“FROLES”
PARA ROSALÍA
Cando Rosalía choraba
non o facía en balde,
cando berraba
non o facía porque si,
cando calaba
non era por
indiferenza;
todo era por Galicia
e polos galegos.
Non era insulsa
choromicas,
non era unha triste
indolente,
non era unha submisa
poeta;
era Rosalía,
nosa Rosalía
que choraba, berraba,
calaba,
sufría por Galicia.
Érguete Galicia,
síntete oufana
da túa máis ilustre
poeta,
a querida e admirada Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario