Non imos analizar como chegou a esta situación agónica esta sociedade
recreativa, cultural e deportiva centenaria, que xurdiu a principios do pasado
século e que hoxe coñecemos coa denominación, Liceo Casino. Todo froito de
malas e desafortunadas xestións, malfadadas operacións por dotarse dunha nova
sé, mala sorte, apatía da masa social, abandono por parte das administracións
públicas, un sen fin de encadeadas iniciativas frustradas, que non digo que
fosen malas, senón que eran o conto da leiteira, como algún socio manifestou
nalgunha asemblea, sen éxito algún, castelos no ar que nos conduciron a
angustiosa e alarmante situación actual con serio perigo de desaparición.
Vou propoñer, en síntese, algunhas ideas que volverei a presentar na
asemblea de principios de setembro:
-
Venta
ou permuta da sé social da rúa Castelao, nestes intres, insostible pola
sociedade.
-
Venta
ao Museo de Pontevedra ou a calquera outro Museo de Galicia interesado dos
murais de Rivas Briones e Xurxo Alonso e doutras obras de arte da sociedade.
-
Compra,
permuta ou cesión dun baixo o suficientemente amplo e ben situado para albergar
unha nova sé máis axeitada ás circunstancias actuais.
-
Campaña
de captación de socios, que cada socio consiga un novo.
-
Petición
de axuda á Admón. Pública (local, provincial, autonómica).
-
Reducción
drástica de persoal.
-
Apertura
de 15:00 h. a 23:00 h. (Salvo en momentos puntuais).
-
Formación
dunha nova directiva de salvación con ánimo de traballo, con ilusión e co
obxectivo de ir mellorando con realismo a sociedade, con traballo de equipo.
-
Fomento
da participación dos socios nas decisións da sociedade con transparencia
absoluta e verdadeira democracia.
-
Relanzamento
das actividades da sociedade (recreativas, culturais, deportivas, posta en
valor do Certame Audiovisual Internacional).
-
Chamada
a toda a sociedade vilagarciá a prol do asociacionismo e da participación
veciñal.
-
Repensar
con sentido, realidade e razoamento a nova etapa do Liceo Casino, ilusionar á
xente, motivar ao asociacionismo.
-
Motivar
a reflexión e dotación de novas ideas para relanzar a sociedade.
-
Baixar
a cota para achegar novos socios.
-
Contar
coa mocidade, cota xuvenil, darlle participación na directiva, acoller as súas
propostas.
Estamos diante dunha encrucillada, senón repensamos ben a sociedade, senón
buscamos racional e sensatamente a súa supervivencia, esmorecerá para sempre; o
que sería unha enorme perda para a nosa querida cidade, poñámonos todos en
acción-reflexión-acción para que non morra esta sociedade creada polos nosos
devanceiros, é necesaria a implicación de todos.
Xermán Manoel Torres – Socio desde que veu
ao mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario