / Sabias palabras de Jovellanos, que se convirte nun precursor do ensino secundario, ofrecido a toda a sociedade, creando "una institución pública y abierta, en que se de toda la enseñanza que pertenece a ella; una institución en que sea gratuita toda la que se repute absolutamente necesaria para formar un buen ciudadano. (...), siendo la enseñanza libre y abierta"./ (pp. 85-88, 90, 98). / Jovellanos desexaba unha educación para todos, pensaba nunha educación liberadora, fonte de prosperidade. Os que recortan os servicios públicos en sanidade, educación, e servicios sociais deberan coñecer e ler ao grande home asturiano, ao mellor non lles interesa e seguen a encadealo no esquecemento e no envenenamento das políticas materialistas e de obscuros intereses que nos afunden a todos, principalmente aos máis débiles e desafortunados.
Nesta imaxe tomada desde o castelo de Bellver, a cidade de Mallorca ao lonxe.
lunes, 11 de junio de 2012
UN PASEO POR LUGO
jueves, 31 de mayo de 2012
D. RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN, SENLLEIRO PERSONAXE DE AROUSA
Semella á fin que non hai dúbidas sobre o lugar de nacemento e rexistro da partida de Bautismo de Valle-Inclán na parroquia de San Cipriano de Vilanova de Arousa, entre outras persoas, Manuel Longa Pérez ten escrito ao respecto. D. Ramón María prestixia a nosa comarca dende o punto de vista literario, xa que o ilustre vilanovés é un dos máximos representantes da ínclita xeración do 98. Dende o Modernismo e ata o esperpento por el creado, Valle-Inclán ten un amplo recorrido e unha sona sobradamente probada como literato. Creouse el mesmo como mito, fíxose un personaxe coas súa lendas e misterios que el mesmo axudaba a espallar. Todo esto levou á famosa frase atribuida ao xeneral Primo de Rivera: "Eximio escritor y extravagante ciudadano" coa que D. Miguel se refería a D. Ramón María. A nivel familiar tivo os seus máis e os seus menos. Meteuse en moitas liortas, como a que provocou os problemas nun dos seus brazos. Xenio e figura ata a sepultura.
Foi unha das principais figuras das famosas tertulias no "Café Gijón" de Madrid. Ultimamente, leín a súa novela TIRANO BANDERAS, que me sorprendeu gratamente. Gozo a cotío coa lectura e relectura das SONATAS, mais, hai unha obra coa que quedei abraiado; primeiro, coa lectura de LUCES DE BOHEMIA, que cando a estudiei encadrábase como teatro irrepresentable. Logo, tiven a sorte de presenciar, creo que no ano 1984, a súa estrea no recén remozado teatro García Barbón de Vigo, cun soberbio José María Rodero no papel protagonista de Max Estrella. Dende esa quedei namorado desta marabillosa obra teatral, coa que se funda o esperpento, que como os espellos da rúa dos Gatos, desvirtúa, ou mellor, transforma a realidade.
Finalmente, creo lembrar que o meu admirado Filgueira Valverde visitou ao grande e abandoado D. Ramón, cando estaba doente e case moribundo no sanatorio da Rosaleda de Santiago de Compostela no ano 1936.
No día de hoxe, 31 de maio, terei a sorte de disfrutar coa súa obra: LA MARQUESA ROSALINDA, representada no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, polos meus amigos do Grupo de Teatro Valle-Innova da Fundación Valle-Inclán.
domingo, 20 de mayo de 2012
RIVAS BRIONES NO LICEO CASINO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Antón Rivas Briones (Madrid, 1918 - Vilagarcía de Arousa, 2004), destacou como un gran pintor e artista plástico, dominou coma ninguén a talla e a técnica da xilografía, na que destaca como un dos mellores artistas de España, foi premiado varias veces na Bienal de Arte, promovida pola Deputación de Pontevedra, levando a Medalla de Ouro na Bienal Nacional de Arte de Pontevedra en 1979, organizada polo organismo provincial. A súa obra atópase espallada en varias entidades e en coleccións particulares. Foi discípulo doutro grande artista vilagarcián, Manuel Rey Posse, Rivas traballou no seu obradoiro de ebanistería e alcanzou gran mestría e fama como ebanista, tivo o seu propio obradoiro no popular barrio do Castro de Vilagarcía de Arousa. Foi un home de carácter austero, máis ben calado e tímido, traballaba cando se sentía inspirado e non por facer cartos. Por medio do esforzo e do seu traballo persoal acadou un estilo propio, chegando a ser moi valorado. Grazas a súa fina sensibilidade e ao seu amor pola alma galega, retrata tipos populares, humildes e sinxelos. Evolucionou desde o vangardismo ata o realismo, reflectindo o seu sentir galeguista, hai unha armonía entre o debuxo, a cor, e a plasticidade dos personaxes que retrata.
No Liceo Casino de Vilagarcía podemos atopar algunhas das súas importantes obras. Hai varios gravados, pero hoxe imos falar dun retrato dunha muller datado en 1977 e dun gran mural que preside o escenario do Salón de Actos da centenaria sociedade vilagarciana.
Neste retrato de muller, observamos o tipo de mans características en Rivas Briones, mans grosas, encallecidas, de muller traballadora. Igual que o seu rostro, Rivas pinta tipos galegos populares. Este retrato reflicte perfectamente o estilo e a mestría do grande Rivas, nun momento xa de madureza a nivel artístico.
Como o fermoso mural do que falabamos, do ano 1972, nel podemos ver unha alegoría da danza, dos bailes tan característicos da sociedade Liceo Casino. Recorre distintos momentos históricos. A mitoloxía clásica, o deus pan, un sátiro con frauta de pan e as ninfas danzando. Logo a danza galega cos motivos típicos, os gaiteiros, as pandereteiras e os bailes modernos. Rivas é xa aquí un pintor consagrado e admirado, moi querido na súa cidade, Vilagarcía de Arousa, que por ter nacido circunstancialmente en Madrid o convirte en fillo adoptivo. Moitos nos lembramos do mestre calado coa súa boina e paseando polo seu barrio do Castro, ou tomando apuntes co seu lapis. Fernando Quintela Novoa que foi seu compañeiro no colexio León XIII, tennos contado que Rivas cunha navalliña esculpía asombrosamente nas tizas e que xa desde moi novo apuntaba ao grande artista que chegaría ser.
BIBLIOGRAFÍA: - AA.VV.: "Rivas Briones, Antón" en DICCIONARIO ENCICLOPÉDICO GALEGO UNIVERSAL, tomo 53. Vigo, Ir Indo, 2003, p. 48. // - TRAVIESO MOUGÁN, Javier: "RIVAS BRIONES, Antón" en GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA, tomo 27. Vitoria, Silverio Cañada, 1974, pp. 23-24. // - VILA FARIÑA, Xosé Lois et Víctor Viana Martínez: "RIVAS BRIONES, Antón" en DICCIONARIO BIOGRÁFICO DE LA COMARCA DE O SALNÉS. Vigo, Diputación Provincial de Pontevedra, 2001, p. 254.
lunes, 14 de mayo de 2012
CONCERTO DO TRÍO CASSADÓ
O xoves 10 de maio de 2012, ás 20:30 h., na compaña do meu amigo, o compositor galego, Eligio Vila, tiven o pracer de escoitar por primeira vez ao Trío Cassadó no seu concerto na Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde as persoas que tivemos a oportunidade de escoitalos, gozamos da boa música e do bo facer duns artistas, duns músicos extraordinarios. Precisamente, Javier Vila, o excelente pianista, é fillo de Eligio Vila. Ten que ser unha grande satisfacción escoitar a un fillo interpretando a música propia, como neste caso. O programa que nos ofreceron, pode verse nunha das imaxes que ilustran esta entrada, foi magnífico. Abríu o mestre Groba, seguimos con outro gran mestre, Eligio Vila. Na II parte, o broche de ouro, con Tchaikovsky, hai outra mellor forma de pasar unha tarde-noite?
Este concerto dou pe a unha sinxelas reflexións dun simple amante da música: opinan moitos que sairemos adiante gracias á educación impartida nas casas e nas escolas, e coa promoción da cultura e do cultivo das artes, e entre delas a música.
A sociedade, por medio dos políticos e xestores, tería que reservar unha porcentaxe necesaria e suficiente dos orzamentos culturais á música; pero, refírome á grande música, á música culta, á música clásica, nai de tódalas músicas. E facer todo o posible por crear e espertar hábitos no pobo para que a saiba apreciar e desfrutar. Cultura e educación constitúen a salvación dos pobos, nelas está o futuro.
E a xeito de pequena crítica musical, voume atrever a expresar a miña opinión e parecer sobre as obras dos dous compositores galegos citados, que eles perdoen e comprendan o meu atrevemento, o dun sincero admirador. De Groba dicir que este TRIUM (1983)expresa vigor, forza, dinamismo. Beleza galaica contida nunha peza que ten reminiscencias do folclore galego, Groba fai patria coa súa música, que reflicte o celtismo dos grandes bardos como Pondal. Nas súa notas soa Galicia.
No TRÍO (2011) de Vila, atopamos expresividade, sensibilidade, intención estética nun romanticismo contemporáneo.Gozar franciscanista da paisaxe, aquela natureza lantañesa da infancia e primeira xuventude, amencer de páxaros e arrecendo bucólico da paisaxe saliniense. Vila é como un clásico de hoxe. Un pode, como un San Ero, extasiarse con esta amable música. Hai beleza na melodía e na armonía con recursos musicais contemporáneos. O piano transmite unha sutil armonía impregnada de tenrura cara o oído do espectador, un ton amable e colorista que nos fai sentir a beleza da nosa paisaxe e da nosa natureza. Existen momentos nos que logra un diálogo expresivo entre o violín e o violonchelo que propician e estimulan o goce musical.
Quizais, teñamos algún día a sorte de escoitar e gozar coa excelente música deste trío na cidade de Vilagarcía de Arousa, se os hados nos son propicios poderemos desfrutar deste e doutros programas que poidan presentar ao gran público arousán.
O nome do trío, CASSADÓ, provén dun grande chelista catalán homónimo.
Que todos gocemos escoitando e facendo música,fainos máis humanos e achéganos á divinidade.
domingo, 6 de mayo de 2012
ANTONIO PINEDO
Antonio Pinedo é un dos asiduos á Mesa das Verbas na compaña da súa muller, Carmen Conde, coa que mantén unhas “tençons”, unhos diálogos poéticos moi esperados e celebrados en ditas reunións. Aínda que tímido, é moi simpático e irónico; así, como un gran druída lírico. Vexamos as súas respostas ao
CUESTIONARIO PROUST
1.- Cal é o principal rasgo do seu carácter? El desmesurado orden.
2.- Que cualidade prefere nun home? La sinceridad.
3.- E nunha muller? La sinceridad.
4.- Cal é a túa principal característica? Soy perfeccionista.
5.- Que aprecia máis nas súas amizades? La sinceridad.
6.- Cal é o seu principal defecto? La intrasigencia.
7.- Cal é a súa ocupación favorita? Leer.
8.- Cal é o seu soño de felicidade? Vivir en paz con todos y contigo mismo.
9.- Cal sería a súa maior desgracia? Perder a mi mujer.
10.- Como lle gustaría ser? Más positivo y tolerante.
11.- Cal é o país onde desexaría vivir? Donde fuera más feliz.
12.- Cal é a súa cor preferida? El rojo.
13.- Cal é a flor que máis lle gusta? La rosa roja.
14.- Cal é o seu paxaro preferido? El canario.
15.- Cal é o seu prosista preferido? J. R. Tolkien.
16.- E o seu poeta favorito? Federico García Lorca.
17.- Cal é o seu heroe de ficción? Aragorj
18.- E a súa heroína de ficción? La bruja escarlata (“Scarlet Witch”).
19.- Quen é o seu pintor favorito? Diego Velázquez.
20.- E o seu compositor musical? Frédéric Chopin.
21.- Quenes son os seus heroes da vida real? Los hombres que trabajan por y para la paz.
22.- E as súas heroínas da vida real? Las mujeres que trabajan por y para la paz.
23.- Que acontecementos ou características da Historia detesta máis? Las guerras.
24.- Quenes son os seus heroes e/ou heroínas da Historia Mundial? Los pacifistas: Mahatma Gandhi, Teresa de Calcuta, etc.
25.- Cal é a súa comida preferida? Bistec con patatas fritas.
26.- E a súa bebida? El agua.
27.- Cales son os nomes que máis lle gustan? Todos, no tengo preferencias.
28.- Que detesta por riba de todo? La mentira, el engaño.
29.- Que personaxes históricos detesta máis? Los dictadores.
30.- Que feito militar admira máis? Ninguno.
31.- Que reforma valora máis? ¿Es que ha habido alguna reforma verdadera?
32.- Que don natural lle gustaría poseer? La alegría contagiosa.
33.- Como lle gustaría morrer? En paz con todos y conmigo mismo.
34.- Cal é o estado actual do seu espírito? El desánimo.
35.- Que defectos ou faltas lle inspiran máis indulxencia? Todas, mientras no hagan daño a los demás.
36.- Cal sería o seu lema ou a súa divisa? Vive y deja vivir.
• Para rematar indique unha lembranza ou algo que queira destacar sobre a comarca de Arousa-Salnés.
Los atardeceres de fuego, caminando por el paseo marítimo a la altura de Carril, de la mano de mi mujer. Creo que ahí nació mi alma de poeta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





