miércoles, 16 de agosto de 2017

POESÍA, MÁIS POESÍA POR FAVOR

LÚA DA ECLIPSE PARCIAL DE AGOSTO DE 2017 (I)

A min esto da poesía, da beleza, sempre me prendeu, xa desde os tempos do meu primeiro intento poético do que teño constancia, de cando tiña os meus 14 ou 15 anos; logo tiven unha verdadeira febre poética alá polos anos 1977 / 1978, cando eu contaba entre os vinte e vinteún anos. E as referencias á lúa e á natureza non podían faltar. A lúa é un obxecto poético e literario moi recurrido, lembremos a época do Romanticismo; por exemplo, ou o Modernismo, a autores como Rubén Darío, nos que a lúa e o ambiente nocturno do luar tiñan tanta importancia e eran de forma reiterada tan utilizados. Eu, salvando as distancias, nos meus intentos e xogos poéticos tamén lle cantei á lúa, por exemplo, neste poema en castelán do ano 1978:

Luna, luna vieja amiga
yo te quiero contar
y te quiero saludar
y narrarte tantas cosas
que desde las alturas
tú puedes contemplar.

Que los hombres no se aman
y envidia se tienen
egoísmo y pereza
que tú puedes observar.

Este mundo aquí abajo
con pobreza y con hambre
¡y con hambre de tantas cosas!
que hemos de necesitar.

Las guerras y divisiones
tantas cosas y opresiones
que nos han de esclavizar.

Luna, luna vieja amiga
te dejo con tu alumbrar
que aunque tu luz no es tuya
la sabes aprovechar.

(c) Xermán - 1978

LÚA DE AGOSTO DE 2017 (II)

sábado, 5 de agosto de 2017

LXXIII MESA DAS VERBAS - 10-08-2017; 21:30 H



O XOVES, 10 DE AGOSTO DE 2017, ÁS 21:30 H., NA PRAZA DE RAVELLA (NA PZA. DA PEIXERÍA EN CASO DE MAL TEMPO) LXXIII MESA DAS VERBAS COA COLABORACIÓN MUSICAL DE VÍCTOR CASTRO E OS SEUS SOBRIÑOS, JOSÉ LUÍS BARREIRO, E OS TERRIBLES DE AROUSA.

VINDE CEIBAR OS VERSOS AO AR DE AROUSA

SAÚDE E POESÍA

Coido que tivemos unha edición especial da Mesa das Verbas memorable, a pesares da inconveniencia do cambio horario e da forte e desagradable brisa, pero xa se sabe, estamos en agosto. Aprenderemos da experiencia para intentar unha mellor ubicación e unha hora máis axeitada, ademais doutros pequenos detalles. Aínda así, é unha edición para a lembranza. O público excelente, sobre todo os valentes que rexistiron ata o final.

No apartado musical excelente actuación de overtura por parte do fillo e netos do noso compañeiro Eduardo Víctor Castro López "EvCalo". Principiaron o fillo, Víctor Castro, profesor de música, acompañado dos seus sobriños Anxela Castro e Alejandro Pazó, que cantan como os anxos, interpretaron unha peza chamada "Cristal".

Logo, outros netos de EvCalo, Juan e Miguel Froján interpretaron o poema de Curros "O maio", con musica de X. Emilio Batallán.

José Luís Barreiro del Río interpretou varias pezas melódicas, entre elas, a súa versión de "Negra Sombra" de Rosalía, con música da autoría de Amancio Prada.

Os Terribles de Arousa, terribles como sempre, convocaron, animaron e puxeron o remate de pratino coa súa extraordinaria actuación chea de simpatía e bo facer. Son o mellor do folclore arousán. 

Ceibaron os versos ao ar nestas festas de San Roque de Vilagarcía:

- Tere Briones
- Carmen Abalo
- José Tizado
- Ramón Torrado
- Carme Darriba
- Enrique Brumbéck
- Isaura Lago
- Víctor Eduardo Castro López "EvCalo"
- Ramón Torrado
- Sergio Pazó, quen declamou o poema do seu avó "EvCalo" titulado "Raíces"
- María José Rubianes
- Jean Carballo
- Isabel Peleteiro
- Manuel Lage
- Xermán Manuel Torres

Anunciouse que a LXXIV Mesa das Verbas terá lugar o sábado, 23/09/2017, ás 18:30 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

San Roque nos conceda SAÚDE E POESÍA!!!