PRESIDIDA POLO ARCEBISPO E ACOMPAÑADO DO SEU BISPO
AUXILIAR
TIVO LUGAR EN SANTIAGO DE COMPOSTELA O SÁBADO, 8 DE
OUTUBRO DE 2016, A
PARTIRES DAS 10:00 H.
Eucaristía Inaugural
Con
tal motivo desprazámonos a Compostela os tres sinodais da nosa parroquia,
Celestino Brianes, Xosé Anuncio Mouriño e quen escribe estas liñas. Iamos
ilusionados xa que participabamos nun acontecemento histórico para a nosa
arquidiocese, algo crucial para a nosa Igrexa particular, que debe orientar a
pastoral e o enfoque estrutural e organizativo da nosa diocese de hoxe e do
futuro.
Na
Eucaristía inaugural, que principiou puntualmente ás dez da mañá, o Arcebispo
manifestou os seus desexos de que o proceso sinodal coa axuda do Espírito Santo
cumpra co seu cometido nesta hora fundamental da Igrexa Diocesana e pregou que
os sinodais se entreguen con xenerosidade e dilixencia ás tarefas que teñen
encomendadas, ao mesmo tempo que agradecía a súa entrega.
Unha
vez rematada esta Misa Solemne, os bispos e todos os sinodais trasladáronse ao
Salón de Actos do Instituto Teolóxico Compostelán. Alí, don Xesús Fernández
González, Bispo Auxiliar da Arquidiocese e responsable do primeiro documento
que se sometía a estudo e que tiña como tema as UPAS (Unidades Pastorais),
modelo de organización territorial de parroquias agrupadas para poder prestar
os servizos pastorais acordes coa nova situación da Igrexa Diocesana, inmersa
como toda a Igrexa nunha crise de vocacións sacerdotais e relixiosas e tamén nunha
crise de fieis. Esta nova estrutura organizativa ofrécese para dar solución a
dramática e difícil situación que estamos a vivir e que cada vez máis ten visos
de ser máis complicada. Algo hai que facer, temos que pensar, razoar e tomar
decisións non precipitadas, meditadas; pero, que aporten solucións e para iso,
entre outras cousas estamos aquí. Estas podía ser en síntese as palabras de D.
Xesús na presentación do documento, para que se convertan en constitucións
sinodais que aporten mecanismos de axuda para ir solucionando as situacións que
xa se están a dar e que no futuro poden ser máis difíciles. Todos temos que
nos comprometer na misión da Igrexa, que non é outra que anunciar o plan de
Salvación, mediante a Mensaxe de Xesús; dar a coñecer a Xesús e o seu Evanxeo.
E urxe a toma de novas medidas, vencendo reticencias e medos, afrontando con
serenidade, pero con medidas eficaces o novo futuro da Igrexa Diocesana,
sabemos Quen non vai fallar, non o defraudemos nós. Con fe, esperanza e
valentía e ilusión seguiremos a construír entre todos a nosa Igrexa, todos
corresponsables: sacerdotes, relixiosos, leigos, todos formamos o Pobo de Deus.
Mesa presidencial
Despois
da exposición do noso Bispo Auxiliar houbo moita participación, mellorando,
enmendando, modificando algúns dos artigos do documento sometido a estudo e
exame, que estaba baseado nos traballos dos equipos sinodais e da comisión
redactora, representada polo seu responsable, quen defendeu os postulados, que
se ofrecían para ir aportando solucións ás necesidades da nosa diocese.
Clausurou
a asemblea o Sr. Arcebispo, don Xulián Barrio Barrio, quen agradeceu aos
sinodais o traballo desenvolvido e poñendo a súa esperanza de que coa axuda de
Deus iremos buscando e atopando solucións á difícil situación que estamos a
vivir e que será moito máis comprometida no futuro inmediato. Aportou un dato
revelador e alarmante, pero para movernos á acción non ao desánimo. Foi o
seguinte, hai unha prospectiva de que no ano 2021, na Arquidiocese de Santiago
de Compostela haberá en activo 141 sacerdotes, nunha diocese que na actualidade
conta con 1.072 parroquias. Así que algo haberá que facer, temos que poñernos
en acción, colaborando todos, facendo Igrexa todos.
Algúns dos sinodais presentes
Rematou
esta I Asemblea Sinodal ás 13:30 h. co rezo do Angelus, dirixido polo Señor
Arcebispo e cumpríndose os tempos cunha magnífica puntualidade, todo dentro do
horario previsto e segundo o programado.
Quedamos
emprazados para a II Asemblea Sinodal, que se desenvolverá na Casa de
Exercicios de Santiago de Compostela o sábado, 22 de outubro a partires das
10:30 h.
Queremos
volver a manifestar os nosos parabéns a D. Alfonso Novo, Secretario Xeral do
Sínodo e a todo o seu equipo da secretaría técnica polos acertos e bo facer na
organización desta asemblea e de todo o complexo proceso sinodal.
Elevamos
as nosas oracións para que o Señor nos acompañe e ilumine nesta tarefa que
temos encomendada e que o Sínodo Diocesano alcance os froitos desexados para o
bo goberno e para vida pastoral de toda a nosa Diocese, que todos nos
impliquemos e traballemos polo Reino de Cristo que trae unha Mensaxe de
optimismo e Redención, que non caiamos no desánimo, porque El sempre estará a
carón noso e nunca nos vai fallar, mais para este labor precisa da nosa axuda,
da nosa colaboración.
RENOVARNOS EN COMUÑÓN DESDE CRISTO
Xermán
Manuel Torres
No hay comentarios:
Publicar un comentario