Sábado,
13/10/2018 21:10
Unha
tarde de teatro galego no Auditorio Municipal
de Vilagarcía de Arousa
Nesta función
rexistrouse unha boa entrada coas zonas A e B do Auditorio practicamente cheas
e algúns espectadores situados na zona C. Quedei contento por este suceso de
público.
A representación comezou 10’ despois das nove noite, fíxose a escuridade na sala, arriba o pano e
comezou a maxia do teatro.
O título ben
escollido, un título metafórico, recollido dunha das frases dunha personaxe,
rica en frases e en caracterización, como era o borracho Vinicio. Hai que preocuparse
das persoas igual que nos ocupamos dunha leituga para que se logre; témonos que
“ocupar de regala e de cambiarlle o osíxeno todos os días”.
A temática moi
real que reflicte o día a día familiar e as problemáticas das persoas que as
forman:
-
Coidado das persoas maiores e enfermas
-
Eutanasia
-
Egoísmo e tensas relacións entre irmáns
-
A complexidade da familia política:
sogros, cuñados
-
A fecundidade / a esterilidade
-
As adopcións
Argumento ben desenvolvido
nun melodrama con moi boas pinceladas de humor e toques de moita sorna.
Posta en escena cunha
boa economía de medios escénicos, cos elementos lumínicos e de son moi ben
tratados. Orixinal xogo de luces e sombras con escenas moi logradas de ralentización
con efectos de cámara lenta.
O fondo musical cunha
boa selección de temas clásicos.
Moi bo o efecto asubío
con iluminación fixa e concentrada no estatismo dos actores e actrices que
daban o cambio de escena e de acto.
Elementos sinxelos de
decoración con boa iluminación e bo son.
Todo o conxunto de
recursos favorecía a verosimilitude da trama.
Traballo de actores
fixo cribles as personaxes e permitiron a recreación e a verosimilitude das
situacións familiares.
Destacaríamos o papel
de Vinicio, pola complexidade de simular todo o tempo a un mozo borracho (con
sentencias moi atinadas sobre as diversas situacións representadas). Tamén nos
agradou a actriz que representou á cuñada embarazada.
Mais en xeral, todos,
actrices e actores desenvolveron dun xeito crible ás súas personaxes. A
“Morris” vanlle ben os papeis de humor ácido, cínico e cheos de sorna.
Sen máis, destacar
nesta sintética crítica que por medio desta obra puidemos, ao mesmo tempo de
desfrutar e de sorrir, reflexionar sobre unha serie de cuestións que afectan ás
familias de hoxe; pero, tamén ás de onte e aínda ás do porvir, son problemas e
dificultades presentes en todos os tempos. Nesta obra cunha linguaxe e cos
modos de agora, auténticos e desenfadados.
Por favor, máis teatro!
Arriba o pano!