martes, 16 de abril de 2019

UNE LARME AMÈRE POUR NOTRE DAME DE PARIS




(Imaxe de Xermán Manuel Torres)

Quelle tristesse pour un symbole de la France et du monde entier. Le feu maudit nous a privé dun trésor de la Histoire de la France; un trésor de nous tous. C'est dommage!


(Foto de Xermán Manuel Torres)

viernes, 5 de abril de 2019

HOMENAXE A VILA FARIÑA EN BAIÓN - 6-ABRIL-2019


Vila Fariña, no centro da imaxe, nunha das primeiras Mesa das Verbas na rúa

Xosé Lois Vila Fariña, voa libre polo ar de Arousa-03-01-2018


Xosé Lois Vila Fariña
voa xa ceibe polo ar
da súa benquerida comarca
de Arousa - Salnés.

Seu espírito anda ceibo
polas corredoiras,
polos máxicos montes
do seu amado Baión.

Chouta de penedo en penedo,
de lenda en lenda
na busca da verba cumprida,
das historias agochadas
en cada arquivo,
en cada monumento
do seu idolatrado Concello.

Nos montes de Baión
xa choran as meigas e os meigos,
as curuxas e os mouchos
ventan que xa marchou
o druída de Baión,
o amante dos celtas fuxidíos;
os carballos das fragas
agora quedan sos.

Vilanova de Arousa xa ten
unha lumieira,
que alá no alto do ceo,
máis aló do tempo
e das estrelas
velará polos acontecementos,
polas xentes queridas
dos tempos idos.

Voa, Lois, libre,
valente como sempre,
incómodo e tenro,
triste en enrabechado coas inxustizas.

Amigo, ti querías unha Arousa
culta, amante do seu pasado,
atarefada e xusta co presente,
esperanzada e engaiolada co futuro.

Voa, Lois, por sempre
e aterra nos nosos corazóns
para que loitemos polo pobo
e fagamos unha Terra libre
e máis igualitaria.

Voa, Lois, voa xa libre.

In memoriam


Volverei ler este meu poema lembrando ao "caro amigo" que xa "durmiu fóra", na homenaxe que a Asociación O Castro de Baión vai renderlle ao seu eximio socio e veciño de honra de Baión, como foi Xosé Lois Vila Fariña. Exemplo para todos nós polo seu afán por saber, pescudar, descubrir. Home curioso, sabio, dunha sabiduría popular e autodidacta. Vila era unha personaxe atraente, lémbroo alá a finais da década dos 70, principios dos 80 do pasado século, coa súa cámara fotográfica e co seu magnetofón percorrendo todos os currunchos do seu amado Baión e de toda a comarca saliniense. Era un gran lector e escritor, home de moitas inquedanzas. Foi mágoa, pero non puidemos levar a cabo un seu proxecto de peregrinación a Tréveris, lugar do martirio de Prisciliano. Pero, participamos xuntos en moitas cousas, falando de vagar e vendo a súa ilusión por cada publicación que lograba levar ao prelo. Nas xuntanzas poéticas que celebramos con el na Residencia Divina Pastora de Vilagarcía, que foron o xérmolo da Mesa das Verbas.
Hai tantas cousas que falar sobre Vila..., das súas numerosas publicacións eu destacaría a que lle dedicou ao monte Lobeira e a biografía sobre Domingo Fontán, tan valorada, logo tamén polo que significa e polo valor divulgativo o seu Dicconario Biográfico do Salnés, escrito en colaboración co seu bo amigo Víctor Viana, quen tanto o axudou.
Paréceme interesante a súa contribución a reivindicación do Colón Galego, traballo especulativo, á espera de que se atope algún dato concluínte, algúa achado definitivo; algo que o tería aledado moito.
Era un namorado da cultura celta, eu diría máis ben castrexa, el era o druída de Baión. Aínda que el tiña múltiples intereses e unha actitude aberta a recibir calquera tipo de coñecemento; fíxose unha cultura de seu, polo que era un pracer dialogar con el, sempre aprendías algo, saías enriquecido, teño mágoa de non ter podido dedicarlle máis tempo ao querido amigo.
Ao final, estaba un pouco rebotado de todo e de todos, sentíase unha alma solitaria, iso que había moitas persoas que se dicían amigas del, doíase de que non lle facilitaban as súas ansias de investigación, o seu exercicio real de cronista de Vilanova de Arousa, estaba un pouco doído. El manifestoume moitas veces que a verdadeira homenaxe para el era que lle facilitaran realizar as súas pescudas.
Pois ben, o druída de Baión, xa está personificado no carballo máis senlleiro do seu pobo, e vive por sempre no ar de Arousa, que a mocedade debera tomar nota das ansias de superación de Xosé Lois Vila Fariña e o seu afán por aprender.
Finalmente, no quero deixar de mencionar, a súa publicación máis querida a revista O NOSO POBO, todo un fito da cultura popular e a súa Historia de Baión, que, segundo algúns, é a historia máis completa sobre unha aldea galega. E tamén lembrar a súa inestimable colaboración coa publicación do Club Xuvenil Vilagarcián, RODADA, berce dunha xeración de poetas, comandados por un noso querido e tamén lembrado amigo, Manuel Olveira Hortas; por iso falo eu da xeración de poetas de RODADA, e Lois estivo aí como animador e facilitador da tarefa.

O pobo de Baión pode estar ben fachendoso por ter dado ao mundo un fillo "bo e xeneroso", un cidadán exemplar.

Para ti lembrado e inesquecible amigo, teu recordo sempre permanecerá en nós.




jueves, 28 de marzo de 2019

CONCURSO LETRAS GALEGAS - 19


ENTREGA DE ORIXINAIS: Ata o 25 de abril de 2019 (inclusive)

ENTREGA DE PREMIOS: Na XCIII Mesa das Verbas, que se celebrará o venres, 17 de maio de 2019, a partires das 20:00 h. na sala de Xuntas, no 3º andar do Centro Comercial Arousa.

Ánimo a escribir e a concursar!
Sorte a tod@s os participantes!!! 

miércoles, 20 de febrero de 2019

CARTOLATRÍA I - 1926-1943



(Imaxe - Museo de Pontevedra)

Correspondencia entre Francisco Xabier Sánchez Cantón e Xosé Filgueira Valverde, dous pontevedreses de pro


Correspondence between Francisco Xabier Sánchez Cantón and Xosé Filgueira Valverde, two citizens of Pontevedra par excellence

-Apuntamentos-


Aínda que Sánchez Cantón era quince anos maior que Filgueira Valverde, desde a década dos vinte do pasado século foise fraguando neles unha fonda amizade, que o sería para toda a vida. Filgueira consideraba a Sánchez Cantón, ademais de grande amigo, como un querido e admirado mestre.

Sánchez Cantón, catedrático da Universidade Central (hoxe Complutense de Madrid), subdirector do Museo do Prado durante moitos anos e á fin director durante unha boa tempada, era ademais triacadémico; académico da Real Academia da Historia, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, da Real Academia Española da Lingua, foi director simultaneamente das dúas citadas en primeiro lugar, feito insólito e do que Sánchez Cantón gozou por primeira vez. Era, pois, un gran intelectual, un home moi notable e inflúente na capital do Reino.

Filgueira Valverde foino todo na cidade natal dos dous, Pontevedra, a súa querida Pontevedra, onde afincou definitivamente. Alí foi profesor, director do Instituto durante trinta anos (1946-1976), director do Museo de Pontevedra (1940-1986), logo director emérito e patrón honorario, Alcalde de Pontevedra (1959-1968), Presidente do Tribunal Provincial Tutelar de Menores (1944-1968),... Vamos, que sen Filgueira non se movía nada en Pontevedra.

Estes dous amigos pontevedreses tan poderosos e tan cultos, ademais de ocuparse de todo o que se ocupaban e máis, aínda tiñan tempo para cartearse e manter un epistolario cuantioso (recollido e editado por Mª Jesús Fortes Alén en tres grosos volumes, 2017), esa súa correspondencia de centos de cartas, que se denomina CARTOLATRÍA (expresión acuñada polo propio Sánchez Cantón), tratan de todo e cunha minuciosidade e extensión que nos permite coñecer moi ben a relación entre estes dous magníficos e ilustrados eruditos.

Despois de ter lido estes tres grandes volumes do epistolario Sánchez Cantón- Filgueira Valverde, dedúcese como idea clave que a protagonista principal e case exclusiva das numerosas cartas entre estes dous egrexios pontevedreses é efectivamente a cidade de Pontevedra e todo ao que ela concernía. Ademais de cuestións máis persoais, de relación, das situacións e circunstancias deles dous, das súas familias, favores e recomendacións para amigos e coñecidos.
Outro tema estrela é todo o relacionado co Museo, súa configuración, súas instalacións, seus recursos, súas adquisicións. Todo o relacionado co Padroado, benfeitores, avances, problemas.

Tamén se refiren ao Seminario de Estudos Galegos, ao mundo cultural, academias, publicacións, algo de política, pouco e antes do 36, Partido Galeguista, Dereita Galeguista. Nótase que xa desde o ano 1934 empézanse a distanciar de Castelao, quen leva moi mal o seu desterro en Badaxoz, Castelao está verdadeiramente enfadado  en 1935, albíscase unha separación, xa definitiva entre os tres amigos a partires de 1936; Castelao non quixo saber nada a partires de aí nin de Sánchez Cantón nin de Filgueira Valverde, foi algo que causou moita dor, pero os dous pontevedreses nunca esqueceron ao gran Castelao. Falan pouco de Bóveda e mencionan a Casto Sampedro, a Daniel de la Sota, a Iglesias Vilarelle, Carro, Otero Pedrayo, Carrete. Tamén citan en numerosas ocasións a Chamoso Lamas.

Outros temas, o do posible xornal de Pontevedra, El Lérez, sobre o Cancioneiro Musical de don Casto, sobre o tesouro de Caldas de Reis e o papel de Fermín Bouza Brey no achado, sobre Santiago e a súa Catedral e numerosas e diversas notas eruditas.

Este epistolario achéganos a Sánchez Cantón e a Filgueira Valverde, axúdanos a coñecelos mellor e coñecer á sociedade do seu tempo. Testemuña vivente da Galicia, da Pontevedra do século XX, polo menos un século de prata se non de ouro da Cultura da Nosa Terra.


lunes, 28 de enero de 2019

REPORTS GRAPHIC OF THE PRESENTATION OF ANACO I

O pasado venres, 25 de xaneiro tivemos un agradable acto de presentación da revista poética da Mesa das Verbas, ANACO I. Ofrecemos algunhas imaxes de Tere Briones de dito evento.




Os medios de comunicación fixéronse amplamente eco do evento, como mostra, esta reseña do Faro de Vigo-Arousa, 26/01/2019:


jueves, 17 de enero de 2019

PRESENTATION OF THE POETRY MAGAZINE: ANACO NÚM. 1


PRESENTACIÓN DA REVISTA POÉTICA DA MESA DAS VERBAS: ANACO Nº 1
25/01/2019   21:00
SALÓN GARCÍA
RÚA ALCALDE REY DAVIÑA
VILAGARCÍA DE AROUSA

Grazas a todos os que fixeron posible este nacemento, que nos enche de ledicia

martes, 8 de enero de 2019

A REVIEW OF CAREER OF XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE AS THE TEACHING





A REVIEW OF CAREER OF XOSÉ  FILGUEIRA VALVERDE AS THE TEACHING
By
 Germán Manuel Torres de Aboal

PhD program in Education and Behavioral Sciences
Faculty of Education and Social Work
Ourense Campus - University of Vigo

ABSTRACT
This study shows mode of XFV as a teacher. His life was analysed in order to unravel his “educational” role before and during his Chair position by exploring his background.
KEY WORDS
Xosé Filgueira Valverde, educator, professor, director, educational and cultural environ

We have conducted a intensive research trying to underpin the teaching role of the  XFV an educator and intellectual of during his professorship in Pontevedra, Xosé Filgueira Valverde (1906 -1996).
XFV was in became the a teacher because of his wiling with the permanent intention of "giving education or training", with a didactic effort beyond the Chair position, had to receive first a careful education, as actually. He was fortunate to be a well-trained person.
Starting from a broad concept of what is education and that we all educate each other, that everything educates, that we are influential and interdependent beings and that we have to take into account the person and their socio-family context; The personal conditions and the surroundings of Filgueira Valverde were very favorable for their educational development and their "becoming" as a teacher and intellectual.
Xosé Filgueira Valverde was a person with a great capacity for work and personal effort, very disciplined, very constant and organized in his work, first as a student and then as a professor and humanist researcher.
A constant, beloved and valued activity was the act of reading and writing; He read and wrote very well throughout his long life. He had a great reading ability and a very fast reading speed. The Jesuits expelled from Portugal at the beginning of the last century and settled down in Pontevedra left a strong footprint in the boy and young person Filgueira Valverde, they taught a method to him of fast reading in "sesgado" and they facilitated the first contact with Camoens to him, that would get to be one of his specialties and what more prestige would give. Let us also remember the affection and the bond that would keep the "fraternal Portugal" with the men of the generation Nós and the young people of the group of the Seminary of Galician Studies.

We continue with our research that will have the form of a doctoral thesis that we will be able to defend as soon as possible.