jueves, 15 de febrero de 2018

MESA DAS VERBAS E CONCURSO DE CARTAS DE AMOR



O próximo sábado, día 17, ás 20:00 h. teremos a LXXIX MESA DAS VERBAS na sala de xuntanzas do Centro Comercial Arousa. Nesta Mesa daranse a coñecer as tres cartas de amor en verso ou en prosa premiadas no Concurso, patrocinado polo Centro Comercial Arousa e organizado en colaboración coa Mesa das Verbas. Ese mesmo día, xunto ao recital poético, procederase á lectura das tres cartas premiadas.

Vinde ceibar connosco versos e verbas ao ar de Arousa. Mil primaveras para os versos e para as verbas.

Se fas plans para un ano, planta arroz. Se fas plans para dez anos, planta árbores. Se fas plans para cen anos, instrúe ao pobo. (Proverbio).


Despois de constituído o xurado o 15/02/2018   18:00, formado por Luis González de la Ballina, Enrique Brumbéck, Xosé Ramón Quintáns, Ramón Torrado, Luis González e Xermán Manuel Torres, tras a lectura e análise detida das 30 cartas de amor presentadas a concurso, o xurado emitiu sobre as 19:25 h. do día sinalado o seguinte fallo:

Conceder os tres premios dotados cun vale de 50 €, otorgados polo Centro Comercial Arousa, ás seguintes cartas:

- A MI AMOR de Tere Briones Berride

- QUISIERA de María de los Ángeles Conde Cubreiro

- TÚ ERES MI VERDAD de Marisa Jamardo Jueguen

E o xurado toma o acordo por unanimidade otorgar un ACCÉSIT (vale de 30 €) a un participante, que se sospeitaba era de menor idade e que compuso unha carta moi tenra e moi bonita. (Ao chamar polo tlfno. que tiña á carta ao dorso -este era o único medio de identificación-, comprobamos que efectivamente tratábase dun neno de doce anos-):

- QUERIDA JULIETA de Alexis BuezasTouriño

Damos os parabéns e a noraboa a todos os premiados e agradecemos a todos os participantes a súa colaboración. (Realmente, había traballos moi bos, e sobre certas decisións do xurado este doulle voltas e as análises correspondentes antes de adoptar a decisión final).

A MESA DAS VERBAS congratúlase e agradece esta estreita colaboración co CENTRO COMERCIAL DE AROUSA e polo ben dos versos e das verbas agardamos seguir contando con tan "gran amizade".

Finalmente, invitamos a todos os que o desexen participen na LXXIX MESA DAS VERBAS, o sábado 17, a partires das 20:00 h. na sala de xuntas no terceiro andar do CENTRO COMERCIAL AROUSA.