jueves, 31 de mayo de 2012

D. RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN, SENLLEIRO PERSONAXE DE AROUSA

Semella á fin que non hai dúbidas sobre o lugar de nacemento e rexistro da partida de Bautismo de Valle-Inclán na parroquia de San Cipriano de Vilanova de Arousa, entre outras persoas, Manuel Longa Pérez ten escrito ao respecto. D. Ramón María prestixia a nosa comarca dende o punto de vista literario, xa que o ilustre vilanovés é un dos máximos representantes da ínclita xeración do 98. Dende o Modernismo e ata o esperpento por el creado, Valle-Inclán ten un amplo recorrido e unha sona sobradamente probada como literato. Creouse el mesmo como mito, fíxose un personaxe coas súa lendas e misterios que el mesmo axudaba a espallar. Todo esto levou á famosa frase atribuida ao xeneral Primo de Rivera: "Eximio escritor y extravagante ciudadano" coa que D. Miguel se refería a D. Ramón María. A nivel familiar tivo os seus máis e os seus menos. Meteuse en moitas liortas, como a que provocou os problemas nun dos seus brazos. Xenio e figura ata a sepultura. Foi unha das principais figuras das famosas tertulias no "Café Gijón" de Madrid. Ultimamente, leín a súa novela TIRANO BANDERAS, que me sorprendeu gratamente. Gozo a cotío coa lectura e relectura das SONATAS, mais, hai unha obra coa que quedei abraiado; primeiro, coa lectura de LUCES DE BOHEMIA, que cando a estudiei encadrábase como teatro irrepresentable. Logo, tiven a sorte de presenciar, creo que no ano 1984, a súa estrea no recén remozado teatro García Barbón de Vigo, cun soberbio José María Rodero no papel protagonista de Max Estrella. Dende esa quedei namorado desta marabillosa obra teatral, coa que se funda o esperpento, que como os espellos da rúa dos Gatos, desvirtúa, ou mellor, transforma a realidade. Finalmente, creo lembrar que o meu admirado Filgueira Valverde visitou ao grande e abandoado D. Ramón, cando estaba doente e case moribundo no sanatorio da Rosaleda de Santiago de Compostela no ano 1936. No día de hoxe, 31 de maio, terei a sorte de disfrutar coa súa obra: LA MARQUESA ROSALINDA, representada no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, polos meus amigos do Grupo de Teatro Valle-Innova da Fundación Valle-Inclán.

domingo, 20 de mayo de 2012

RIVAS BRIONES NO LICEO CASINO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Antón Rivas Briones (Madrid, 1918 - Vilagarcía de Arousa, 2004), destacou como un gran pintor e artista plástico, dominou coma ninguén a talla e a técnica da xilografía, na que destaca como un dos mellores artistas de España, foi premiado varias veces na Bienal de Arte, promovida pola Deputación de Pontevedra, levando a Medalla de Ouro na Bienal Nacional de Arte de Pontevedra en 1979, organizada polo organismo provincial. A súa obra atópase espallada en varias entidades e en coleccións particulares. Foi discípulo doutro grande artista vilagarcián, Manuel Rey Posse, Rivas traballou no seu obradoiro de ebanistería e alcanzou gran mestría e fama como ebanista, tivo o seu propio obradoiro no popular barrio do Castro de Vilagarcía de Arousa. Foi un home de carácter austero, máis ben calado e tímido, traballaba cando se sentía inspirado e non por facer cartos. Por medio do esforzo e do seu traballo persoal acadou un estilo propio, chegando a ser moi valorado. Grazas a súa fina sensibilidade e ao seu amor pola alma galega, retrata tipos populares, humildes e sinxelos. Evolucionou desde o vangardismo ata o realismo, reflectindo o seu sentir galeguista, hai unha armonía entre o debuxo, a cor, e a plasticidade dos personaxes que retrata. No Liceo Casino de Vilagarcía podemos atopar algunhas das súas importantes obras. Hai varios gravados, pero hoxe imos falar dun retrato dunha muller datado en 1977 e dun gran mural que preside o escenario do Salón de Actos da centenaria sociedade vilagarciana.
Neste retrato de muller, observamos o tipo de mans características en Rivas Briones, mans grosas, encallecidas, de muller traballadora. Igual que o seu rostro, Rivas pinta tipos galegos populares. Este retrato reflicte perfectamente o estilo e a mestría do grande Rivas, nun momento xa de madureza a nivel artístico. Como o fermoso mural do que falabamos, do ano 1972, nel podemos ver unha alegoría da danza, dos bailes tan característicos da sociedade Liceo Casino. Recorre distintos momentos históricos. A mitoloxía clásica, o deus pan, un sátiro con frauta de pan e as ninfas danzando. Logo a danza galega cos motivos típicos, os gaiteiros, as pandereteiras e os bailes modernos. Rivas é xa aquí un pintor consagrado e admirado, moi querido na súa cidade, Vilagarcía de Arousa, que por ter nacido circunstancialmente en Madrid o convirte en fillo adoptivo. Moitos nos lembramos do mestre calado coa súa boina e paseando polo seu barrio do Castro, ou tomando apuntes co seu lapis. Fernando Quintela Novoa que foi seu compañeiro no colexio León XIII, tennos contado que Rivas cunha navalliña esculpía asombrosamente nas tizas e que xa desde moi novo apuntaba ao grande artista que chegaría ser.
BIBLIOGRAFÍA: - AA.VV.: "Rivas Briones, Antón" en DICCIONARIO ENCICLOPÉDICO GALEGO UNIVERSAL, tomo 53. Vigo, Ir Indo, 2003, p. 48. // - TRAVIESO MOUGÁN, Javier: "RIVAS BRIONES, Antón" en GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA, tomo 27. Vitoria, Silverio Cañada, 1974, pp. 23-24. // - VILA FARIÑA, Xosé Lois et Víctor Viana Martínez: "RIVAS BRIONES, Antón" en DICCIONARIO BIOGRÁFICO DE LA COMARCA DE O SALNÉS. Vigo, Diputación Provincial de Pontevedra, 2001, p. 254.

lunes, 14 de mayo de 2012

CONCERTO DO TRÍO CASSADÓ

O xoves 10 de maio de 2012, ás 20:30 h., na compaña do meu amigo, o compositor galego, Eligio Vila, tiven o pracer de escoitar por primeira vez ao Trío Cassadó no seu concerto na Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde as persoas que tivemos a oportunidade de escoitalos, gozamos da boa música e do bo facer duns artistas, duns músicos extraordinarios. Precisamente, Javier Vila, o excelente pianista, é fillo de Eligio Vila. Ten que ser unha grande satisfacción escoitar a un fillo interpretando a música propia, como neste caso. O programa que nos ofreceron, pode verse nunha das imaxes que ilustran esta entrada, foi magnífico. Abríu o mestre Groba, seguimos con outro gran mestre, Eligio Vila. Na II parte, o broche de ouro, con Tchaikovsky, hai outra mellor forma de pasar unha tarde-noite? Este concerto dou pe a unha sinxelas reflexións dun simple amante da música: opinan moitos que sairemos adiante gracias á educación impartida nas casas e nas escolas, e coa promoción da cultura e do cultivo das artes, e entre delas a música. A sociedade, por medio dos políticos e xestores, tería que reservar unha porcentaxe necesaria e suficiente dos orzamentos culturais á música; pero, refírome á grande música, á música culta, á música clásica, nai de tódalas músicas. E facer todo o posible por crear e espertar hábitos no pobo para que a saiba apreciar e desfrutar. Cultura e educación constitúen a salvación dos pobos, nelas está o futuro. E a xeito de pequena crítica musical, voume atrever a expresar a miña opinión e parecer sobre as obras dos dous compositores galegos citados, que eles perdoen e comprendan o meu atrevemento, o dun sincero admirador. De Groba dicir que este TRIUM (1983)expresa vigor, forza, dinamismo. Beleza galaica contida nunha peza que ten reminiscencias do folclore galego, Groba fai patria coa súa música, que reflicte o celtismo dos grandes bardos como Pondal. Nas súa notas soa Galicia. No TRÍO (2011) de Vila, atopamos expresividade, sensibilidade, intención estética nun romanticismo contemporáneo.Gozar franciscanista da paisaxe, aquela natureza lantañesa da infancia e primeira xuventude, amencer de páxaros e arrecendo bucólico da paisaxe saliniense. Vila é como un clásico de hoxe. Un pode, como un San Ero, extasiarse con esta amable música. Hai beleza na melodía e na armonía con recursos musicais contemporáneos. O piano transmite unha sutil armonía impregnada de tenrura cara o oído do espectador, un ton amable e colorista que nos fai sentir a beleza da nosa paisaxe e da nosa natureza. Existen momentos nos que logra un diálogo expresivo entre o violín e o violonchelo que propician e estimulan o goce musical. Quizais, teñamos algún día a sorte de escoitar e gozar coa excelente música deste trío na cidade de Vilagarcía de Arousa, se os hados nos son propicios poderemos desfrutar deste e doutros programas que poidan presentar ao gran público arousán. O nome do trío, CASSADÓ, provén dun grande chelista catalán homónimo. Que todos gocemos escoitando e facendo música,fainos máis humanos e achéganos á divinidade.

domingo, 6 de mayo de 2012

ANTONIO PINEDO

Antonio Pinedo é un dos asiduos á Mesa das Verbas na compaña da súa muller, Carmen Conde, coa que mantén unhas “tençons”, unhos diálogos poéticos moi esperados e celebrados en ditas reunións. Aínda que tímido, é moi simpático e irónico; así, como un gran druída lírico. Vexamos as súas respostas ao CUESTIONARIO PROUST 1.- Cal é o principal rasgo do seu carácter? El desmesurado orden. 2.- Que cualidade prefere nun home? La sinceridad. 3.- E nunha muller? La sinceridad. 4.- Cal é a túa principal característica? Soy perfeccionista. 5.- Que aprecia máis nas súas amizades? La sinceridad. 6.- Cal é o seu principal defecto? La intrasigencia. 7.- Cal é a súa ocupación favorita? Leer. 8.- Cal é o seu soño de felicidade? Vivir en paz con todos y contigo mismo. 9.- Cal sería a súa maior desgracia? Perder a mi mujer. 10.- Como lle gustaría ser? Más positivo y tolerante. 11.- Cal é o país onde desexaría vivir? Donde fuera más feliz. 12.- Cal é a súa cor preferida? El rojo. 13.- Cal é a flor que máis lle gusta? La rosa roja. 14.- Cal é o seu paxaro preferido? El canario. 15.- Cal é o seu prosista preferido? J. R. Tolkien. 16.- E o seu poeta favorito? Federico García Lorca. 17.- Cal é o seu heroe de ficción? Aragorj 18.- E a súa heroína de ficción? La bruja escarlata (“Scarlet Witch”). 19.- Quen é o seu pintor favorito? Diego Velázquez. 20.- E o seu compositor musical? Frédéric Chopin. 21.- Quenes son os seus heroes da vida real? Los hombres que trabajan por y para la paz. 22.- E as súas heroínas da vida real? Las mujeres que trabajan por y para la paz. 23.- Que acontecementos ou características da Historia detesta máis? Las guerras. 24.- Quenes son os seus heroes e/ou heroínas da Historia Mundial? Los pacifistas: Mahatma Gandhi, Teresa de Calcuta, etc. 25.- Cal é a súa comida preferida? Bistec con patatas fritas. 26.- E a súa bebida? El agua. 27.- Cales son os nomes que máis lle gustan? Todos, no tengo preferencias. 28.- Que detesta por riba de todo? La mentira, el engaño. 29.- Que personaxes históricos detesta máis? Los dictadores. 30.- Que feito militar admira máis? Ninguno. 31.- Que reforma valora máis? ¿Es que ha habido alguna reforma verdadera? 32.- Que don natural lle gustaría poseer? La alegría contagiosa. 33.- Como lle gustaría morrer? En paz con todos y conmigo mismo. 34.- Cal é o estado actual do seu espírito? El desánimo. 35.- Que defectos ou faltas lle inspiran máis indulxencia? Todas, mientras no hagan daño a los demás. 36.- Cal sería o seu lema ou a súa divisa? Vive y deja vivir. • Para rematar indique unha lembranza ou algo que queira destacar sobre a comarca de Arousa-Salnés. Los atardeceres de fuego, caminando por el paseo marítimo a la altura de Carril, de la mano de mi mujer. Creo que ahí nació mi alma de poeta.