domingo, 7 de mayo de 2017

O CASTRO ALOBRE, LUGAR DAS NOSAS ORIXES






Aínda que no Concello de Vilagarcía de Arousa hai constancia da existencia de varios castros, tal como se reflicte, por exemplo no propio escudo da cidade e de que hai vestixios dabondo da existencia de múltiples testemuñas dos tempos prehistóricos, como o Castroagudín, o castro do lugar de San Roque en Carril, vilmente masacrado, a zona da mámoa na rúa Depuradora nas faldras de Xiabre, a posibilidade da existencia dun castro na zona dos arredores do lugar da Pena de Trabanca Badiña, toda a zona das proximidades do cumio do monte Lobeira, o lugar dos petróglifos de Os Ballotes en Bamio, os numerosos petróglifos descubertos despois dos terribles incendios sufridos pola pequena cordilleira do Xiabre-Meda, hai que seguir poñendo en valor e traballar moito no Castro Alobre. Independentemente, de que se debera estudar máis o noso pasado prehistórico. O que constituiría unha riqueza, un valor engadido para a noso Concello, xa de por si rico por moitos motivos: paisaxísticos e naturais, históricos e patrimoniais, gastronomía, riqueza e variedade cultural; que habería que promocionar con entusiasmo e interese e axudar máis para conseguir un turismo de calidade, non depredador. E facer que os propios cidadáns coñezan e valoren todas as nosas enormes riquezas e potenciais. Habería que facer un labor educativo nos centros de estudo, incentivando o coñecemento, creando unidades didácticas, e utilizando os novos recursos que nos ofrecen as TIC. Habería que elaborar unhas boas e coidadas guías turísticas. Deberamos amar máis, e coñecer  a prehistoria do noso concello e todo o que constitúe o noso rico patrimonio histórico e preservalo ao máximo.

O Catro Alobre hai que seguilo a estudar e a conservar, é responsabilidade de todos. Todos os vilagarciáns deberamos ser os seus custodios, os seus vixiantes, os seus coidadores; os seus amantes. Por suposto, que compre a súa musealización e a súa posta en valor, despois de tanto tempo de abandono e de ideas estrañas para levar a cabo alí. É un lugar histórico, un templo do noso pasado. Lugar de obrigada visita de todos os escolares do Concello, como que tampouco ningún turista dos moitos que nos visitan ou poderan visitar deberan perderse un paseo ben documentado por tan preciado lugar.

Mais deberan adoptarse unha serie de medidas para a súa máxima protección e coñecemento:

- Coidado e vixiancia permanente.
- Organización de frecuentes visitas escolares.
- Mantemento e ampliación das excavacións.
- Dotación dunha partida fixa e revisable na súa cuantía no orzamento municipal.
- Colaboración de todos os estamentos responsables da Admón. Pública para seguir co seu estudo e mantemento permamente e constante, colaboración co estamento universitario para actualizar os estudos.
- Promover a elaboración de unidades didácticas e guías sobre el.
- Organización de eventos, congresos, xornadas sobre o seu estudo.
- Sensibilizar aos escolares e a todos os cidadáns da súa existencia, do seu coñecemento, do seu coidado.

Esto podería ser extensivo para todo o noso e valioso legado histórico, o que sería un valor engadido para todas as empresas do noso Concello, especialmente todas as relacionadas co turismo.

COÑECER O NOSO PASADO, É COÑECERNOS A NÓS MESMOS E DARLLE VALOR ÁS NOSAS VIDAS.












Texto e fotos: Germán Manuel Torres de Aboal (c) 2017

2 comentarios:

Jean dijo...

Realmente é una sensación maravillosa camiñar sobre as pedras do pasado, que son memorias dos nosas orixes. muitas veces quixen percorrer ese lugar pero cando tiña tempo a miña mente non estaba nel. Gústame moito esta reportaxe. Parabéns

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Moitas grazas, Jean. Gábome de terte como amigo, un poeta sensible e cheo de fondura e unha mellor persoa. Es agarimoso e acolledor. Alédome de que che gustara a miña reportaxe. Un saúdo cordial para Encarna e para ti. (Xermán M.).