Imaxe de Luis González de la Ballina González
Fotografía: Luis González de la Ballina
Para conmemorar esta pequena efeméride da Mesa das Verbas, xurdida o 21 de xaneiro de 2011 no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, xuntámonos na edición LXVIII destes recitais poéticos mensuais, vintecinco amigos e amigas, aquí tendes a súa relación:
- Ela e Antonio Millán
- Mª José Rubianes Otero
- Eligio Vila Vázquez
- Alfonso Galbán Rico
- Alfonso Saavedra Lourido
- Loreto Conde Durán
- Andrea Fernández Maneiro "Nei"
- Sylvie Rico
- Luis González de la Ballina González
- Gaspar González Somoza
- Tito Porto
- Carmen Abalo Noya e esposo (Nartallo)
- Antonio Quiñoy
- Manuel Lage
- Tere Briones
- Jean Carballo
- José Tizado
- Ramón Torrado
- Isabel Peleteiro
- Remedios Fidalgo Rodríguez
- Crescencia Sarmiento
- Alejandro Guanella
- Germán Manuel Torres de Aboal
Imaxe de Andrea Fernández Maneiro
Fotografía de Luis González de la Ballina
Imaxe de Nei
Celebramos seis anos de amizade e o gozo de compartir versos e inquedanzas. Ceibamos versos ao ar como estes:
- Versión ao galego de Plácido Castro (2016) por medio do inglés dun antigo poema en gaélico en edición de Laura Linares Fernández:
O FORTE DE RATHANGAN
Aquel forte que está xunto os carballos -
un día foi de Bruidge, foi de Cathal,
foi de Aedm, foi de Aillil,
foi de Conaing, de Cuilin,
e foi de Maelduin.
Tocoulle a cada un a súa xeira, o forte fica,
e na terra, durmindo, están os reises.
- De Germán Manuel Torres de Aboal (Hidromel, 2007):
Ondas do mar de Arousa
Dicide que a máis belida
Raíña da Ría, querida,
I maxinada, fermosa; non é
Outra que a camelia
Zoupada aquí polo vento
Ou acariñada polas bágoas
Lanzais que os nubeiros
No hay comentarios:
Publicar un comentario