Camelias para Rosalía de Castro, cortesía da Sra. Viúva de D. Luis Cordal Carús
Un grupo de persoas, que a cotío nos xuntamos na Mesa das Verbas para ceibar os versos ao ar e algúns seguidores incondicionais, co patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a colaboración da Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro" celebramos o 21 de marzo o Día Internacional da Poesía, que coincide co comezo da Primavera, e o fixemos para honrar á poeta por excelencia da poesía galega, a senlleira e inmortal Rosalía de Castro, da que se cumpren cento oitenta anos do seu nacemento e como acto de clausura da exposición organizada na súa lembranza pola nosa Biblioteca.
Leron algúns dos seus poemas e/ou un selección de Rosalía, dos seus libros: Cantares Gallegos e Follas Novas, as seguintes persoas:
Augusto Guedes
Manuel Lage
Antonio Quiñoy
Carmen Abalo
Eduardo Víctor Castro López (EvCalo)
Rafa Gómez Fariña
Ramón Quintáns
Carmen Sánchez
José Tizado
Xermán M. Torres
Imaxe dunha anterior homenaxe a Rosalía na Biblioteca
(Diario de Arousa)
Imaxe do Diario de Arousa sobre a "solta de versos" do 21/03/2017
(Nosa gratitude para o Diario de Arousa)
Xermán M. Torres
Imaxe dunha anterior homenaxe a Rosalía na Biblioteca
(Diario de Arousa)
Imaxe do Diario de Arousa sobre a "solta de versos" do 21/03/2017
(Nosa gratitude para o Diario de Arousa)
4 comentarios:
Siento no haber podido asistir, porque nos coincidió con una salida. Tú haces que sea muy entrañable cada encuentro poético
Grazas, Jean, polas túas verbas. Botámosvos de menos a ti e a Encarna, xa vai tempo que non nos vemos. Esperemos ter a oportunidade de compartir versos no parladoiro dos xoves ou ben o sábado 8, a partires das 18:30 h. na próxima edición da Mesa das Verbas. Saúdos.
O sábado 8 non puido ser porque non estabamos eiquí, coido que algún xoves
acuda o parladoiro
Encarna e Jean agardamos vervos pronto. Saúdos poéticos. Saúde e poesía.
Publicar un comentario