jueves, 25 de septiembre de 2014

OFRENDA FLORAL A SAN ROQUE DO CLUB XUVENIL


A imaxe que ilustra esta entrada refírese a unha ofrenda floral a S. Roque por parte de representantes do "Club Juvenil Villagarciano". Ofrecimos o ramo de flores preceptivo e un meu poema a S. Roque naquela xornada inicial das festas. Quizais se corresponda coas Festas Patronais de Vilagarcía de Arousa dun mes de agosto do ano 1982 ou 1983, xa non me lembro ben. Estou acompañado de catro socias e amigas do Club, nestes intres só recoñezo a dúas, empezando pola dereita aparece Mª del Carmen Conde Durán e Andrea Fernández Maneiro "Nei". O "Club Juvenil Villagarciano" estaba moi presente na vida social e cultural da Vilagarcía dos ano 80 do pasado século. Foi unha experiencia breve, pero intensa e fructífera a deste Club.

2 comentarios:

Andrea Fernández dijo...

Pois as outras duas persoas son: María Puertas (casada con Fernando Berridi, e benqueridos amigos meus) e a sua prima Mari Carmen que veraneaban en Vilagarcía.
María vive dende hai máis de 20 anos en Bertamiráns, de Mari Carmen non volvín saber máis.

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Nei, agradézoche que completaras a identificación desas dúas amigas. O paso do tempo fai estragos, que tempos aqueles do Club! Un día temos que xuntarnos e lembrar tantas anécdotas daquel tempo. Pero, non somos tan vellos, aínda que algunhas batalliñas si que podemos contar. Grazas e saúdos.