Mostrando entradas con la etiqueta La Voz de Galicia - Arousa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta La Voz de Galicia - Arousa. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de marzo de 2018

I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS

Imaxe de Noé Parga (Faro de Vigo)

Imaxe do Diario de Arousa


I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 18
CONVOCADO E ORGANIZADO POLA MESA DAS VERBAS E O CENTRO COMERCIAL AROUSA

1.- Convócase este I CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS / 18, idea e organización da Mesa das Verbas e do Centro Comercial Arousa co fin de promover e promocionar a creación literaria en lingua galega.
2.- Poderá participar neste concurso calquera persoa que o desexe que necesariamente acepta as presentes bases, propostas polas entidades colaboradoras, así como tamén acepta todas as decisións do xurado (que será elixido e conformado no seu día e oportunamente) e que terá a capacidade de dirimir e interpretar todo o concernente a este concurso e as súas decisións serán inapelables.
3.- Cada persoa poderá presentar un máximo de tres obras, que poderán pertencer a calquera xénero e estilo literario. A obra terá que estar escrita en idioma galego, ser orixinal e inédita, de tema libre. Non podendo ser coñecida nin premiada en calquera outro certame.
4.- A extensión máxima de cada obra será dun folio por unha soa cara. No reverso do folio figurará un número de teléfono de contacto. O folio non poderá conter ningún sinal de identificación, tan só pola parte de atrás figurará o teléfono de contacto.
5.- O prazo de entrega será ata o 17/04/2018 (inclusive). As obras serán depositadas nas urnas que se colocarán ao efecto nas dependencias do Centro Comercial Arousa.
6.- Os premios non poderán declararse desertos.
7.- A entrega de premios terá lugar o xoves, 17 de maio de 2018, Día das Letras Galegas, nunha edición especial da Mesa das Verbas, a partires das 20:00 h. na sala de xuntanzas, no 3º andar do Centro Comercial Arousa de Vilagarcía de Arousa.
8.- Os premios serán os seguintes:
- 1º PREMIO: 90 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 50 €, e diploma.
- 2º PREMIO: 40 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 40 €, e diploma.
- 3º PREMIO: 30 €, un vale de compra do Centro Comercial Arousa por valor de 20 €, e diploma.

9.- Os autores ceden todos os seus dereitos sobre as obras, durante o prazo dun ano a partires da data da entrega de premios, por se as entidades convocantes tiveran a oportunidade da publicación das obras premiadas. Transcorrido ese ano, reverterían de novo nos seus autores.

10.- As obras non premiadas poderán retirarse ata o 17/06/2018, acreditando debidamente ser a autora ou autor, despois desa data serán destruídas.

11.- A participación neste concurso implica a total e plena aceptación destas bases.


Vilagarcía de Arousa, 17 de marzo de 2018

domingo, 3 de diciembre de 2017

FILGUEIRA, PREGOEIRO EN VILAGARCÍA (III)





Nestas últimas entradas estou a ofrecer unha síntese dos materiais que pescudei e utilicei na miña pasada conferencia na III Xornada Filgueira Valverde, sempre en Galicia, do pasado 28/10/2017. Agardo que servan para dar a coñecer e recoñecer o labor cultural de Xosé Filgueira Valverde. A niguén se lle escapa o moito que traballou por Galicia e o galego o eximio vate pontevedrés.


CITAS

1.- Personaxes literarias
2.- Personaxes históricas
3.- Padroeiros das parroquias
4.- Os eruditos locais


1.- PERSONAXES LITERARIAS

•        DA BANDA DE ALÁ: García Mattí, Castelao, os Dieste, Manuel Antonio, Fernández Mato.
•        DA BANDA DE ACÓ: Barreiro, Cabanillas, os Camba, os Bouza Brey, Valle Inclán.

2.- PERSONAXES HISTÓRICAS

•        García Caamaño, o fermoso, o vello (1461), os García Caamaño (Rubiáns, O Rial)
•        Rodrigo de Mendoza Soutomaior (1589)
•        García Manrique e Enrique III, rei de Castela e León
•        Juan Mariño de Soutomaior (Vilaxoán)

3.- PADROEIROS DAS PARROQUIAS E CAPELAS

•        Santa Olaia de Arealonga
•        Santiago de Carril
•        San Cristobo
•        San Bartolomeu
•        San Pedro (Cea, Cornazo, Fontecarmoa)
•        Santa María de Rubiáns
•        San Martiño de Sobrán
•        San Salvador de Sobradelo
•        San Xinés de Bamio
•        Capelas (San Cibrán, Santa Rita, Nosa Señora de Cortegada)


4.- Os eruditos locais

•        Núñez Búa, Garrido, Aquilino (Colexio León XIII)
•        Fernández
•        Del Valle
•        Viqueira
•        García Lago
•        Valle, Barreiro, os Bouza Brey (os poetas)


CARACTERÍSTICAS

•        Rigor (traballado, documentado e fundamentado).
•        Calidade literaria e expositiva; carácter didáctico.
•        Integrador, global (non se circunscribe só ao centro da cidade, refírese a todo o Concello).
•        Contextualización xeográfica e histórica.
•        Exaltación das bondades e das belezas.
•        Obra dun mestre pregoeiro.

DOCUMENTACIÓN

•        Arquivo Concello de Vilagarcía de Arousa.
•        Arquivo Museo de Pontevedra.
•        Fortes Alén, Mª Xesús: Ó Dr. Filgueira Valverde nos seus noventa anos (1906-1996). Bibliografía. Traballos. Eloxios. Caixa de Aforros de Pontevedra, 1996, pp. 153.
•        Garrido Castromán, Daniel: Da terra, do mar e do ceo. Concello de Vilagarcía, 2003.
•        Hemeroteca La Voz de Galicia-Arousa.
•        www.filgueiravalverde.gal


 


lunes, 27 de noviembre de 2017

PREGÓN DE FILGUEIRA VALVERDE (II)


Seguimos cunha pequena análise do pregón (13/08/1988) de Filgueira Valverde, que teremos oportunidade de seguir tratando en próximas entradas.

CONTIDO DA CARPETA

•        Un folio mecanografado cunha síntese do pregón.
•        Un folio mecanografado por ambas dúas caras e unha copia do mesmo. En ambos notas manuscritas.
•        16 fichas autógrafas en cuartillas e medias cuartillas con notas para o pregón.
•        Unha copia da referencia deste acto no Correo Gallego, sábado, 13 de agosto de 1988, páx. 74, inclúe foto de Filgueira Valverde.

DESEMVOLVEMENTO DO PREGÓN

O profesor Filgueira Valverde pronunciou en galego o seu discurso e iniciouno cunha evocación do significado estético e histórico das dúas bandas da Ría de Arousa e do seu vértice padronés, porta de Compostela, e o do papel que desempeñou nela Vilagarcía.

•        Glosou a fundación tardía de pobras e vilas mariñeiras, como o xeito de reflectir unha nova mentalidade relacionada coas navegacións e as descobertas.
•        Sinalou os tres aspectos da Festa, ligados á memoria histórica. O relixioso, acollido ao patrocinio dun santo peregrino e vinculado aos votos formulados nas grandes pestes que asolaron Galicia.
•        Que deron lugar ao culto posterior dos padroeiros das freguesías que deron orixe á “Vila” ou que logo se sumaron a ela: Santa Olaia, Santiago, San Martiño, ... 
•        Outro aspecto é o deportivo, arraigado na apertura de Vilagarcía aos aires de Europa, a través da relación con Reino Unido. Por elo, foi a primeira en aceptar as formas do “sport” que hoxe privan e tamén en descubrir as posibilidades lúdicas que ofrece o mar.
•        Por último, a gran atracción do “combate naval” paralelo mariñeiro da “Fachada” compostelá. Fixo un eloxio do mester dos artificieiros, recordando o conmovedor poema de Lisardo Barreiro.
•        Dedicado ao que perdeu a vista e cambiou o manexo misterioso e efémero das luminosas polictomías por o de tocar a zanfona nas romarías aldeás.
•        Cifrou as claves da identidade comunitaria da cidade e da súa vocación universalista nas personalidades que a formaron e a rexeron. Dedicando unha emotiva lembranza aos poetas e aos educadores. Que a festa sexa motivo de ledos encontros cos ausentes que viven botándoa de menos. Rematou cuns versos de Fermín Bouza Brey. 



jueves, 10 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN DO LIBRO: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, ALCALDE DE PONTEVEDRA (1959-1968). ASPECTOS EDUCATIVOS E CULTURAIS



Presentación do libro de Xermán Manuel Torres:
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, ALCALDE DE PONTEVEDRA (1959-1968). ASPECTOS EDUCATIVOS E CULTURAIS. Valencia, Pasiónporloslibros, 2015.

Deica o de agora, realizáronse os seguintes actos de presentación:

- 11/12/2015; 20:15 h., no salón de actos da parroquia Santa Baia de Arealonga de Vilagarcía de Arousa.

- 18/12/2015; 20:00 h., no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

- 22/12/2015; 21:00 h., no Salón García do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Os eixes sobre os que xira a acción política de Filgueira na súa alcaldía son:
EDUCACIÓN-CULTURA-DEPORTE
sen olvidarse doutras parcelas moi importantes nun concello como a limpeza, a auga, o servizo de bombeiros, etc. Traballou moito, tiña moitos proxectos e moi pouco diñeiro. Outra preocupación de Filgueira era a ampliación e aumento dos orzamentos e das achegas económicas para o seu Concello e vaia se o conseguiu, aínda que non na medida que desexaba, cando el chega a alcaldía o orzamento do Concello de Pontevedra era de 19.500.000 ptas e cando a deixa o orzamento ascendía a 57.500.000 ptas.
No meu libro, con datos e cifras concretas pode comprobarse o traballo de Filgueira Valverde sobre todo nos aspectos educativos e culturais. Na súa etapa configurase a Pontevedra de hoxe co máximo respecto pola riqueza monumental, artística e histórica da cidade. Tamén queda claro que o "sambenito" que lle colgaron a Filgueira de que trouxo a Celulosas queda totalmente esclarecido e cunha resposta contundente: non tivo nada que ver. Non lle quedou máis remedio que asistir como alcalde a súa inauguración, pero a decisión da instalación viña de antes e foi responsabilidade do Instituto Nacional de Industria (INI) e do Goberno Civil de Pontevedra.
O libro é froito dunha miña investigación levada a cabo no Arquivo Municipal do Concello de Pontevedra nos meses de verán de 2002 e para ser aproveitada na miña tese de doutoramento presentada na UNED:
JOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE, SU PROYECCIÓN COMO INTELECTUAL Y EDUCADOR.

DIARIO DE AROUSA, 10/12/2015:


http://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/filgueira-valverde-colgaronlle-sambenito-da-celulosa-non-tivo-nada-ver/20151210002113130931.html

“A Filgueira Valverde colgáronlle o sambenito da celulosa, pero el non tivo nada que ver”

| Actualizado 10 Diciembre 2015 - 00:40 h.



Xermán Torres presenta un libro sobre Filgueira Valverde borja arcos


 Son moitos anos os que o vilagarcián Xermán Torres leva dedicado ao estudo da figura de Xosé Filgueira Valverde. Este, ademais de escritor, intelectual e divulgador, foi alcalde de Pontevedra entre os anos 1959 e 1968. Foi xusto este periodo de tempo o que Xermán Torres analizou con motivo da súa tese de doutoramento e é dese estudo de donde xurde o libro que este vilagarciá presentará oficialmente nos próximos días.
       “É un libro que, pese a ser un estudo de 140 actas plenarias de cando Filgueira Valverde era alcalde de Pontevedra, é apto para todos os públicos. De feito, aínda que é un libro de investigación, aqueles interesados na cultura tamén o van atopar interesante”, sinala o autor.
       Con este traballo Xermán Torres pretende sobre todo destacar o labor educativo e cultural que a figura de Filgueira Valverde tivo en Pontevedra. “En termos educativos foi unha persoa moi importante. Abriu comedores, creou escolas e vivendas para mestres, sobre todo no rural, tamén o Conservatorio e foi o que mercou o Estadio de Pasarón, entre outras cousas”, explica o vilagarcián estudoso da figura de Filgueira.
      Na obra de Torres tamén se abordan cuestións polémicas como o problema da celulosa que a capital de provincia ten dende hai anos. “A Filgueira Valverde intentóuselle colgar o sambenito da celulosa, pero non foi el o que a autorizou, senón que é unha cuestión que viña dende moito antes de que el fose alcalde e que viña ordenada dende o goberno do Estado”, explica.
      Filgueira Valverde foi alcalde de Pontevedra durante o Franquismo. “Aínda que si, é certo que era rexedor cando vivía Franco o certo é que era un alcalde bastante independente. Decidiu selo porque llo pediron uns amigos. El condenaba o falanxismo e, de feito, nos actos aos que asistía do Réxime el nunca levantaba a man como indicaba o saúdo feixista”, explica o estudoso.
         O libro de Xermán Torres presentarase  mañá venres ás 20.15 horas na parroquia de Santa Baia de Arealonga. O día 18 será a quenda do salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, ás oito da tarde. O día 22 ao fío das nove da noite presentarase no Salón García, en Vilagarcía.

En La Voz de Galicia - Arousa, 10/12/2015:

 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2015/12/10/libro-sobre-filgueira-valverde/0003_201512A10C11995.htm