Pola tarde dese día, participamos da festa da reinauguración veciñal da remozada Praza de España e acompañados musicalmente polo grupo de acordeóns, corda e voces AROUSA BAY celebramos alí mesmo a L MESA DAS VERBAS, acompañados dun numerosísimo público. Precisamente, nesa praza, naceu Tito Porto en 1921 e vive nesa contorna o noso amigo e compañeiro, Enrique Brumbéck. Nesta edición ceibaron os seus versos ao ar:
- Tito Porto
- Enrique Brumbéck
- Manuel Lage acompañado de Manuel Torres
- Carmen Darriba
- Isaura Lago
- José González
- Carmen Abalo
- Eduardo Víctor Castro López
- Ángeles Conde
- Antonio Pinedo
- Tere Briones
- José Tizado
- Mª José Rubianes
- Rosario (unha zaragozana)
- Xermán Torres
Eiquí o meu xogo de palabras co gallo da inauguración veciñal da Praza de España:
A PRAZA DOS
MIL NOMES
Nestes Campos Elíseos
naceu en 1921
o meu amigo máis novo,
o decano da Mesa das Verbas.
Este lugar ao longo da súa
historia
tivo moi variados nomes,
segundo os avatares do tempo,
entón fagamos memoria:
Que si praza de Afonso XIII,
da República ou de Santa Baia
deica chegar ata hoxe
que leva o nome de España.
Eiquí nesta contorna privilexiada
xogabamos os cativos nos anos 60
coa praza case deserta e sen
coches
xogabamos ao balón en plena
calzada.
Aínda botaban un partido con nós
os coadxutores coa sotana
levantada
e chegaban coas súas motos, aquí
aparcadas.
Tiñamos tomada a praza, era unha
gozada.
Aquí vivía e aínda vive
a familia de Jandrolas,
solar do meu amigo Carlos Rey,
cantas aventuras con quen esto
escribe!
Don Eduardo, o da Fe,
dende aquí cantas boas cousas
fixo
e na tenda da Julita
aínda botei máis dun sorriso.
Cantas historias nesta praza!
No bar Mickey dos Casares
aínda engaiolei algunha rapaza,
mais xa é tempo de rematar estes
falares.
Eso si, quédame unha dúbida,
esta praza tan popular
aínda poderá cambiar de nome?
Cousas veredes... mais eso é
outro cantar.
Xermán
Manoel Torres, 02/VIII/2015
Para a
inauguración veciñal da Praza de España,
dentro da L
Mesa das Verbas, 07/VIII/2015; 21:30 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario