viernes, 2 de octubre de 2009

QUE PODERÍA SER A NEGRA SOMBRA DE ROSALÍA?








Sen dúbida, ese adxectivo que acompaña a ese substantivo convertéronse nun tandem moi famoso polo poema homónimo publicado por Rosalía de Castro no seu libro máis lírico, FOLLAS NOVAS. O fermoso e triste poema foi musicado e divulgado en múltiples versións por moitos artistas ao longo do tempo. Quizais non pode ter outro significado que evocar cousas negativas da vida da ilustre literata galega. Falamos de suposicións e de conxeturas, para coñecer o que Rosalía non fixo explícito, habería que penetrar nos seus pensamentos, sentimentos e inquedanzas. Cal sería esa negra sombra que asombraba a nosa máis popular e coñecida poetisa?

Pode ser que non fose plenamente feliz no seu matrimonio co erudito arquiveiro, Manuel Murguía. Quizais sempre se lembrase dun posible amor xuvenil co poeta Aurelio Aguirre, morto prematuramente e en estrañas circunstancias nunha praia da Coruña. Con Aguirre coincidira en moitas xeiras culturais e teatrais na súa Compostela natal.

Quizais as desgrazas familiares, a morte dun fillo pequeniño nun accidente no fogar familiar. A fraqueza de forzas, as dores e molestias da cruel enfermidade que a levaría á tumba, as dores polas inxustizas sociais, as aldraxes que se cometían contra Galicia e a súa lingua (sobre este aspecto, canto sufriría hoxe Rosalía de Castro!). Todo iso e moito máis podería ser a Negra Sombra rosaliana.

Se tivesemos connosco a D. Xosé Filgueira, experto en todo o que tiña que ver con Rosalía de Castro, fora un dos fundadores do Padroado “Rosalía de Castro”, director da Casa-Museo da Matanza en Padrón… Moito nos podería clarexar o ilustre pontevedrés sobre este tema. Quédanos a súa obra que poderemos consultar.

PUBLICACIÓNS COA PARTICIPACIÓN DE FILGUEIRA sobre Rosalía de Castro:


1925 - 65 - “Polas terras de Padrón”. GALICIA, Vigo, 31-V.

102 - “Vieiros”. EL PUEBLO GALLEGO, Vigo: XXIV. “A casa de Rosalía”, 23-IX.


1962 - 533 “Sobre la ‘Alborada’ y la aptitud musical de Rosalía”. EL
MUSEO DE PONTEVEDRA, XVI, páxs. 55 e ss.

1963 - 546 “Rosalía en el centenario de sus ‘Cantares Gallegos’”.
ATLÁNTIDA, nº 2, marzo-abril.

1964 - 554 Castro, Rosalía de: POEMS. Traducido do galego por Charles
David Ley. Introducción e selección de X. Filgueira Valverde.
Ministerio de Asuntos Exteriores. Madrid. (L.F. 100).

1967 - 590 “Escritos no seleccionados de Rosalía de Castro. Unha boda
n’aldea”. Separata de CUADERNOS DE ESTUDIOS
GALLEGOS. T. XXII, fasc. 68. (L.F. 118).


595 - “Dos poemas rosalianos de Ramón Cabanillas”. CUADERNOS
DE ESTUDIOS GALLEGOS. T. XXII, fasc. 68. (L.F. 119).


1974 - 746 Con Rosalía de Castro no seu fogar / Con Rosalía de Castro en su
hogar. Vigo, Artes Gráficas Galicia. (L.F. 175). Reedicións:


Con Rosalía de Castro no seu fogar. Versión do limiar da edición
do Consello de Europa. Guieiro da visita. Escolma de poemas galegos. 1984.


Con Rosalía de Castro en su hogar. Introducción de X. Filgueira Valverde. Selección de poemas casteláns. Vigo, editorial Galaxia, 1984.




1975 - 774 “Pintos e Rosalía. A colaboración no glosario dos ‘Cantares’”. En
PRESENCIA DE ROSALÍA. Vigo, editorial Galaxia, páxs. 23-24



1985 - 1.395 Rosalía cos rapaces. Escolma comentada. Xunta de Galicia.
Consellería da Presidencia. Santiago de Compostela. (L.F. 287).


1.405 “Para un estudo dos caracteres de Rosalía e de Losada Diéguez”.
En: O LIBRO GALEGO. Barcelona, editorial Sotelo Blanco.


1.406 “Visión de Rosalía”. En Montero, Eugenia: ROSALÍA DE
CASTRO. LA LUZ DE LA NEGRA SOMBRA. Entrevista
a X. Filgueira Valverde. Madrid, Sílex.


1.418 “Eva Llorens a Rosalía”. HOMENAJE A ROSALÍA.
Presentación da exposición de X. Filgueira Valverde. A Coruña,
decembro.

1.439 “A habelencia teatral de Rosalía”. LA VOZ DE GALICIA, 24-XI.


1.441 “Camoens en Rosalía”. LA VOZ DE GALICIA, 9-XII.



1.442 “Teatro y antiteatro en Rosalía”. Peña Labra, nº 55. Santander.

“Adral”. Artigos publicados periodicamente en Faro de Vigo:

1.446 “Liérmentov en Rosalía”, 13-VII.

1.451 “O silencio de Rosalía”, 28-XII.


1986 - 1.454 “Rosalía de Castro e a música”. Separata das Actas do Congreso
Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro. Consello da
Cultura Galega. Santiago de Compostela. (L.F. 294).

1993 - 1.993 “Cara Ortoño, pola Amaía. A primeira ‘xeira’ do Seminario de
Estudos”. EL CORREO GALLEGO, 9-X.


1995 - 2.070 “Camoens y Rosalía”. En Liñares, J.: Arredor do centenario de
Rosalía. Padrón. Patronato de Rosalía de Castro.



FONTE: Mª Jesús FORTES ALÉN (coord.): Ó Dr. Filgueira Valverde nos seus noventa anos (1906-1996), Pontevedra, 1996.

2 comentarios:

Manoel Xosé dijo...

Sen dúbida un tema interesante dende o punto de vista literario o que eiquí propós Xermán.
Cicais a inquedanza que o poema trasmite, a sensación de tremor, de misterio que se palpa, leve a pensar nun sentimento de impotencia e de door contida.
Cicais a sombra, a negra sombra, deixa entrever unha anguria da alma ante unha soidade cruel e inhumana.
As sombras acompañannos sempre e forman parte de nós. Podemos convivir con elas pero nunca deixarán de sorprendernos e de acougarnos.
Un tema interesante para unha reflexión aberta a calquera.
Un saúdo, Manoel Xosé

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Benquerido Manoel Xosé, esa negra sombra que asombraba á divina Rosalía está constituída polas nosas dores, as nosas angurias, os nosos medos... Tanto a nivel individual como a nivel social. Oxalá as luces vaian espantando tantas sombras que nos espantan (paro, violencia, fame, intolerancia, enfermedades,...).
Unha apreta luminosa,
Xermán