miércoles, 25 de junio de 2014

XXXVII MESA DAS VERBAS

Un novo encontro mensual coa poesía como protagonista, temos unha cita na XXXVII MESA DAS VERBAS:
- Salón de Actos do Liceo Casino, R/ Castelao, 5 - 36600 Vilagarcía de Arousa.
- DATA: Sábado 28 de xuño de 2014.

- HORARIO DE VERÁN: 21:00 H.
A poesía é á prosa como o baile é ao camiñar. (JOHN BARRINGTON WAIN).
SAÚDE E POESÍA

CEIBARON OS SEUS VERSOS AO AR:

Tere Briones, José Tizado, Antonio Pinedo, Ángeles Conde, Enrique Brumbéck, EvCalo, Ramón Torrado, José González, Carmen Abalo, Andrea Fernández, Xermán Manoel Torres.

NESTA SESIÓN DA MESA, COMPUXEMOS ESTE POEMA COLECTIVO:

POEMA COLECTIVO INSPIRADO NO CADRO DE CASTELAO: O NENO DAS PIÑAS
XXXVII MESA DAS VERBAS




De madeira e nube, a chuvia
que non molle as piñas
que fan falla para prender o lume.

Que non lle peche os ollos ao ceo,
que non lle peche os ollos ao día;
témola en Galicia con fartura.

Chove de noite, chove de día
sempre sobre a nosa Ría.

Un lóstrego de lonxe
coma un lategazo,
coma unha cotelada na caluga

racha coa nosa monotonía
e sanda con paixón cada ferida,
Galicia sempre chuvia, chuvia fina.
 
 

martes, 24 de junio de 2014

NUEVA REUNIÓN DE LA COMISIÓN GENERAL DEL SÍNODO DIOCESANO





REUNIÓN DE LA COMISIÓN GENERAL DEL SÍNODO

CASA DE EJERCICIOS – SANTIAGO DE COMPOSTELA
21/06/2014; 11:00 H. – 14:00 H.


La víspera de la festividad del Corpus Christi, se celebró una nueva sesión de la Comisión General del Sínodo Diocesano con el fin de estudiar, revisar y aprobar definitivamente los cuadernillos 2 y 3 con los que seguirán su trabajo, el próximo otoño, los equipos sinodales de reflexión.

La reunión estuvo presidida por el Sr. Arzobispo, D. Julián Barrio, acompañado en la mesa presidencial por el Sr. Obispo Auxiliar, D. Jesús Fernández y por el Secretario del Sínodo, Rvdo. Sr. D. Alfonso Novo. Se da comienzo con una oración inicial.

Seguidamente, el Sr. Arzobispo le cede la palabra al Secretario, quien hace un informe de los trabajos y del momento en que se encuentra nuestro Sínodo, en pleno funcionamiento de los equipos de reflexión sinodales, de los que hay constituidos casi 200 en toda la Archidiócesis, pero se dará tiempo para que puedan constituirse nuevos equipos, aunque sea fuera de plazo y para que puedan iniciar y recuperar el trabajo. También es posible que no le hayan llegado todas las actas de constitución y sean más grupos. Por ello, cruzará la información que obra en la Secretaría con la información que poseen las distintas vicarías.

Después de esta información general, se informa del proceso para llegar a los anteproyectos de cuadernillos que se someten al criterio y discernimiento de la Comisión. Se comienza con una valoración general y global de cada cuadernillo, para después, hacer un estudio pormenorizado y detallado de cada una de las fichas que componen cada uno de los cuadernillos. Previamente, se habían enviado por correo electrónico a cada uno de los miembros de la Comisión, salvo unos pocos casos, que bien no los habían recibido o los recibieron tarde. Tras el debate y propuestas y sugerencias de mejora, fueron aprobados los dos cuadernillos por unanimidad. Los equipos de reflexión sinodal dispondrán de ellos a partir del mes de septiembre. El Sr. Arzobispo propone que la próxima serie de trabajos de los grupos sinodales de reflexión comience con la lectura y estudio de su Carta Pastoral sobre el Sínodo, donde se recoge el por qué de su convocatoria y sus intenciones.

Finaliza la reunión con el rezo del Ángelus, dirigido por el Sr. Arzobispo y con una jaculatoria a Jesús Sacramentado.

Algunos miembros de la Comisión compartieron una comida de confraternidad en la propia Casa de Ejercicios, otros regresaron a sus lugares de origen y a sus ocupaciones.

domingo, 15 de junio de 2014

CALDAS DE REIS E ALGÚNS DOS SEUS PERSONAXES POPULARES: JUAN LOSADA



En Caldas, alá polos anos sesenta, cando tiven a sorte de vivir alí os meus anos de infancia, había un personaxe inconfundible, que todos lembrarán, porque formaba parte da paisaxe urbana e humana da vila termal. Tratábase de JUAN LOSADA, unha persoa diferente, inofensiva; aceptada, podíase dicir incluso querida; pero, marxinada pola enfermidade mental que padecía. Meu avó, Sr. Manuel, "o Ghatillo", tíñame dito que Juan fóra moi listo, que escribía moi ben e que tiña unha moi boa caligrafía e que a orixe do mal de Juan estivera na mordedura dun can con rabia, comentaban que o Sr. Losada fóra unha persoa moi intelixente antes de enfermar.

Juan Losada deambulaba libremente pola rúas e prazas da fermosa vila de dona Urraca, tiña as súas manías, algunhas moi curiosas: moitas veces, sobre todo cando se poñía nervioso, daba uns pasiños adiante, outros atrás, semellaba que quedaba atascado, bloqueado, que non era capaz de seguir a marcha normal, logo duns intres, seguía camiñando. Outra, na fonte das burgas, tiña un xeito moi peculiar de lavar as mans, facía unhas ablucións moi seguidas, bruscas, repetitivas, frotando as mans e mobendo os dedos. Non soportaba que lle asubiaran, algúns desaprensivos facíano para poñelo nervioso e descontrolalo. Era un fumador compulsivo, sempre apurando a colilla nos seus beizos. Pedía á vontade, sobre todo para poder mercar tabaco.

Vivía cun irmán e cunha irmá solteiros, aos que lle tiña un gran respecto, sobre todo ao irmán, na rúa ou travesía da Ferrería, entre o hotel Acuña e a famosa tenda de Ultramarinos de Manuel Froján. Cando Juan Losada se quedou sen familia foi recollido no Asilo da vila. Xa andados os anos oitenta, foi traslado para outro pobo o que provocou certo malestar e descontento na vila, da que Juan Losada era un elemento indispensable, característico. Miña lembranza agarimosa e o meu respecto para Juan Losada, quen apreciaba moito ao meu tío Manolito, quen se ausentara de Caldas nos anos 1966 e 1967 para afincar en terras barcelonesas, aínda nos anos oitenta, Juan cando me vía, me preguntaba por el. Que Caldas aquela que se perde bretemosa no transcorrer inexorable do tempo!

jueves, 12 de junio de 2014

CONCERTO DE "AROUSA BAY" NO LICEO CASINO DE VILAGARCÍA


O Liceo Casino de Vilagarcía, organiza un concerto de verán de entrada libre e de balde, ata completar aforo, no seu Salón de Actos (R/ Castelao, 5), o vindeiro venres día 13, ás 20:30 h., actuará o magnífico e recoñecido Grupo de Voces e Acordeóns "AROUSA BAY", dirixido por Alfonso Galbán.
Todos os que pasen do sobredimensionado mundo do fútbol e dos seus supermillonarios protagonistas, teñen unha cita coa boa música, a música deste grupo tan especial e querido "AROUSA BAY", non se esquezan venres 13, día de San Antonio, temos unha cita no Liceo Casino ás 20:30 h.

jueves, 5 de junio de 2014

SOÑOS DE PAPEL E XIZ (III) - COLEXIO PÚBLICO DE PRE-ESCOLAR R/ PALENCIA - VIGO



Da montaña á gran cidade





No curso 1983-1984, daba o salto á gran cidade. No meu segundo destino como mestre do ensino público chegaba á cidade de Vigo, para facerme cargo dunha clase de nenos e nenas de Educación Infantil do Colexio de Preescolar da R/ Palencia, situada no tradicional e típico barrio vigués do Calvario. Foi un cambio moi grande, da zona rural á gran urbe de Galicia, Vigo, a cidade obreira, a do gran porto de Galicia.

Tamén fun moi ben acollido e moi querido polo alumnado, polas compañeiras e polas familias. Estreabamos un pequeno colexio de catro unidades de pre-escolar, como se dicía daquela. Eu como era o máis novo, fun o secretario. Xunto coa directora puxemos en funcionamento aquel pequeno centro da rúa Palencia. As aulas estaban moi ben, tiñan o chan de cortiza, había un gran patio cuberto, na parte baixa do colexio. Pero, como anécdota, comeza o curso e o colexio non tiña dotación algunha, non había pupitres, nin ningún tipo de material; eso, que tanto a directora como eu o reclamabamos continuamente á delegación provincial de educación sen éxito ningún. Tiveron que mobilizarse os pais e entón foi como chegou todo.

Como eu era o primeiro en chegar, saía de Vilagarcía no tren das sete da mañá, facía de conserxe, no tempo  de inverno prendía a calefacción, abría as portas e recibía ás compañeiras. Foi un curso tamén inesquecible. Fixemos actividades de aula aberta, como o simulacro do funcionamento dunha rúa no patio do colexio. Os nenos fixeron e decoraron diversos sinais de tráfico, edificios e casas de cartón, os nenos fixeron de semáforos, pintaron os pasos de peóns, representaron o papel de policías e circularon cos seus triciclos, bicicletas, coches e motos de xoguete, ata un día viñeron a dirixir o tráfico nesta rúa simulada os policías locais do Concello de Vigo, que aproveitaron tamén para dar unha charla ao alumnado sobre circulación viaria.

Lembro con moito cariño ás compañeiras e ao alumnado daquel pequeno parvulario, foron todos moi bos comigo. Co alumnado eu cantaba moito, un repertorio de cancións infantís, do folclore e das populares daquel tempo. Un día, invitamos aos pais e nais para que os escoitaran cantar. E sucedeu unha cousa curiosa e simpática, despois do recital, a directora felicitoume e díxome, que ben ensaiaches aos nenos e nenas, incluso cunha canción en polifonía; eu boteime a rir e expliqueille á compañeira que eu simplemente cantaba con eles, o que sucedera, foi que nunha das cancións un grupo entrou a destempo, e este fallo foi o que provocou que eso parecera polifonía, fóra froito dun erro. Rimos un pouco, pero quedara ben.

Este curso foi para min moi completo, algunhas tardes ía á Alliance Française a mellorar o meu francés e a participar nalgunhas das actividades que alí se celebraban. Asistín tamén a algúns cursiños de formación do profesorado, organizados polo Concello de Vigo, por exemplo, un sobre fotografía e outro sobre o horto escolar, coa visita á Granxa-Escola de Ponteareas. Tamén frecuentaba o cine e o teatro, asistín a estrea en Galicia de Luces de Bohemia, cun soberbio José Mª Rodero no papel de Max Estrella, fora no recuperado teatro García Barbón. A vida cultural e a movida viguesa non tiñan nada que ver coa paz e coa tranquilidade da vida campestre de Codeseda. Pero, para min constituíron dous primeiros destinos marabillosos, de feliz lembranza. Esto quere ser unha homenaxe ás tres compañeiras e ao alumnado do Colexio de Preescolar da Rúa Palencia – O Calvario de Vigo, do curso 1983-1984.