domingo, 26 de octubre de 2025

CRÍTICA REPRESENTACIÓN GRUPO TEATRO ANÓNIMO: MEDEA - Auditorio de Ribadumia, 19-10-2025 20:00

 



CRÍTICA TEATRAL

SÍNTESE DA TRAMA:

As desgrazas de Medea non minguan o seu forte carácter e as súas firmes resolucións de por en marcha a súa sede de vinganza nin da renuncia polo seu grande amor, por Jasón, por quen mata e por quen morre.
Versión baseada no mítico personaxe clásico da traxedia grega e da súa tráxica e accidentada existencia.

REPARTO POR ORDE DE APARICIÓN EN ESCENA:

- Manuela Hermida
- Popeta G. Gregorio
- José Rodríguez
- Fernando Oubiña

DIRECCIÓN: Fernando Oubiña

GRUPO: Teatro Anónimo


DIÁLOGOS:

O peso desta versión teatral reside nos diálogos e nos monólogos, que constitúen a súa base. Coidada e grandilocuente expresión lingüística, que nos fai lembrar que estamos diante unha obra de corte clásico. Grandes parrafadas dos protagonistas que nos poñen en situación e nos van narrando e desvelando esta triste e arrepiante historia, baseada na traxedia clásica grega.
Boa expesividade lingüística, excelente dicción con boa entoación, con boa altura e timbre de voces, que fai que se escoite e entenda perfectamente o parlamento de cada un dos catro actores.




TRABALLO DRAMÁTICO DOS ACTORES:

- Xa está referida a boa expresión lingüística, así como a excelente entoación, claridade e axeitada altura das voces, a ton con cada personaxe, enténdendose e escoitándose perfectamente as voces das dúas actrices e dos dous actores. Gran esforzo na memorización e subsanados excelentemente os pequenos erros de memoria, que pasaron de forma axeitada desapercibidos, anque os houbo. Coidada expresión nos diálogos e monólogos, acertados para o tipo de obra da que se trataba.



TRABALLO DE DIRECCIÓN:

O director Fernando Oubiña, coa súa longa experiencia no mundo da farándula e do espectáculo amosa un claro dominio da linguaxe dramática e do xénero dramático. El foi fundador do grupo Teatro Anónimo, foi un activista cultural de Paradela de Meis, valedor e sostedor das representacións vivintes da Paixón de Cristo, na Semana Santa da parroquia de Paradela, durante moitos anos representou o papel de Cristo nesta popular representación da Paixón na Semana Santa da parroquia; el foi o artífice da posta en marcha e do mantemento desta coñecida e recoñecida recreación da Paixón ao aire libre.
Nesta obra nótase o peso da experiencia de Fernando, domina a técnica teatral e os recursos de expresión dramática, nas súas distintas modalidades: técnicas de actuación (el mesmo é un grande actor, que tamén o amosa nesta obra), escenografía, iluminación, son, efectos especiais, vestiario, caracterización, marketing, difusión,... El éo todo nesta obra, sen el nada sería posible. Parabéns Fernando, segue así por moitos anos, homes de teatro coma ti necesitámolos na cultura galega, o teatro popular na comarca do Salnés débeche moito. Grazas.

    



- EXPRESIÓN CORPORAL:

Popeta no papel de Medea, que interpretou de forma maxistral, adoptou boa expresividade facial, desprazamentos axeitados polo escenario, enchía a escena, ás veces, un pouco esaxerados. Revisaría o excesivo braceo para facelo un pouco máis natural. Mais, tratouse dunha súa extraordinaria actuación, que como protagonista principal levaba o peso da obra.

Manuela Hermida fixo un papel extraordinario como ama de Medea. Cunha expresión e movementos moi naturais e con moita versosimilitude. Gustoume moito a súa interpretación, moi crible.

José Rodríguez, no papel do rei Creonte estivo a un gran nivel ao igual que os seus compañeiros. Quizais un pouco estático e inexpresivo por veces, debería enfatizar un pouco máis.

Fernando Oubiña, no papel de Jasón, mantivo unha posición de dignidade do seu personaxe, cunha excelente expresividade. Ten madeira de actor e nótase a súa longa experiencia. Dou signos de verosimilitude e de grande actor.




- MOVEMENTO ESCÉNICO:

En liñas xerais, movementos mínimos e escasos no escenario, a acción e a narración véñennos dadas polos diálogos e polos monólogos. Moito estaticismo. Agás na última escena onde hai máis acción cos asasinatos dos dous nenos, que se nomean, pero que non aparecen en escena, o suicidio de Medea e axeitada queima do carromato. 
As dúas actrices pasan gran tempo sentadas nas súas banquetas a carón da fogueira. Non hai moita acción.
O acuchillamento da ama é pouco crible e inverosimil por un detalle que se pode subsanar. O puñal vese totalmente limpo sen rastro de sangue, podía coidarse este aspecto e traballalo por algún medio ou recurso que lle dea un maior senso de verosimilitude.
O que sucede sábese fundamentalmente por medio dos diálogos e dos monólogos, tal vez, un exceso de verbalismo.
Os asasinatos dos nenos e o suicidio de Medea por medio da tea transparente do carromato e do xogo da iluminación suxírense e intúense perfectamente, como tamén a forma de denotar a queima de todo o carromato. Foi un recurso moi axeitado e ben manexado.

- VESTIARIO:

Sinxelo e moi correcto, induce e nos sitúa ben no contexto da época, no mundo clásico. Nos parece moi axeitada a caracterización da ama e co seu caxato, un dos papeis, ao meu parecer máis logrados. Tamén a representación parécenos dignamente lograda, dándolle o aire que precisaba ao personaxe. Medea nunha caracterización dominante, revelando o poder do personaxe que enche o escenario, unha personalidade de xenio, de forza. A caracterización e vestiario de todos os actores merécenos unha valoración positiva, estaba consonte á natureza da cada uns dos personaxes, que podían identificarse ben.




- MAQUILLAXE:

Axeitada, moi natural. Gustounos o fondo de ollos dos actores que representaban a Medea e a Jasón, estaba moi logrado e acorde coa natureza dos personaxes. Ese fondo escuro facilitaba a expresividade facial e outorgáballe dignidade e clasicismo aos personaxes.

- ESCENOGRAFÍA:

Na liña do minimalismo do teatro actual. Poucos elementos e economía de medios que non restan realismo e versosimilitude ao que ocorre no escenario, hai un xogo coa denotación / connotación.
Existían tres grupos de elementos que daban unha boa representación e nos situaban onde estabamos.
1.- A fogata coas banquetas, os caldeiros e a simulación do lume, paréceme correcto, tal vez incluiría un efecto de fume e de arrecendo, nun efecto sinestésico. Luz, arrecendo-cheiro, son... habería que xogar coa sinestesia e cos sentidos para favorecer a versosimilitude. Estes elementos de primeiro plano ocupan o centro da escena onde ocorre gran parte da acción.

2.- A carreta, recurso ben deseñado. Coa forma da carreta e co xogo das transparencias e dos efectos de luz e sombras, que permiten intuir e captar o que alí sucede. Algo importante para o desenlace da obra.

3.- O tendal coa roupa complementa a idea do lugar do exilio, da marxinación e do paso.

ILUMINACIÓN:

Tamén minimalista e sinxela, favorecendo á verosimilitude e a intuición do que pasa. Os tons escuros predominantes coinciden co ton da obra. A iluminación que se focaliza en Medea reforza e magnifica a grandilocuencia do personaxe. As transparencias, o xogo de luz vermella e sombras no carromato permite captar e denotar o que se quere narrar.

SON:

Nítido e claro. Escoitábase perfectamente e dun xeito natural, sen estridencias. A sala parece ter unha boa acústica e unha boa dotación de materiais de son o que permitiu seguir, escoitar e entender perfectamente os parlamentos dos actores.
A ambientación con música galega, de temas populares facíanos volver a realidade e establecía unha conexión de tempos o da ficción coa realidade do público, axudaba a contextualización, dando un salto, conectando o mundo clásico coa realidade actual. E que os grandes conflictos, os problemas das xentes, as emocións e os sentimentos son algo universal e común ás distintas culturas, aínda respectando as características propias de cada pobo e e as diatancias de tempo / lugar.

Falando de recursos técnicos eu botaría man da sinestesia, combinando efectos visuais, acústicos, olfativos. Poñer en xogo o máximo de sentidos, acordes co que sucede no escenario.

Globalmente unha actuación de dez.




AFORO: O Auditorio Municipal de Ribadumia ten un aforo de 346 espectadores e unha superficie de dous mil metros cadrados. Foi inaugurado o 27/04/2007, sendo alcaldesa Salomé Peña e Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra Rafael Louzán. Un auditorio moi digno para o que é a poboación total de Ribadumia. Mais, hai que fomentar a asistencia ao teatro e demais actos culturais e artísticos.
Asistencia de público o día de hoxe na representación de Medea, moito menos de 1/4 de entrada.

Acollida moi favorable do público asistente desta formidable representación que nos ofreceu Teatro Anónimo, tendo que saír a saudar varias veces os actores e as actrices diante dos repetidos e entusiastas aplausos do público.

E veño sostendo desde hai xa moitos anos que hai que apoiar moito máis ao teatro en lingua galega e ao teatro en xeral. O teatro é moi positivo para todos, favorece a expresión e a expresividade e serve como catarse colectiva.

ARRIBA O PANO!









jueves, 2 de octubre de 2025

GALICIA NUEVA, 24-07-1933: artigo de Xaquina Trillo Sánchez

 Xaquina Trillo Sánchez, Ultre Eja. Galicia Nueva, luns 24-xullo-1933, portada.



Artigo de Xaquina Trillo sobre o cantigueiro e os trobadores medievais galego-portugueses e unha clara referencia a súa querida cidade de Santiago de Compostela, facendo alusións aos cantos e aos berros dos peregrinos a súa chegada á catedral do Apóstolo Santiago na cidade eterna galega que constitúe un compoñente galeguista moi significativo e que hoxe é a capital de Galicia.

Na portada do primeiro diario da cidade arousá, GALICIA NUEVA (1907-1938) do luns 24 de xullo de 1933, xunto ao artigo de Xaquina Trillo figuran textos de autores, como Vicente Risco, Ramón Villar Ponte, Curros Enríquez, Luis Peña Novo, que Galicia Nueva recolle nesa data "asociandose afervoradamente no Dia de Galicia as arelas de Futuridade, limpa e farta, que tremen alampadas no espirto da Raza".




Xaquina Trillo (Vilagarcía de Arousa, 1916-2004)





 


viernes, 5 de septiembre de 2025

VILAGARCÍA DE AROUSA ILUSTRADA



 María José Rodríguez, ilustradora, Teófilo Edicións, máis eu cos textos configuramos e demos forma a unha publicación para ofrecerlla ao noso Concello e compartila con todos os nosos conveciños. É unha homenaxe a esta nosa Vilagarcía de Arousa, un verdadeiro paraíso que deberamos mimar, coidar, desfrutar. Todas as cativas e os cativos e todos deberamos coñecer máis sobre as nosas xentes, a nosa xeografía, a nosa historia, a nosa riqueza patrimonial material e inmaterial e este álbum magnificamente publicado por Teófilo Edicións quere contribuir ao descubrimento e á valoración do noso, do próximo con esa intención ofrecemos esta orixinal contribución.

https://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/recorrido-visual-escrito-vilagarcia-mano-teofilo-edicions-5413630  


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2025/09/03/relato-ilustrado-memoria-vilagarcia/0003_202509A3C4992.htm 


Dentro das pescudas para a confección dos meus textos, comparto un Índice Onomástico e unha Bibliografía básica sobre o Concello de Vilagarcía de Arousa, que agardo sexan útiles e complementen a nosa publicación.


ÍNDICE ONOMÁSTICO

 

ALCALDES DE VILAGARCÍA

                                                                                    MANDATO

ü  Francisco Ravella y Arenas (1847-1885)        1881-1885

 

ü  Elpidio Villaverde Rey (1887-1962)              1931-1934

 

ü  Jacobo Rey Daviña (1881-1979)                    1952-1965

 

 

 

ü  José Recuna Villaverde                                   1979-1983

 

ü  José Luis Rivera Mayo                                    1983-1991

 

ü  Javier Joaquín Gago López                             1991-2007

 

ü  Dolores García Giménez                                 2007-2011

 

ü  Tomás Javier Fole Díaz                                   2011-2015

 

ü  Alberto Varela Paz                                          2015

 

 

Ø  Afonso XIII (1886-1941)

 

Ø  Arosa S.C. (1945)

 

Ø  Asociación Cultural Contra Vento e Marea (1978)

 

Ø  Asociación LAR (1990)

 

Ø  Balneario da Concha (1888-1952)

 

Ø  Desamparados Barrio

 

Ø  Fermín Bouza Brey (1901-1973)

 

Ø  José Calvo Sotelo (1893-1936)

 

Ø  Roque Carús Falcón (1852-1910)

 

Ø  Manolo Chazo (1957)

 

Ø  Claretianos en Vilagarcía (1924-2017)

 

Ø  Coral Máximo Patiño de Vilaxoán (1963)

 

Ø  Colexio de Aprendices de RENFE, rexentado pola orde Salesiana (1966-1992)

 

Ø  Constitución española (06/12/1978)

 

Ø  Xosé Cuíña Crespo (1950-2007)

 

Ø  Fernando de Andrade y Sotomayor (1579-1655)

 

Ø  D. Juan de Borbón, Conde de Barcelona (1913-1993)

 

Ø  Rosalía de Castro (1837-1885)

 

Ø  Ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1930)

 

Ø  Ramón Encinas Diéguez (1918-2014)

 

Ø  Estación de FF.CC. de Vilagarcía (1956)

 

Ø  Daniel Luís Espiño Otero (1937)

 

Ø  Farsa de Espadas de Carril (s. XVII)

 

Ø  Fernando VII (1784-1833)

 

Ø  FEXDEGA – Feira de Exposición Agrícola e Industrial de Galicia (1967-2011)

 

Ø  Festival das Revenidas de Vilaxoán (2003)

 

Ø  Galicia Nueva (1907-1938), primeiro diario de Vilagarcía

 

Ø  García Caamaño, O Vello e o Fermoso, fundador de Vilagarcía (12/06/1441)

 

Ø  Guerra da Independencia contra o invasor francés (1808-1809)

 

Ø  Manuel Lago González (1865-1925), Arcebispo de Santiago de Compostela e Presidente Honorífico do Seminario de Estudos Galegos ( 12 de outubro de 1923-1936)

 

Ø  Liña ferroviaria Cornes (Conxo) – Carril (15/09/1873)

 

Ø  César Lombera (1953-2025)

 

Ø  Luis López Ballesteros (1782-1853)

 

Ø  Xoán Mariño de Soutomaior (s. XV), fundador de Vilaxoán en 1490

 

Ø  Manuel Murguía (1833-1923)

 

Ø  Ondas de Arosa (1980-2022), ata o momento a publicación periódica de ámbito local de maior existencia en Vilagarcía

 

Ø  Beatriz Ozores Rey – XIX Señora da Casa de Rubiáns e XII Marquesa de Aranda con Grandeza de España (desde o 25/05/2009)

 

Ø  Antonio Palacios Ramilo (1874-1945)

 

Ø  Plinio o Mozo (61-112)

 

Ø  Traxedia do Prestige (2002)

 

Ø  Manuel Rey Posse (1890-1952)

 

Ø  Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (1886-1950)

 

Ø  Gumersindo Rodríguez Eirea (1929-2011)

 

Ø  Antonio Rodríguez López (1913-2014)

 

Ø  Felipe Rodríguez Piñeiro “Pantera de Arosa”  (1953-2000)

 

Ø  Agustín Romero García (1846-1929)

 

Ø  San Martín CF Vilaxoán (1952)

 

Ø  Francesco Tonucci  (1940)

 

Ø  José Torrado Castiñeiras (1935)

 

Ø  Raíña dona Urraca (1081-1126)

 

Ø  Vilaxoán Canta (1982)


BIBLI

 BIBLIOGRAFÍA

Abuín Duro, Marcelino et Villaronga García, Manuel, Ditos, Lendas e Cantigas. (Concello de Vilagarcía, 1992).

Abuín Duro, Marcelino, La conquista de la República. Vilagarcía de Arousa, 1920-1935. (A Coruña: Sociedade Bibliográfica de Galicia, 2017).

Abuín Duro, Marcelino, La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941). (A Coruña: Sociedade Bibliográfica de Galicia, 2018).

Bouza-Brey Trillo, Fermín, Don Rodrigo de Mendoza y sus fundaciones de estudios de Gramática y Retórica y dotes para doncellas, en Villagarcía y Noya, en CEG, IX, n.º 29 (1954), págs. 341-370.

Bouza-Brey Trillo, Fermín, El señorío de Villagarcía desde su fundación hasta su marquesado (1461-1655). (Santiago de Compostela: CSIC, 1965).

Bouzada Romero, Jaime, Arosa S.C. 60 años de historia (1945-2005). (Vilagarcía de Arousa: Concello de Vilagarcía de Arousa, 2005).

Cardalda Fernández, Teodomiro. Revista Avante. (1995)

Cardalda Fernández, Teodomiro. Vilaxoán de Arousa. (1998)

Cardalda Fernández, Teodomiro. Estudio histórico-artístico da igrexa de San Martiño de Sobrán. (2001).

Cardalda Fernández, Teodomiro. Á beira do mar de Arousa. (2007).

Comendador Peña, Carlos “Arlillo”. Personajes populares de Vilagarcía. (Pontevedra: Concello de Vilagarcía de Arousa, 2006).

Carús Falcón, Roque, Los misterios de la Naturaleza. Investigaciones sobre el micro-plankton de la ría de Arosa. (A Coruña: Ferrer, 1903).

Del Río Cándamo, Manuel. Notas para la historia de Vilagarcía. En Galicia Nueva, 1929-1936. www.patrimoniovilagarcia.com (Consultada: 24/01/2025).

Díaz Martínez, Carlos et Seixas, Manuel, A Memoria de Vilagarcía. Álbum de postais. (Xerais: 2003).

Fontán, Domingo, Plano de la Ría de Arousa de 1828. (Teófilo ED., 2018).

Galicia Nueva (1907-1938). Primeiro diario de Vilagarcía de Arousa.

Garrido Castromán, Daniel, Cortegada, una isla real. (Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2007)

González Díaz, Gabriel et González Insua, Félix, Os 110 anos da agrupación socialista de Vilagarcía (1908-2018). (Vilagarcía de Arousa: Agrupación Socialista, 2018).

Porras, Javier, 150 años de guardia municipal en Vilagarcía. (Pontevedra: Concello de Vilagarcía de Arousa, 2004).

Rey Cebral, Carlos, A festa dos Maios no Concello de Vilagarcía. (Concello de Vilagarcía de Arousa, 2006).

Rey Cebral Carlos et Silva Bóveda, Cristian, A Farsa de Carril. Unha danza de espadas histórica. (Pontevedra: Concello de Vilagarcía de Arousa, 2023).

Teófilo Piñeiro, José Luis, Airiños. A música xoven da ría de Arousa. (Pontevedra: Teófilo ED., 2009).

Teófilo Piñeiro, José Luis, Baloncesto (1958-2008 Vilagarcía de Arousa). (Teófilo ED., 2018).

Teófilo Piñeiro, José Luis, Carril, Vilagarcía, Vilaxoán. 99 anos despois. (Teófilo ED, 2018).

Teófilo Piñeiro, José Luis, O Pasado Nunca Pasa, Vileixoán. (Teófilo ED., 2018).

Teófilo Piñeiro, José Luis, Peixeiras de Vileixoán. (Teófilo ED., 2018).

Teófilo Piñeiro, José Luis, Vilaxoán. (Teófilo ED., 2018).

Torrado Castiñeiras, José. Ondas de Arosa (1980-2022).

Torres de Aboal, Germán Manuel, Ó galego polo teatro. (Vigo: Cumio, 1996)

Torres de Aboal, Germán Manuel, Artigos sobre Vilagarcía, súas xentes, seus feitos... Ondas de Arosa (1980-2022).

Viana Martínez, Víctor, Periódicos y periodistas de Vilagarcía. (Asociación de Padres de Familia de la parroquia Santa Eulalia de Arealonga de Vilagarcía de Arousa, 1988)

Viana Martínez, Victor, El Asilo Hospitalillo de Vilagarcía de Arousa. Centenario de su fundación. (Pontevedra, 1992).

Viana Martínez, Víctor, La iglesia parroquial de Santa Eulalia de Arealonga de Vilagarcía (Parroquia de Santa Eulalia de Vilagarcía, 1994).

Viana Martínez, Víctor, Visitas reales a Vilagarcía. (Vigo: Cardeñoso, 1997).

Viana Martínez, Víctor et Clopés Burgos, Juan José, El Arzobispo don Fernando de Andrade y Sotomayor. (Pontevedra: Concello de Vilagarcía de Arousa, 2004).

Viana Martínez, Víctor, Vilagarcianos poco conocidos (I). (Pontevedra: Autoridad Portuaria de Vilagarcía, 2008).

Vila Fariña, Xosé Lois, Guía histórica del monte Lobeira. (Pontevedra: Deputación Provincial, 1997).

Vila Fariña, Xosé Lois et Viana Martínez, Víctor, Diccionario biográfico de la comarca de O Salnés. (Vigo: Deputación Provincial de Pontevedra, 2001).

Vila Fariña, Xosé Lois, O noso pobo (1982-1985). (Cardeñoso, 2013).

Villaronga García, Manuel A., Vilaxoán historias dunha vila. (1988).

Villaronga García, Manuel A., Vilagarcía, Vilaxoán e Carril. (Pontevedra: Deputación Provincial, 1991).

Villaronga, Manuel et Abuín Duro, Marcelino, Vilagarcía y el mar. Historia del Puerto. (Junta del Puerto de Vilagarcía de Arousa, 1993)

Villaronga, Manuel, 1880-1960. Os xogos da memoria. Unha crónica gráfica de Vilagarcía, Cambados, Vilanova e Catoira. (Pontevedra: Salnés editorial, 1998).

Villaronga, Manuel, A Vilagarcía das vellas postais. Un paseo crítico pola Vila que quería ser cidade (1900-1936). (Pontevedra: Deputación Provincial, 2005).

Villaronga, Manuel, La ciudad de Arousa. Vilagarcía, Carril, Vilaxoán, Cortegada, Vilanova. Mil años buscando un lugar en el mapa. (Pontevedra: Deputación Provincial, 2013).

Villaverde, Mariví, Tres tempos e a esperanza. (Pontevedra: Deputación de Pontevedra, 2022).

 

BIBLIO

 

 

BIBLI

 

BI

Ab