lunes, 25 de diciembre de 2017

BO NADAL E FELIZ 2018

CO DESEXO DE QUE TRABALLEMOS POR UN MUNDO MELLOR, MÁIS XUSTO E MÁIS HUMANO E PARA QUE RESPECTEMOS O NOSO PLANETA, LEVANDO UNHA VIDA MÁIS SOSTIBLE E SAUDABLE.

domingo, 3 de diciembre de 2017

FILGUEIRA, PREGOEIRO EN VILAGARCÍA (III)





Nestas últimas entradas estou a ofrecer unha síntese dos materiais que pescudei e utilicei na miña pasada conferencia na III Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia, do pasado 28/10/2017. Agardo que servan para dar a coñecer e recoñecer o labor cultural de Xosé Filgueira Valverde. A niguén se lle escapa o moito que traballou por Galicia e o galego o eximio vate pontevedrés.


CITAS

1.- Personaxes literarias
2.- Personaxes históricas
3.- Padroeiros das parroquias
4.- Os eruditos locais


1.- PERSONAXES LITERARIAS

        DA BANDA DE ALÁ: García Mattí, Castelao, os Dieste, Manuel Antonio, Fernández Mato.
        DA BANDA DE ACÓ: Barreiro, Cabanillas, os Camba, os Bouza Brey, Valle Inclán.

2.- PERSONAXES HISTÓRICAS

        García Caamaño, o fermoso, o vello (1461), os García Caamaño (Rubiáns, O Rial)
        Rodrigo de Mendoza Soutomaior (1589)
        García Manrique e Enrique III, rei de Castela e León
        Juan Mariño de Soutomaior (Vilaxoán)

3.- PADROEIROS DAS PARROQUIAS E CAPELAS

        Santa Olaia de Arealonga
        Santiago de Carril
        San Cristobo
        San Bartolomeu
        San Pedro (Cea, Cornazo, Fontecarmoa)
        Santa María de Rubiáns
        San Martiño de Sobrán
        San Salvador de Sobradelo
        San Xinés de Bamio
        Capelas (San Cibrán, Santa Rita, Nosa Señora de Cortegada)


4.- Os eruditos locais

        Núñez Búa, Garrido, Aquilino (Colexio León XIII)
        Fernández
        Del Valle
        Viqueira
        García Lago
        Valle, Barreiro, os Bouza Brey (os poetas)


CARACTERÍSTICAS

        Rigor (traballado, documentado e fundamentado).
        Calidade literaria e expositiva; carácter didáctico.
        Integrador, global (non se circunscribe só ao centro da cidade, refírese a todo o Concello).
        Contextualización xeográfica e histórica.
        Exaltación das bondades e das belezas.
        Obra dun mestre pregoeiro.

DOCUMENTACIÓN

        Arquivo Concello de Vilagarcía de Arousa.
        Arquivo Museo de Pontevedra.
        Fortes Alén, Mª Xesús: Ó Dr. Filgueira Valverde nos seus noventa anos (1906-1996). Bibliografía. Traballos. Eloxios. Caixa de Aforros de Pontevedra, 1996, pp. 153.
        Garrido Castromán, Daniel: Da terra, do mar e do ceo. Concello de Vilagarcía, 2003.
        Hemeroteca La Voz de Galicia-Arousa.
        www.filgueiravalverde.gal


 


lunes, 27 de noviembre de 2017

PREGÓN DE FILGUEIRA VALVERDE (II)


Seguimos cunha pequena análise do pregón (13/08/1988) de Filgueira Valverde, que teremos oportunidade de seguir tratando en próximas entradas.

CONTIDO DA CARPETA

        Un folio mecanografado cunha síntese do pregón.
        Un folio mecanografado por ambas dúas caras e unha copia do mesmo. En ambos notas manuscritas.
        16 fichas autógrafas en cuartillas e medias cuartillas con notas para o pregón.
        Unha copia da referencia deste acto no Correo Gallego, sábado, 13 de agosto de 1988, páx. 74, inclúe foto de Filgueira Valverde.

DESEMVOLVEMENTO DO PREGÓN

O profesor Filgueira Valverde pronunciou en galego o seu discurso e iniciouno cunha evocación do significado estético e histórico das dúas bandas da Ría de Arousa e do seu vértice padronés, porta de Compostela, e o do papel que desempeñou nela Vilagarcía.

        Glosou a fundación tardía de pobras e vilas mariñeiras, como o xeito de reflectir unha nova mentalidade relacionada coas navegacións e as descobertas.
        Sinalou os tres aspectos da Festa, ligados á memoria histórica. O relixioso, acollido ao patrocinio dun santo peregrino e vinculado aos votos formulados nas grandes pestes que asolaron Galicia.
        Que deron lugar ao culto posterior dos padroeiros das freguesías que deron orixe á “Vila” ou que logo se sumaron a ela: Santa Olaia, Santiago, San Martiño, ... 
        Outro aspecto é o deportivo, arraigado na apertura de Vilagarcía aos aires de Europa, a través da relación con Reino Unido. Por elo, foi a primeira en aceptar as formas do “sport” que hoxe privan e tamén en descubrir as posibilidades lúdicas que ofrece o mar.
        Por último, a gran atracción do “combate naval” paralelo mariñeiro da “Fachada” compostelá. Fixo un eloxio do mester dos artificieiros, recordando o conmovedor poema de Lisardo Barreiro.
        Dedicado ao que perdeu a vista e cambiou o manexo misterioso e efémero das luminosas polictomías por o de tocar a zanfona nas romarías aldeás.
        Cifrou as claves da identidade comunitaria da cidade e da súa vocación universalista nas personalidades que a formaron e a rexeron. Dedicando unha emotiva lembranza aos poetas e aos educadores. Que a festa sexa motivo de ledos encontros cos ausentes que viven botándoa de menos. Rematou cuns versos de Fermín Bouza Brey. 



lunes, 20 de noviembre de 2017

FILGUEIRA VALVERDE, PREGOEIRO EN VILAGARCÍA-13-08-1988 (1)

  Xosé Filgueira Valverde
Pregoeiro das Festas de San Roque de Vilagarcía de Arousa 
  Sábado, 13 de agosto de 1988  
  

 Naquelas datas era o Alcalde de Vilagarcía, José Luís Rivera Mallo, e a Concellería de Cultura estaba xestionada por Daniel Garrido Castromán. Para raíña das festas fora elixida, Trini Guerrero Bouzada. 

 Sobre o pregón de Filgueira Valverde, que será obxecto de referencias en próximas entradas, tivemos que consultar no Arquivo Documental e Gráfico do Museo de Pontevedra na seguinte referencia do legado de Filgueira Valverde: 

  SINATURA: Filgueira 75-5, 1988 Contén carpetiña interior: 1.224 - 34: Pregón e ofrenda nas Festas de San Roque de Vilagarcía de Arousa, 13-VIII-88. 

 Os interesados neste e noutros temas sería interesante que visitasen e consultasen no extraordinario Museo de Pontevedra, en grande parte, como quedou demostrado en entradas anteriores deste blog, obra de Filgueira Valverde.


 

jueves, 16 de noviembre de 2017

LXXVI MESA DAS VERBAS - 18-11-2017; 18:00 H.




Este sábado 18, ás 18:00 h. temos Mesa das Verbas na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía e aproveitaremos tamén para presentar o poemario SOBREPOESÍA do noso amigo e compañeiro, Manuel Lage.

.

domingo, 22 de octubre de 2017

III XORNADA FILGUEIRA VALVERDE SEMPRE EN GALICIA


             
CONFERENCIA: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, PREGOEIRO DAS FESTAS DE SAN ROQUE
EN VILAGARCÍA DE AROUSA, SÁBADO 13 DE AGOSTO DE 1988, ÁS 20:00 H.
POR XERMÁN MANUEL TORRES
DIA: SÁBADO 28 DE OUTUBRO DE 2017, ÁS 19:30 H.
LUGAR: SALA DE XUNTANZAS DO CENTRO COMERCIAL AROUSA (3º ANDAR)
COMPRÁCENOS CONVIDALO A ESTE ACTO DE HOMENAXE A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, SERÍA UNHA HONRA PODER CONTAR COA SÚA PRESENCIA





FILGUEIRA VALVERDE NA SÚA DERRADEIRA CONFERENCIA EN VILAGARCÍA
(NOVEMBRO DE 1994)


O ACTO SERÁ POSIBLE GRAZAS AO

jueves, 12 de octubre de 2017

LXXV MESA DAS VERBAS - 21-10-2017




O paso do tempo pode ter unha compoñente poética e poeticamente o sábado 21 de outubro de 2017, ás 18:30 h., imos celebrar na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa, nada menos que a edición número 75 da Mesa das Verbas (o 21 de xaneiro próximo cumpriremos 7 anos de experiencia poética). Si, setenta e cinco meses seguidos de recitais poéticos populares, abertos a todos os que desexen participar. A festa da poesía, a festa da palabra, a Mesa das Verbas. Vinde, pois, o día 21, ceibar os versos e a música ao ar de Arousa, estaremos acompañados, nesta ocasión, na parte musical pola magnífica Coral de Sobradelo, dirixida maxistralmente por Xesús Portas. Non vos perdades unha nova oportunidade de participación cultural e amizade.


Tivemos unha sesión inesquecible coa extraordinaria actuación da Coral de Sobradelo, nesta sesión especial da Mesa das Verbas, a LXXV ceibando os versos e as notas musicais no ar de Arousa.




Compartiron os seus versos: Carmen Abalo, Tito Porto, Tere Briones, Carmen Darriba, Eduardo Víctor Castro López "EvCalo", Enrique Brumbéck, Susana, Luís González, X. Ramón Quintáns, Ramón Torrado, Manuel Lage, Xermán Manuel Torres.















E ata outra millorada, amigos; como soía dicir o gran Cunqueiro.