sábado, 30 de mayo de 2009

É CHEGADO O TEMPO DE DEDICARLLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE



O luns 18/05/2009 ás 20:00 h. no Salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra, Filgueira Valverde recibiu a título póstumo unha merecida homenaxe, ao seres nomeado Fillo Predilecto da Provincia, nunha sesión solemne onde tamén recibiu merecido tributo, Enrique Rajoy Leloup, quen tamén postumamente foi nomeado Fillo Adoptivo da Provincia. Ámbolos dous personaxes, entre outras moitas cousas, traballaron sen descanso por conseguir o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.

WEB de interese: http://www.depontevedra.es/


Quizais o recoñecemento que falta, e do que é merecente polo conxunto da súa vida e obra, é que se adique o Día das Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde, é “digno e de xustiza”.

4 comentarios:

Manoel Xosé dijo...

Apoio o exposto Xermán. Xa vai sendo hora de que se recoñeza o traballo e adicación do mestre Filgueira e de xustiza. Unha aperta, Manoel Xosé

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Como sempre, amigo Manoel Xosé, tan ecuánime e recoñecendo as causas xustas. Eu tamén penso que a é, por eso fago esta proposta, baseada en datos contrastables.
Grazas, por seguirme.
Unha forte apreta,
Xermán Torres

Pilar García Piñeiro dijo...

Apreciado Xermán, vengo desde Brétema y me uno a tan interesante iniciativa: "É chegado o tempo..."
Un beso desde Orense. Pilar.

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Benquerida Pilar:
Agradezo o teu seguimento do meu blog. Penso que o poeta Filgueira merece esa homenaxe. Dende Brétema e dende o apoio doutros amigos e amigas correde a voz.
Mil grazas e mil primaveras máis para a nosa cultura.
Xermán Torres