sábado, 18 de abril de 2015

ANO 2015 - ANO FILGUEIRA



Xa vai moitos anos que veño traballando na figura de Xosé Filgueira Valverde, este ano é unha boa oportunidade para relanzar o coñecemento deste sabio pontevedrés e galego, mais non pode quedar aí, a relevancia de Filgueira Valverde e a súa magna obra ten que ser obxecto de atención e estudo constantes.

Co gallo deste ano e do Día das Letras Galegas -2015 teño xa pechados algúns actos nos que participarei para lembrar e estudar ao erudito pontevedrés. O pasado 28 de outubro, día do seu natalicio, rendémoslle o noso recordo e a nosa homenaxe no Salón de Actos da parroquia de Santa Baia de Arealonga. Fago un recordatorio dos próximos actos por se alguén nos quere acompañar:

- 23/04/2015, ás 20:00 h. na Casa das Campás, organizado polo Ateneo de Pontevedra: Universo Filgueira, panel sobre o pontevedrés do ano, no que participarán: Xosé Fernando Filgueira Iglesias e Xermán Manoel Torres. 

- 27/04/2015, ás 17:00 h. Gravación duns minutos de radio, nunha entrevista sobre Filgueira Valverde con alumnas de CC. Audiovisuais e da Comunicación da Universidade de Vigo do Campus de Pontevedra.

- 30/04/2015, ás 20:00 h. na Casa das Campás, organizada polo Ateneo de Pontevedra, colaboración na conferencia que pronunciará Xesús Ferro Ruibal sobre Filgueira Valverde.

- 04/05/2015, ás 17:30 h. na Casa do Libro de Vigo e organizada polo Club Gamboa, conferencia sobre Filgueira Valverde, vida e obra, persoas que o acompañaron, por Xermán Manoel Torres.

- 09/05/2015 de 10:30 h a 20:00 h., na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, participación na Xornada do Día das Letras Galegas - Xosé Filgueira Valverde. Organizada polo CAFI e polo EDLG da Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia.

- 13 e 14/05/2015 de 10:20 h a 11:15 h. no CEIP O PIÑEIRIÑO de Vilagarcía de Arousa, xornadas escolares sobre Filgueira Valverde, coordinadas polo profesor e orientador do centro, Xermán Manoel Torres.

- 15/05/2015; 13:10 h. fun entrevistado por Montse García para Radio Arosa-SER sobre FILGUEIRA.
21:00 h. no Auditorio Municipal de A Xuventude de Cambados, asistín á Gala Lírica da Canción Galega - Letras Galegas 2015 - Homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, actuaron Iria Cuevas (mezzosoprano) e Alejo Amoedo (pianista acompañante). Coa estrea absoluta dos tres poemas de Fermín Bouza Brey musicados polo compositor Elixio Vila.

- 16/05/2015; 19:00 h. Asistencia a estrea absoluta da farsa para rapaces Agromar de Filgueira Valverde no Salón de Actos do Museo de Pontevedra.
21:00 h. Asistencia ao Concerto Homenaxe a Filgueira no Salón de Actos de Abanca en Pontevedra.

- 17/05/2015; 11:00 h. Concurrencia á inauguración dunha placa en lembranza de Filgueira no Instituto Sánchez Cantón,
12:30 h. presencia na sesión especial da Real Academia Galega no Salón de Actos do VI Edificio do Museo de Pontevedra.

- 18/05/2015 de 10:30 h. a 11:30 h. Intercambio cultural entre O CEIP O PIÑEIRIÑO e o CEIP DE RUBIÁNS, neste último centro o coro de 3º A do primeiro centro actuará interpretando o Himno Galego e tres cantigas galegas e o orientador dese centro, Xermán Manoel Torres coordinará unha conversa co alumnado sobre Filgueira Valverde, empregando unha montaxe de Power Point, por el deseñada.

- 29/05/2015, a partires das 21:15 h., XLVII MESA DAS VERBAS, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía, rúa Rey Daviña, onde se lle renderá lembranza e homenaxe a Filgueira Valverde.

Cómpre evitar o esquecemento e sempre lembrar e honrar a este "obreiro da Causa galega".

2 comentarios:

Alumnos CAV UVigo dijo...

Boas, somos un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual de Pontevedra e estamos realizando un traballo sobre a figura de Filgueira Valverde. Trátase dun programa radiofónico e gustaríanos saber se poderiamos contar con vostede para facer unha entrevista centrándonos na influencia de Filgueira na música, na lírica medieval e no arte. Para contactar connosco: iria_pv@hotmail.com
Un saúdo.

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Moitas grazas pola vosa invitación, estou ao voso dispor será unha honra e un pracer para min.