Seguimos cunha pequena
análise do pregón (13/08/1988) de Filgueira Valverde, que teremos oportunidade
de seguir tratando en próximas entradas.
CONTIDO DA CARPETA
•
Un
folio mecanografado cunha síntese do pregón.
•
Un
folio mecanografado por ambas dúas caras e unha copia do mesmo. En ambos notas
manuscritas.
•
16
fichas autógrafas en cuartillas e medias cuartillas con notas para o pregón.
•
Unha
copia da referencia deste acto no Correo Gallego, sábado, 13 de agosto de 1988,
páx. 74, inclúe foto de Filgueira Valverde.
DESEMVOLVEMENTO DO PREGÓN
O profesor
Filgueira Valverde pronunciou en galego o seu discurso e iniciouno cunha
evocación do significado estético e histórico das dúas bandas da Ría de Arousa
e do seu vértice padronés, porta de Compostela, e o do papel que desempeñou
nela Vilagarcía.
•
Glosou
a fundación tardía de pobras e vilas mariñeiras, como o xeito de reflectir unha
nova mentalidade relacionada coas navegacións e as descobertas.
•
Sinalou
os tres aspectos da Festa, ligados á memoria histórica. O relixioso, acollido
ao patrocinio dun santo peregrino e vinculado aos votos formulados nas grandes
pestes que asolaron Galicia.
•
Que
deron lugar ao culto posterior dos padroeiros das freguesías que deron orixe á
“Vila” ou que logo se sumaron a ela: Santa Olaia, Santiago, San Martiño,
...
•
Outro
aspecto é o deportivo, arraigado na apertura de Vilagarcía aos aires de Europa,
a través da relación con Reino Unido. Por elo, foi a primeira en aceptar as
formas do “sport” que hoxe privan e tamén en descubrir as posibilidades lúdicas
que ofrece o mar.
•
Por
último, a gran atracción do “combate naval” paralelo mariñeiro da “Fachada”
compostelá. Fixo un eloxio do mester dos artificieiros, recordando o conmovedor
poema de Lisardo Barreiro.
•
Dedicado
ao que perdeu a vista e cambiou o manexo misterioso e efémero das luminosas
polictomías por o de tocar a zanfona nas romarías aldeás.
•
Cifrou
as claves da identidade comunitaria da cidade e da súa vocación universalista
nas personalidades que a formaron e a rexeron. Dedicando unha emotiva lembranza
aos poetas e aos educadores. Que a festa sexa motivo de ledos encontros cos
ausentes que viven botándoa de menos. Rematou cuns versos de Fermín Bouza
Brey.
No hay comentarios:
Publicar un comentario