CO DESEXO DE QUE TRABALLEMOS POR UN MUNDO MELLOR, MÁIS XUSTO E MÁIS HUMANO E PARA QUE RESPECTEMOS O NOSO PLANETA, LEVANDO UNHA VIDA MÁIS SOSTIBLE E SAUDABLE.
lunes, 25 de diciembre de 2017
domingo, 3 de diciembre de 2017
FILGUEIRA, PREGOEIRO EN VILAGARCÍA (III)
Nestas últimas entradas estou a ofrecer unha síntese dos materiais que pescudei e utilicei na miña pasada conferencia na III Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia, do pasado 28/10/2017. Agardo que servan para dar a coñecer e recoñecer o labor cultural de Xosé Filgueira Valverde. A niguén se lle escapa o moito que traballou por Galicia e o galego o eximio vate pontevedrés.
CITAS
1.- Personaxes literarias
2.- Personaxes históricas
3.- Padroeiros das parroquias
4.- Os eruditos locais
1.- PERSONAXES LITERARIAS
•
DA BANDA DE ALÁ: García Mattí, Castelao,
os Dieste, Manuel Antonio, Fernández Mato.
•
DA BANDA DE ACÓ: Barreiro, Cabanillas, os
Camba, os Bouza Brey, Valle Inclán.
2.- PERSONAXES HISTÓRICAS
•
García Caamaño, o fermoso, o vello (1461),
os García Caamaño (Rubiáns, O Rial)
•
Rodrigo de Mendoza Soutomaior (1589)
•
García Manrique e Enrique III, rei de
Castela e León
•
Juan Mariño de Soutomaior (Vilaxoán)
3.- PADROEIROS DAS PARROQUIAS E CAPELAS
•
Santa Olaia de Arealonga
•
Santiago de Carril
•
San Cristobo
•
San Bartolomeu
•
San Pedro (Cea, Cornazo, Fontecarmoa)
•
Santa María de Rubiáns
•
San Martiño de Sobrán
•
San Salvador de Sobradelo
•
San Xinés de Bamio
•
Capelas (San Cibrán, Santa Rita, Nosa Señora
de Cortegada)
4.- Os eruditos locais
•
Núñez
Búa, Garrido, Aquilino (Colexio León XIII)
•
Fernández
•
Del Valle
•
Viqueira
•
García
Lago
•
Valle, Barreiro, os Bouza Brey (os poetas)
CARACTERÍSTICAS
•
Rigor (traballado, documentado e fundamentado).
•
Calidade literaria e expositiva; carácter
didáctico.
•
Integrador, global (non se circunscribe só
ao centro da cidade, refírese a todo o Concello).
•
Contextualización xeográfica e histórica.
•
Exaltación das bondades e das belezas.
•
Obra dun mestre pregoeiro.
DOCUMENTACIÓN
•
Arquivo Concello de Vilagarcía de Arousa.
•
Arquivo Museo de Pontevedra.
•
Fortes Alén, Mª Xesús: Ó Dr. Filgueira
Valverde nos seus noventa anos (1906-1996). Bibliografía. Traballos. Eloxios. Caixa
de Aforros de Pontevedra, 1996, pp. 153.
•
Garrido Castromán, Daniel: Da terra, do
mar e do ceo. Concello de Vilagarcía, 2003.
•
Hemeroteca La Voz de Galicia-Arousa.
lunes, 27 de noviembre de 2017
PREGÓN DE FILGUEIRA VALVERDE (II)
Seguimos cunha pequena
análise do pregón (13/08/1988) de Filgueira Valverde, que teremos oportunidade
de seguir tratando en próximas entradas.
CONTIDO DA CARPETA
•
Un
folio mecanografado cunha síntese do pregón.
•
Un
folio mecanografado por ambas dúas caras e unha copia do mesmo. En ambos notas
manuscritas.
•
16
fichas autógrafas en cuartillas e medias cuartillas con notas para o pregón.
•
Unha
copia da referencia deste acto no Correo Gallego, sábado, 13 de agosto de 1988,
páx. 74, inclúe foto de Filgueira Valverde.
DESEMVOLVEMENTO DO PREGÓN
O profesor
Filgueira Valverde pronunciou en galego o seu discurso e iniciouno cunha
evocación do significado estético e histórico das dúas bandas da Ría de Arousa
e do seu vértice padronés, porta de Compostela, e o do papel que desempeñou
nela Vilagarcía.
•
Glosou
a fundación tardía de pobras e vilas mariñeiras, como o xeito de reflectir unha
nova mentalidade relacionada coas navegacións e as descobertas.
•
Sinalou
os tres aspectos da Festa, ligados á memoria histórica. O relixioso, acollido
ao patrocinio dun santo peregrino e vinculado aos votos formulados nas grandes
pestes que asolaron Galicia.
•
Que
deron lugar ao culto posterior dos padroeiros das freguesías que deron orixe á
“Vila” ou que logo se sumaron a ela: Santa Olaia, Santiago, San Martiño,
...
•
Outro
aspecto é o deportivo, arraigado na apertura de Vilagarcía aos aires de Europa,
a través da relación con Reino Unido. Por elo, foi a primeira en aceptar as
formas do “sport” que hoxe privan e tamén en descubrir as posibilidades lúdicas
que ofrece o mar.
•
Por
último, a gran atracción do “combate naval” paralelo mariñeiro da “Fachada”
compostelá. Fixo un eloxio do mester dos artificieiros, recordando o conmovedor
poema de Lisardo Barreiro.
•
Dedicado
ao que perdeu a vista e cambiou o manexo misterioso e efémero das luminosas
polictomías por o de tocar a zanfona nas romarías aldeás.
•
Cifrou
as claves da identidade comunitaria da cidade e da súa vocación universalista
nas personalidades que a formaron e a rexeron. Dedicando unha emotiva lembranza
aos poetas e aos educadores. Que a festa sexa motivo de ledos encontros cos
ausentes que viven botándoa de menos. Rematou cuns versos de Fermín Bouza
Brey.
lunes, 20 de noviembre de 2017
FILGUEIRA VALVERDE, PREGOEIRO EN VILAGARCÍA-13-08-1988 (1)
Xosé Filgueira Valverde
Pregoeiro das Festas de San Roque de Vilagarcía de Arousa
Sábado, 13 de agosto de 1988
Pregoeiro das Festas de San Roque de Vilagarcía de Arousa
Sábado, 13 de agosto de 1988
Naquelas datas era o Alcalde de Vilagarcía, José Luís Rivera Mallo, e a Concellería de Cultura estaba xestionada por Daniel Garrido Castromán. Para raíña das festas fora elixida, Trini Guerrero Bouzada.
Sobre o pregón de Filgueira Valverde, que será obxecto de referencias en próximas entradas, tivemos que consultar no Arquivo Documental e Gráfico do Museo de Pontevedra na seguinte referencia do legado de Filgueira Valverde:
•SINATURA: Filgueira 75-5, 1988
Contén carpetiña
interior: 1.224 - 34:
Pregón e ofrenda
nas Festas de San
Roque de
Vilagarcía de
Arousa, 13-VIII-88.
Os interesados neste e noutros temas sería interesante que visitasen e consultasen no extraordinario Museo de Pontevedra, en grande parte, como quedou demostrado en entradas anteriores deste blog, obra de Filgueira Valverde.
jueves, 16 de noviembre de 2017
LXXVI MESA DAS VERBAS - 18-11-2017; 18:00 H.
|
domingo, 29 de octubre de 2017
domingo, 22 de octubre de 2017
III XORNADA FILGUEIRA VALVERDE SEMPRE EN GALICIA
CONFERENCIA:
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, PREGOEIRO DAS FESTAS DE SAN ROQUE
EN
VILAGARCÍA DE AROUSA, SÁBADO 13 DE AGOSTO DE 1988, ÁS 20:00 H.
POR
XERMÁN MANUEL TORRES
DIA:
SÁBADO 28 DE OUTUBRO DE 2017, ÁS 19:30 H.
LUGAR:
SALA DE XUNTANZAS DO CENTRO COMERCIAL AROUSA (3º ANDAR)
COMPRÁCENOS CONVIDALO A ESTE ACTO DE HOMENAXE A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, SERÍA UNHA HONRA
PODER CONTAR COA SÚA PRESENCIA
FILGUEIRA VALVERDE NA SÚA DERRADEIRA CONFERENCIA EN VILAGARCÍA
(NOVEMBRO DE 1994)
O ACTO SERÁ POSIBLE GRAZAS AO
jueves, 12 de octubre de 2017
LXXV MESA DAS VERBAS - 21-10-2017
O paso do tempo pode ter unha compoñente poética e poeticamente o sábado 21 de outubro de 2017, ás 18:30 h., imos celebrar na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa, nada menos que a edición número 75 da Mesa das Verbas (o 21 de xaneiro próximo cumpriremos 7 anos de experiencia poética). Si, setenta e cinco meses seguidos de recitais poéticos populares, abertos a todos os que desexen participar. A festa da poesía, a festa da palabra, a Mesa das Verbas. Vinde, pois, o día 21, ceibar os versos e a música ao ar de Arousa, estaremos acompañados, nesta ocasión, na parte musical pola magnífica Coral de Sobradelo, dirixida maxistralmente por Xesús Portas. Non vos perdades unha nova oportunidade de participación cultural e amizade.
Tivemos unha sesión inesquecible coa extraordinaria actuación da Coral de Sobradelo, nesta sesión especial da Mesa das Verbas, a LXXV ceibando os versos e as notas musicais no ar de Arousa.
Tivemos unha sesión inesquecible coa extraordinaria actuación da Coral de Sobradelo, nesta sesión especial da Mesa das Verbas, a LXXV ceibando os versos e as notas musicais no ar de Arousa.
Compartiron os seus versos: Carmen Abalo, Tito Porto, Tere Briones, Carmen Darriba, Eduardo Víctor Castro López "EvCalo", Enrique Brumbéck, Susana, Luís González, X. Ramón Quintáns, Ramón Torrado, Manuel Lage, Xermán Manuel Torres.
E ata outra millorada, amigos; como soía dicir o gran Cunqueiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)