PARTICIPACIÓN DO GRUPO DE TEATRO
INFANTIL “BRÉTEMA” DO COLEXIO PÚBLICO O PIÑEIRIÑO NOS CERTAMES DE TEATRO
INFANTIL E XUVENIL DO CONCELLLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (1991-1993; 1995)
En primeiro lugar, lembrar aqueles certames municipais de teatro infantil e
xuvenil que o Concello de Vilagarcía de Arousa chegou a organizar recollendo a
iniciativa dalgúns docentes que gozabamos do teatro co noso alumnado. A
primeira edición foi en 1989. Coa perspectiva do tempo, compre dicir que fóra
unha máis que interesante iniciativa, que sen dúbida sería importante
recuperar. Este certame contribuíu a consolidar verdadeiras vocacións teatrais,
a que moitos escolares descubrisen o veleno do teatro e chegasen a representar
pezas de teatro galego e a saber que este existe. Conviña volver a intentar
recuperar unha idea coma esta que tantos bos froitos colleitou. A partires da
VII edición, o certame convértese en Mostra e comeza o seu declive ata deixarse
de convocar. Convén subliñar que en Vilagarcía sempre houbo inquedanzas polo
teatro. Aínda que agora mesmo o teatro galego e en galego non está a atravesar
os seus mellores momentos, mesmo na capital arousá; por iso conviña darlle un
pulo e os centros de ensino deberán xogar nel un papel moi importante.
Indagando no Fondo Local da Biblioteca “Rosalía de Castro” de Vilagarcía,
na carpeta 3 e baixo o epígrafe de teatro, topamos algúns documentos de
interese: fallo de xurado, folletos cos programas dalgunha das edicións do
Certame de Teatro Infantil e Xuvenil, que mencionabamos anteriormente, e alí
recuperamos algúns datos e ledas lembranzas sobre o Grupo de Teatro Infantil
“Brétema” do Colexio Público O Piñeiriño, que eu axudara a fundar e co que
obtivemos moito éxito neste certame. Cos premios que conseguimos realizamos
algunha excursión e viaxe cultural que aínda hoxe recordamos. A modo de
síntese, vou recuperar algunha ficha dos certames correspondentes aos anos
1991, 1992 e 1993. Tamén se incluirán uns gráficos da VII Mostra de Teatro
Infantil e Xuvenil.
-
III
CERTAME MUNICIPAL DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL - 1991
Neste certame o Colexio P. O Piñeiriño acadou o 3º Premio, que ademais do
diploma correspondente, obtivemos 10.000 ptas.
Tamén o premio ao mellor actor recaeu no noso simpático ex alumno: Juan
Carlos Novas Castro.
A entrega de premios tivera lugar na Casa de Cultura, o 25 de maio de 1991,
ás 20:00 h.
(Estes datos foron extraídos da acta do fallo do xurado e do programa de
man).
FICHA DA OBRA PREMIADA
Título: Sopa de pedras.
Coordinadoras: Mª Luísa Treviño
Agra, Rosa Mª Maneiro Álvarez, Mª del Rocío de la Torre Culler.
Director: Germán Manuel Torres de Aboal.
PERSONAXES:
SOLDADO: Juan Carlos Novas Castro
AMA DE CASA E RAPAZ 7º: Mª Teresa
García García
CONDUCTOR E RAPAZ 6º: Ángel Mariño
Romero
SR. COSTUMISTA: Marcos Gómez Cespón
RAPAZ 2º: Patricia Barreiro Tobío
RAPAZ 4º: Josefina Rubiáns Angueira
RAPAZ 5º: Luz Mª Vidal Cardalda
-
IV
CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL – 1992
Nesta oportunidade, o Grupo de Teatro Infantil “Brétema” do Colexio Público
O Piñeiriño conseguiu o primeiro premio na súa categoría, a representación foi
o 28 de maio de 1992, ás 20:00 h. na Casa de Cultura de Vilagarcía
Título: Falcatruadas de Rapaces.
Duración aprox.: 20’.
Historia do que lle acontece aos nenos e nenas dun pequeno pobo, en distintos
ámbitos, un deles precisamente a escola, as súas andanzas e trasnadas nun
ambiente de amizade e camaradería, nun mundo infantil coas súas alegrías e
inquedanzas.
Autor e director: Germán Manuel Torres de Aboal
PERSONAXES:
MANOLIÑO: Gloria Ochoa García,
Adrián Rey Ríos
TOÑO: María Díaz Rifón
PEPE: Eva Sánchez Navia
O CODELO: Eva Suárez Rosales
ANDRÉS: Josefina Rubianes Angueira
/ Mª Mercedes García García
DONA ADELAIDA: Patricia Barreiro
Tobío
DONA IRIS: Milagros Gómez Fariña
D. BRAULIO: Luz Mª Vidal Cardalda
D. SERAPIO: Luz Mª Vidal Cardalda
D. RESTITUTO: Mª Elena Vidal Cardalda
ALUMNADO:
-
Mª
José Crespo Vaquero
-
Cristina
Oubiña Ríos
-
Patricia
Barreiro Tobío
MANTIDAS:
-
Irene
Tobío Sayáns
-
Mª
José Crespo Vázquez
-
Cristina
Oubiña Ríos
Esta información foi obtida da consulta do programa de man do certame.
-
V
CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL – 1993
Nesta edición conseguimos de novo o primeiro premio e o premio á mellor
actriz, recibido pola simpática e gran actriz, Patricia Tobío. (Con esta mesma
obra, A tía Lambida, de Eduardo
Blanco Amor, obtivera os mesmos galardóns cun grupo de alumnos e alumnas do
Colexio Público daquela “José Antonio”, hoxe “A Lomba”, penso que na I edición
de 1989, a
mellor actriz fóra, nesa ocasión, unha sorprendente e magnífica Susana Mouriño). Esta obra é moi agradecida e
moi doada para representar con principiantes, eu vina ensaiar e representar
varias veces por meus amigos, Daniel L. Espiño Otero e Guadalupe de las Cuevas
Ortiz, coa rapazada do barrio de A Laxe, na Asociación Cultural Contra Vento e
Marea. Tamén meu amigo e compañeiro, Jesús Monedero, gravouna nunha película
sonora en súper-8mm con algúns alumnos/as seus. É unha peza que me trae moi bos
recordos.
Título: A tía Lambida. (Á pobre Lambida
non a deixan en paz, todos na aldea a pedirlle cousas e por riba a alcumala,
mesmo un señoritingo e ata o cura, válame Deus!).
Autor: Eduardo Blanco Amor
Director: Germán Manuel Torres de
Aboal
PERSONAXES:
TÍA LAMBIDA: Patricia Tobío / María
Díaz
XANUCO: Uxío Fernández / Javier
Tobío
O CREGO: Carlos Ubeira / David
Ochoa
TERESA: Carmen de la Torre / Mercedes García /
Silvia Costa
CARLITOS: Jorge López / Francisco
L. Piñeiro
EDESIO: Juan C. Fontán / Adrián Rey
Creo que o meu alumnado e eu mesmo gozamos moito coa práctica teatral.
Faciamos grupo, aprendíamos e descubriamos xuntos. Eu tiña por costume en cada
personaxe ter dous ou máis actores e actrices para írese trocando nas diversas
funcións e para cubrir posibles baixas por distintos motivos e para que non
quedaramos colgados. Eu dicíalles que nunha peza teatral todos eran importantes
e necesarios, desde os protagonistas, secundarios ou figurantes, os técnicos de
escenografía, de son, de maquillaxe, os que axudaban ao transporte e colocación
dos materiais; todos imprescindibles, todos igual de necesarios, senón non
sería posible a función. O teatro é un traballo en grupo, en equipo, debendo
estar todos unidos e compenetrados para poder dicir: Arriba o pano!
Vexo máis necesaria que nunca a práctica teatral na escola, nas
asociacións, nos grupos. Os concellos deberan promover certames para que a
xente participe e sexa protagonista. O teatro é a vida, a vida é un teatro, o
teatro mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario