sábado, 16 de septiembre de 2017

LXXIV MESA DAS VERBAS




Temos nova edición da Mesa das Verbas o sábado, 23 de setembro, ás 18:30 h. na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal. Vinde compartir connosco os vosos versos para ceibalos no ar de Arousa.

Como xa debedes saber, todos os xoves mantemos un parladoiro, aberto a quen queira asistir, no bar A Marina, na Alameda de Vilagarcía de Arousa. Un lugar de encontro para compartir ideas, proxectos, ilusións... para falar nun ambiente de amizade e liberdade. Probade e se vos satisface, vinde cando queirades. Cada un chega cando pode e marcha cando quere.

O sábado 23, ademais, falaremos de varios proxectos que desexariamos desenvolver e a opinión de todos e cada un de nós conta e é importante.

Se podedes e queredes non faltedes á cita

2 comentarios:

Jean dijo...

Nos olvidamos completamente, Xermán. Y unos días antes había comentado que no me olvidaría, lo siento. Llámame cuando puedas

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Benquerido Jean, olvidos podémolos ter todos. Sen dúbida xa haberá máis oportunidades. Saúdos para Encarna e para ti.