Boa entrada no 2015, a vida segue e na Mesa das Verbas volvemos a ceibar
os versos ao ar e a acercar a poesía a todos, que non é cousa duns
poucos, duns escollidos; a poesía é para todos, levamos dentro un poeta
para cantarlle á vida, para cabrearnos con ela, para ser críticos, para
clamar pola xustiza, en fin, para todo o que libremente un queira. Desde
as Mesas queremos devolverlle a poesía á xente, a poesía xurde do pobo,
en nós está a poesía. Vinde a compartila ao Salón de Actos do Liceo
Casino de Vilagarcía de Arousa, rúa Castelao, 5, o próximo sábado día 10
de xaneiro de 2015, ás 19:30 h. Non nos faltedes, agardamos por todos
vós.
Nesta ocasión, ceibamos os nosos versos ao ar:
Andrea Fernández
Jean Carbalho
Enrique Brumbéck
Tito Porto
Alfonso Saavedra
Ramón Torrado
Tere Briones
Ramón Quintáns
Augusto Guedes
José Tizado
Xermán Manoel Torres
Marcamos a nova cita para o último día e sábado de febreiro de 2015, a XLIV MESA DAS VERBAS será o 28 de febreiro de 2015, ás 19:30 h. no lugar de costume. Anotade a data xa nas vosas axendas.

1 comentario:
Publicar un comentario