domingo, 7 de febrero de 2010

AROUSA E O MAR











O mar ten unha noiva
Nas terras agarimosas de Arousa,
A brisa do monte Lobeira
Que collida polo vento mareiro
Bica ó noso mar garrido.

Ten ciumes desta brisa
A marusía do Meda
Que quere tamén bicar
Do mar as súas meixelas.
Raparigos do lugar
Tamén queren agarimar
Ás belidas mozas desta Terra.

A Ría ten uns lunares
Que fan fermoso o seu rostro,
Moi preto de nós
Ten ás Malveiras
E outro e grande lunar
Moi belido e moi ben posto,
Cortegada quédalle ben
Á faciana de Arousa.

Esta terra ten uns peitos,
Á altura de Vilagarcía
Son os picos do Xiabre
Que manan a súa ambrosía,
Que alimentan ós seus deuses
E ós seus mariñeiros guían.

O embigo é o Lobeira
Onde unha nena tristeira,
Chamada Urraca, a inqueda,
Mira con melancolía
Toda a paisaxe da Ría.
Os suores deste corpo tan bonito
Baixan polos regos
Do Umia, do Con, do Ulla,
O seu arrecendo percorre
Con pétalos de camelias
O fértil corpo de Arousa.

E así de tanta galanía
Quedei prendido do corpo
Máis fermoso que atopei,
Para sempre namorado,
Na súa compaña morrerei,
Non toparei moza máis fermosa
Que esta agraciada terra de Arousa.
Xermán Torres, peirao de pasaxeiros de Vilagarcía, 17-02-2005

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Germán, precioso canto a la "Perla de Arousa", moitas veces pasei por ella camiño de Carril, a comer en "Oliña" ou a sua entrada no "Cypres" ou a saida cara a Cambados no "Chocolate ou en "O meu lar". Tempos de mocedade e de soños ya cumplidos.Felicidades . Ceneme

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Ceneme moitas grazas polo teu comentario. Sabes que tamén admiro a túa vea poética.
Vivimos nunha terra privilexiada e Arousa tamén é unha das pegadas que o Creador deixou neste planeta, que desgraciadamente tan mal coidamos.
Unha forte apreta,
Xermán